KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE aos 20: Plasma 5.8 LTS. Aquí para largo.

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська


KDE Plasma 5.8 LTS
KDE Plasma 5.8 LTS

Martes, 4 de outubro de 2016. Hoxe KDE publica a súa primeira edición de mantemento a longo prazo do seu principal software de escritorio, Plasma. Isto marca o punto no que aos desenvolvedores e aos deseñadores nos prace recomendar Plasma para todos os públicos, xa se trate de empresas ou de usuarios particulares sen grandes coñecementos tecnolóxicos. Se probou un escritorio de KDE no pasado pero xa non o usa, este é o momento para redescubrir Plasma: simple de primeiras, potente cando toca.


As funcionalidades comprensíbeis de Plasma

Bota unha ollada ao que ofrece Plasma, unha selección de funcionalidades sen rival en ningún software de escritorio.

Trebellos de escritorio

Trebellos de escritorio
Trebellos de escritorio

Cubre o teu escritorio de trebellos útiles para estar ao día do tempo meteorolóxico, entreterte con banda deseñada e axudar con cálculos.


Obter novidades

Obter novidades
Obter novidades

Descargar fondos de pantalla, estilos de xanelas, trebellos, efectos de escritorio e ducias doutros recursos directamente ao seu escritorio. Traballamos na nova tenda de KDE para traerlle unha ampla selección de complementos para que instale.


Busca de escritorio

Busca de escritorio
Busca de escritorio

Plasma permitiralle buscar facilmente aplicativos, cartafoles, música, vídeos, ficheiros e calquera outra cousa que teña no seu escritorio.


Aparencia unificada

Aparencia unificada
Aparencia unificada

O tema predeterminado Breeze de Plasma theme ten unha aparencia unificada en todos os conxuntos de ferramentas comúns de programadores: Qt 4 e 5, GTK 2 e 3, e mesmo LibreOffice.


Integración con teléfonos

Integración con teléfonos
Integración con teléfonos

Ao usar KDE Connect recibirá notificacións no escritorio de mensaxes de texto, poderá transferir ficheiros facilmente, silenciará a música durante as chamadas e mesmo usará o teléfono como mando a distancia.


Personalizábel ata o infinito

Personalizábel ata o infinito
Personalizábel ata o infinito

Plasma é simple de maneira predeterminada, pero pode personalizalo como guste con novos trebellos, paneis, pantallas e estilos.


Novo en Plasma 5.8

Gráficos unificados de arranque a apagado

Gráficos unificados de arranque a apagado
Gráficos unificados de arranque a apagado

Esta versión trae un deseño completamente novo da pantalla de acceso, fornecendo unha experiencia Breeze desde o acendido ata o apagado. A disposición limpouse e agora é máis axeitada para estacións de traballo que forman parte dun dominio ou da rede dunha compañía. Agora está moito máis simplificada, pero tamén permite maior personalización: por exemplo agora todos os complementos de fondo de escritorio de Plasma, como as presentacións ou os fondos de escritorio animados, poden usarse na pantalla de bloqueo.


Compatibilidade con escritas de dereita a esquerda

Compatibilidade con escritas de dereita a esquerda
Compatibilidade con escritas de dereita a esquerda

Mellorouse en gran medida a compatibilidade con idiomas escritos semitas que se escriben de dereita a esquerda, como o hebreo e o arábigo. Agora, con esta configuración, invértense os contidos de paneis, o escritorio e os diálogos de configuración. As barras laterais de Plasma, como o explorador de trebellos, o cambiador de xanela e o xestor de actividades, aparecen na parte dereita da pantalla.


Miniaplicativos mellorados

Controis de reprodución no menú contextual
Controis de reprodución no menú contextual

Os miniaplicativos de cambiador de escritorio virtual («paxinador») e de lista de xanela reescribíronse usando a nova infraestrutura de xestor de tarefas que introducimos na versión 5.7 de Plasma. Isto permítelles usar o mesmo conxunto de datos que o xestor de tarefas e mellora o seu rendemento ao tempo que reduce o consumo de memoria. O cambiador de escritorio virtual tamén recibiu unha opción para mostrar só a pantalla actual nas configuracións de varios monitores e agora comparte a meirande parte do seu código co miniaplicativo de cambiador de actividade.

O xestor de tarefas recibiu nesta publicación máis funcionalidades para mellorar a produtividade. Os controis de reprodución que xa estaban dispoñíbeis nas xanelas emerxentes do xestor de tarefas agora tamén están dispoñíbeis no menú de contexto. Ademais de traer as xanelas ao primeiro plano durante as operacións de arrastrar e soltar, soltar ficheiros nas propias entradas do xestor de tarefas os abrirá no aplicativo asociado. Por último, agora a xanela emerxente das xanelas agrupadas pode navegarse usando o teclado e mellorouse a renderización de texto das súas etiquetas.


Atallos globais simplificados

Configuración dos atallos globais
Configuración dos atallos globais

A configuración dos atallos globais simplificouse para centrarse na tarefa máis común, que é iniciar aplicativos. Construíndo sobre a funcionalidade de lista de salto engadida en versións anteriores, agora os atallos globais poden configurarse para saltar a tarefas específicas dentro dun aplicativo.

Grazas ao noso esforzo con Wayland por fin podemos ofrecer os chamados «atallos de só modificador», que lle permiten abrir o menú do aplicativo premendo simplemente a tecla Meta. Por demanda popular, esta funcionalidade migrouse á sesión de X11.

Outras melloras

Nova interface de usuario do Discover de Plasma
Nova interface de usuario do Discover de Plasma

Esta versión inclúe varias correccións de erros en configuracións de varias pantallas e, xunto con Qt 5.6.1, debería mellorar de maneira significativa a súa experiencia ancorando estacións e proxectores.

Agora KWin, o xestor de xanelas de Plasma, permite compoñer con llvmpipe, facendo máis fácil despregar en hardware exótico e dispositivos incrustados. Agora que hai unha interface estandarizada e amplamente usada para que os aplicativos soliciten apagar a composición, retirouse a opción «Deixar de redirixir a pantalla completa». Moitas veces causaba problemas de estabilidade e por iso xa se desactivou para moitos controladores.

Agora que Kirigami, o noso conxunto de compoñentes de interface de usuario versátiles e compatíbel con varias plataformas, publicouse, estamos moi alegres de traervos unha versión reescrita de Plasma Discover baseada en Kirigami.

Temos novos tipos de letra predeterminados, o tipo de letra Noto de Google vale para todas as escritas dispoñíbeis no estándar Unicode mentres que o novo novo tipo de letra monoespazo, Hack, é perfecto para programadores e usuarios de terminal.


Estamos en Wayland!

Plasma en Wayland agora compatíbel con GTK+
Plasma en Wayland agora compatíbel con GTK+

Plasma en Wayland avanzou moito estes meses. Se ben a nosa promesa de mantemento a longo prazo non afecta ao software de Wayland, que evoluciona a un ritmo frenético, pensamos que está listo para que o público xeral o probe. Aínda haberán pequenos errores e faltarán funcionalidades, pero xa estamos no punto no que podemos pedirlle que o probe e nos informe de calquera fallo. Entre as melloras máis salientábeis están:

  • Compatibilidade con xdg-shell, é dicir, agora permítense aplicativos de GTK+
  • Mellorouse de maneira significativa a compatibilidade con pantallas táctiles
  • Permitir xestor táctiles — a infraestrutura está lista, pero aínda non hai xestos predeterminados
  • Agora permítese o efecto de «xanelas emerxentes deslizantes»
  • O contido do portapapeis sincronízase entre os aplicativos de X11 e os de Wayland

Historial de cambios completo en Plasma 5.8.0 LTS

Imaxes en vivo

A forma máis sinxela de probalo é cunha imaxe directa arrancada desde un disco USB. Pode consultar unha lista de imaxes directas con Plasma 5 no wiki da comunidade de KDE.

Descargas de paquetes

As distribucións crearon ou están a crear paquetes listados na nosa páxina wiki.

Descargas de fontes

Pode instalar Plasma 5 directamente a partir das fontes. O wiki da comunidade de KDE ten instrucións para compilalo. Teña en conta que Plasma 5 non pode instalarse xunto con Plasma 4, terá que instalar versións anteriores ou instalar nun prefixo aparte.

Feedback

Pode darnos a súa opinión e obter actualizacións en Facebook, Twitter ou Google+.

Converse sobre Plasma 5 no taboleiro de Plasma 5 dos foros de KDE.

Pode comentar cousas directamente cos desenvolvedores mediante a canle #plasma de IRC, a lista de correo plasma-devel ou informar de problemas mediante Bugzilla. Se lle gusta o que está a facer o equipo, dígallo!

Agradecemos a súa opinión.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais