KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica Plasma 5.5.3, a versión de corrección de erros de xaneiro

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

Plasma 5.5
Plasma 5.5

Martes, 6 de xaneiro de 2016. Hoxe KDE publica unha actualización de correccións de Plasma 5, con versión 5.5.3. Plasma 5.3 publicouse en decembro con moitas melloras de funcionalidades e módulos novos para completar a experiencia de escritorio.

Esta versión engade un resultado dun mes de novas traducións e correccións dos colaboradores de KDE. As correccións adoitan ser pequenas pero importantes, e inclúen:

  • Corrixir que o efecto de cubrir unha icona se rompese tras usar o panel de control. Remisión.
  • Usar o son de Oxygen en vez do son de kde-runtime da serie 4 das bibliotecas de KDE. Remisión.
  • [Notificacións] Cambiar o código de xestión das pantallas para corrixir «Visualización predeterminada incorrecta da configuración das notificacións para notificacións e para a súa posición». Remisión. Revisión de código #126408. Consulte o fallo #353966. Consulte o fallo #356461
Historial de cambios completo en Plasma 5.5.3

Imaxes en vivo

A forma máis sinxela de probalo é cunha imaxe directa arrancada desde un disco USB. Pode consultar unha lista de imaxes directas con Plasma 5 no wiki da comunidade de KDE.

Descargas de paquetes

As distribucións crearon ou están a crear paquetes listados na nosa páxina wiki.

Descargas de fontes

Pode instalar Plasma 5 directamente a partir das fontes. O wiki da comunidade de KDE ten instrucións para compilalo. Teña en conta que Plasma 5 non pode instalarse xunto con Plasma 4, terá que instalar versións anteriores ou instalar nun prefixo aparte.

Feedback

Pode darnos a súa opinión e obter actualizacións en Facebook, Twitter ou Google+.

Converse sobre Plasma 5 no taboleiro de Plasma 5 dos foros de KDE.

Pode comentar cousas directamente cos desenvolvedores mediante a canle #plasma de IRC, a lista de correo plasma-devel ou informar de problemas mediante Bugzilla. Se lle gusta o que está a facer o equipo, dígallo!

Agradecemos a súa opinión.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais