KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Vista previa tecnolóxica de Plasma 2 1.2.0 e Plasma Media Center 1.2.0


Warning: include(helperfunctions.inc): failed to open stream: No such file or directory in /home/jr/www/www.kde.org/announcements/plasma2tp/index.php on line 9

Warning: include(): Failed opening 'helperfunctions.inc' for inclusion (include_path='.:/home/jr/www/www.kde.org/media/includes') in /home/jr/www/www.kde.org/announcements/plasma2tp/index.php on line 9

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Deutsch | Español | Suomi | Français | Galician | Italiano | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Русский | Svenska | Українська

20 de decembro de 2013. A comunidade KDE está orgullosa de anunciar dous logros dos espazos de traballo de Plasma.

Vista previa tecnolóxica de Plasma 2 Vista previa tecnolóxica de Plasma 2

O equipo de Plasma de KDE presenta unha primeira visión da evolución dos espazos de traballo de Plasma. A versión preliminar de Plasma 2 demostra o estado actual do desenvolvemento. As interfaces de usuario de Plasma 2 están construídas con QML e execútanse sobre software con gráficos acelerados completamente por hardware mediante Qt 5, QtQuick 2 e un grafo de escena de OpenGL(-ES). O intérprete de ordes de espazo de traballo converxente Plasma 2 permítelle executar e cambiar entre interfaces de usuario para distintos formatos de pantalla, e fai que o espazo de traballo se adapte ao dispositivo de destino correspondente. O espazo de traballo que se demostra nesta versión preliminar é o escritorio de Plasma, unha evolución visual progresiva dos coñecidos paradigmas de escritorio e portátil. A experiencia de usuario pretende manter os fluxos de traballo existentes intactos, ao tempo que fornece melloras progresivas tanto visuais como interactivas. Máis información…

Centro multimedia de Plasma 1.2.0 Centro multimedia de Plasma 1.2.0

A comunidade KDE ten un agasallo de nadal para vostede! Alédanos anunciar a publicación da versión 1.2.0 do centro multimedia de Plasma de KDE, o mellor para multimedia e entretemento creado polos elfos de KDE. Deseñámolo para fornecer unha forma fácil e cómoda de ver vídeos, examinas as coleccións de fotos e escoitar música, todo desde un mesmo lugar. A nova versión 1.2.0 do centro multimedia de Plasma mellora a súa navegación no modo de música, a obtención das portadas dos álbums, a vista previa das imaxes ao navegar por cartafoles, compatibilidade con varias listas de reprodución, mellora dos atallos de teclado e un novo deseño. Máis información…

Corre a voz e descubre o que está a ocorrer: Etiqueta con "KDE"

KDE anima á xente a difundir información na internet social. Envía historias a sitios de noticias, usa canles como delicious, digg, reddit, twitter e identi.ca. Envía capturas de pantallas a servizos como Facebook, Flickr, ipernity e Picasa, e publíqueas nos grupos axeitados. Cree vídeos e envíeos a YouTube, Blip.tv e Vimeo. Etiquete as publicacións e os materiais enviados con "KDE". Isto facilita atopalos e permite ao equipo de promoción de KDE analizar a cobertura destas versións do software de KDE.

microbuttons

Apoiar KDE

Join the Game

Xa está aberto o novo programa de membros patrocinadores de KDE e.V. Con 25€ por trimestre pode axudar a que a comunidade internacional KDE siga medrando e facendo software libre de primeira.


 

Ligazóns de navegación globais