KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica Plasma 5.5 beta

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

Plasma 5.5
Plasma 5.5

Xoves, 19 de novembro de 2015.Hoxe KDE publica unha beta da nova actualización de funcionalidades do mes que ven, Plasma 5.5.

Durante os últimos catro meses traballamos a reo para limar as asperezas, engadir novos fluxos de traballo útiles, facer que Plasma sexa aínda máis fermoso e construír os cimentos para o futuro.


Iconas de Breeze
Iconas de Breeze

Actualizouse o tema Breeze de Plasma

O tema de trebellos Breeze de Plasma actualizouse para facelo máis consistente.

Mentres o tema de iconas de Breeze engade novas iconas e actualiza o conxunto de iconas existentes para mellorar o deseño visual.

Explorador de trebellos de Plasma

Agora o explorador de trebellos de Plasma permite unha vista de dúas columnas con novas iconas de trebello para Breeze, Breeze Escuro e Oxygen

Grupo de funcionalidades estendido no iniciador de aplicativos

Agora os menús contextuais do iniciador de aplicativos («Kickoff») pode listar documentos abertos recentemente nun aplicativo, permite editar a entrada de menú dun aplicativo e engadir o aplicativo ao panel, ao xestor de tarefas ou o escritorio. Agora os favoritos permiten documentos, directorios e accións do sistema ou poden crearse desde o resultado dunha busca. Antes estas funcionalidades (e outras) só estaban dispoñíbeis no menú de aplicativos alternativo («Kicker») e están agora dispoñíbeis no iniciador de aplicativos predeterminado grazas a compartir ambos iniciadores a mesma infraestrutura.


Miniaplicativo de Plasma de selector de cores
Miniaplicativo de Plasma de selector de cores

Novos miniaplicativos nos complementos de Plasma

Selector de cores

Non só recuperamos o miniaplicativo de selector de cores, senón que lle demos unha interface de usuario completamente nova adaptada a Plasma 5.

O miniaplicativo de selector de cores permítelle seleccionar unha cor de calquera parte da pantalla e copia automaticamente o código da cor no portapapeis nunha variedade de formatos (RGB, hexadecimal, RGBA de QML de Qt, LaTeX).


Miniaplicativo de Plasma de selector de usuario
Miniaplicativo de Plasma de selector de usuario

Selector de usuario

O cambio de usuario actualizouse e mellorouse e agora pode accederse a el desde o iniciador de aplicativos, o novo miniaplicativo de cambio de usuario e a pantalla de bloqueo. Mostra o nome completo do usuario e o seu avatar. É moi útil para oficinas con escritorios compartidos. Hai máis información no blog do desenvolvedor (en inglés).

Uso do disco

Plasma 5.5 recibe un novo miniaplicativo deseñado para ambientes de negocios ou universidades. Este miniaplicativo mostraralle uso determinado non a raíz do uso real do disco, senón da cota que o administrador do sistema lle permitiu.

Paxinador de actividades

Feito para usuarios cun caso de uso das actividades que entra en conflito cos escritorios virtuais: parece un paxinador, compórtase como un paxinador pero usa actividades en vez de escritorios virtuais. Isto dá un vista rápida de que actividades están en execución e cantas xanelas hai asociadas a cada actividade.


Iconas vellas de área de notificacións
Iconas vellas de área de notificacións

Restaurar a compatibilidade con iconas antigas na área de notificacións

A raíz de comentarios recibidos, reescribimos a compatibilidade con aplicativos antigos que non usan o novo estándar StatusNotifier para iconas da área de notificacións.

Estatísticas de fallos

No percorrido cara a beta de Plasma 5.5 beta corrixíronse máis de 1.000 fallos!

Compatibilidade con OpenGL ES en KWin

Volve a KWin a posibilidade de cambiar a OpenGL ES. De momento só se permite cambiando unha variábel de ambiente e reiniciando KWin. Defina a variábel de ambiente KWIN_COMPOSE como «O2ES» para forzar a infraestrutura de OpenGL ES. Teña en conta que non todos os controladores son compatíbeis con OpenGL ES. É por iso que non está exposto mediante un mecanismo de configuración. Considéreo un modo de experto.


Bloqueador da pantalla
Bloqueador da pantalla

Progreso de Wayland:

Con Plasma 5.5 fornécese unha sesión básica de Wayland. Wayland é o sucesor do anticuado sistema de xanelas X11, que fornece un sistema moderno. O sistema é máis seguro (p. ex. os rexistradores de teclas xa non son triviais de crear) e segue o paradigma de que «todo fotograma debe ser perfecto», o que fai moi difícil que se produzan rachaduras de pantalla. Con Plasma 5.4 a comunidade de KDE xa forneceu unha versión preliminar baseada no conxunto de funcionalidades do proxecto de teléfono. Con Plasma 5.5 estendémolo con máis usos de «estilo de escritorio». Funcionalidades importantes, como mover e cambiar de tamaño xanelas, xa están dispoñíbeis xunto con moitas funcionalidades de integración co intérprete de ordes de escritorio. Isto permite que o usen os primeiros usuarios, aínda que temos que aclarar que aínda non está preparada para substituír completamente a unha sesión de X. Animamos aos nosos usuarios máis técnicos a darlle unha volta e informarnos de todos os fallos que atopedes.

Creouse un novo protocolo de xestión de pantallas para configurar as pantallas conectadas dunha sesión de Wayland.

Tamén se engadiron algúns protocolos para controlar os efectos de KWin en Wayland como desenfoque de fondo de xanela e a animación de minimizar das xanelas

As sesións de Plasma en Wayland agora contan con bloqueo de pantalla seguro, algo que era imposíbel de conseguir con X. Consulte máis información sobre a corrección deste fallo de hai 11 anos no blog do desenvolvedor da integración co bloqueo de pantalla.

Consulte tamén a lista de problemas coñecidos con Wayland na páxina de fe de erratas.


Descubrir
Descubrir

Novo deseño de Discover

Coa axuda do grupo de deseño visual de KDE construímos un novo deseño que mellorará a facilidade de uso do noso instalador de software.


Estado do indexador de ficheiros
Estado do indexador de ficheiros

Centro de información

Engadiuse un módulo de estado para o indexador de ficheiros.

Xestor de rede de Plasma

Aplicáronse varias melloras no noso miniaplicativo de xestor de redes. Engadiuse a validación de WPA/WPA2 Enterprise, usa un novo trebello de campo de contrasinal e OpenVPN ten máis opcións.

Historial completo de cambios

Historial de cambios completo en Plasma 5.4.95

Problemas coñecidos

Consulte na páxina de erratas de Plasma 5.5 algúns dos problemas máis importantes, entre os que están algúns problemas importantes causados polos controladores de Intel.

Imaxes en vivo

A forma máis sinxela de probalo é cunha imaxe directa arrancada desde un disco USB. Pode consultar unha lista de imaxes directas con Plasma 5 no wiki da comunidade de KDE.

Descargas de paquetes

As distribucións crearon ou están a crear paquetes listados na nosa páxina wiki.

Descargas de fontes

Pode instalar Plasma 5 directamente a partir das fontes. O wiki da comunidade de KDE ten instrucións para compilalo. Teña en conta que Plasma 5 non pode instalarse xunto con Plasma 4, terá que instalar versións anteriores ou instalar nun prefixo aparte.

Feedback

Pode darnos a súa opinión e obter actualizacións en Facebook, Twitter ou Google+.

Converse sobre Plasma 5 no taboleiro de Plasma 5 dos foros de KDE.

Pode comentar cousas directamente cos desenvolvedores mediante a canle #plasma de IRC, a lista de correo plasma-devel ou informar de problemas mediante Bugzilla. Se lle gusta o que está a facer o equipo, dígallo!

Agradecemos a súa opinión.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais