KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da beta da versión 5.6 de Plasma de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

Plasma 5.6
KDE Plasma 5.6

Mércores, 02 de marzo de 2016.Hoxe KDE publica unha actualización beta do seu software de escritorio, Plasma 5.6.

Esta publicación de Plasma trae moitas melloras no xestor de tarefas, en KRunner, nas actividades e na compatibilidade con Wayland, así como unha aparencia máis refinada.


Tema de Plasma mellorado

Compatibilidade cos esquemas de cores en Breeze
Compatibilidade cos esquemas de cores en Breeze

Agora o tema predeterminado de Plasma, Breeze, segue o esquema de cores dos aplicativos para ofrecer unha experiencia máis personalizada. O novo tema «Breeze claro», xunto con «Breeze escuro», pode usarse para recuperar o comportamento anterior. Ademais, as animacións das xanelas emerxentes son agora máis sutís.


Xestor de tarefas con esteroides

Progreso de copia
Progreso de copia

Traballar en varias cousas ao mesmo tempo é agora máis doado. Agora o xestor de tarefas de Plasma 5.6, moi mellorado, mostra o progreso das tarefas, como descargar ou copiar ficheiros.


Controis de reprodución Controis de reprodución
Controis de reprodución no panel e os consellos

Ademais, cubrir un reprodutor de música ou de vídeo mostra a portada e controis de reprodución, para que non teña que saír nunca do aplicativo co que está a traballar. Tamén actualizamos o miniaplicativo de control da reprodución que se mostra durante a reprodución, principalmente permitindo varios reprodutores simultáneos.

Non só melloramos a interacción cos aplicativos en execución, senón que ademais iniciar aplicacións resulta menos incómodo. Pode usar as listas de salto para iniciar un aplicativo e saltar —de aí o nome— a unha tarefa concreta directamente. Esta funcionalidade tamén está presente nos iniciadores de aplicativos.


Mellor rendemento dos trebellos

KRunner Vista de cartafoles no panel
Aparencia máis atractiva para KRunner e vista de cartafol nos paneis

Hai moitas melloras visuais en Plasma nesta publicación. KRunner recibiu a posibilidade de arrastrar e soltar e perdeu as liñas de separación para mellorar a súa aparencia, e nas iconas do escritorio unha sombra substituíu o seu fondo sólido. Os usuarios que coloquen un miniaplicativo de cartafol no seu panel poden gozar dunha mellora da funcionalidade de arrastrar e soltar, compatibilidade co botón de «Atrás» do rato e poder escoller entre unha vista de lista e unha vista de iconas. Respecto aos aspectos máis técnicos, fixéronse moitas correccións pequenas no cambio de escala con DPI alto nesta publicación.


Weather

Trebello de meteoroloxía
Trebello de meteoroloxía

Regresa outra funcionalidade dos vellos tempos, o trebello de meteoroloxía.


De camiño a Wayland

Wayland
Plasma usando Wayland

Con Plasma 5.5 distribuímos por vez primeira unha sesión de Wayland para que a probe. Aínda non recomendamos Wayland para uso diario, pero os avances que fixemos foron significativos:

  • Agora permítense decoracións de xanelas nos clientes de Wayland, permitindo unha experiencia de usuario fermosa e unificada
  • A xestión da entrada recibiu todas as funcionalidades do mundo de X11, incluíndo «que o foco siga ao rato», Alt + botón do rato para mover e cambiar de tamaño as xanelas, etc.
  • Distintas disposicións de teclado e cambio de disposición

Versión preliminar dos temas de integración co sistema

Estamos a probar unha versión preliminar dos temas de Breeze para Plymouth e Grub, para que Plasma poda ofrecen unha experiencia de sistema completa desde o momento no que acende o computador.

Historial de cambios completo en Plasma 5.5.95

Imaxes en vivo

A forma máis sinxela de probalo é cunha imaxe directa arrancada desde un disco USB. Pode consultar unha lista de imaxes directas con Plasma 5 no wiki da comunidade de KDE.

Descargas de paquetes

As distribucións crearon ou están a crear paquetes listados na nosa páxina wiki.

Descargas de fontes

Pode instalar Plasma 5 directamente a partir das fontes. O wiki da comunidade de KDE ten instrucións para compilalo. Teña en conta que Plasma 5 non pode instalarse xunto con Plasma 4, terá que instalar versións anteriores ou instalar nun prefixo aparte.

Feedback

Pode darnos a súa opinión e obter actualizacións en Facebook, Twitter ou Google+.

Converse sobre Plasma 5 no taboleiro de Plasma 5 dos foros de KDE.

Pode comentar cousas directamente cos desenvolvedores mediante a canle #plasma de IRC, a lista de correo plasma-devel ou informar de problemas mediante Bugzilla. Se lle gusta o que está a facer o equipo, dígallo!

Agradecemos a súa opinión.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais