KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica Plasma 5.4 beta

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

Plasma 5.4
Plasma 5.4

Martes, 11 de agosto de 2015. Hoxe KDE publica unha versión beta da nova versión de Plasma 5.4.

Esta publicación de Plasma trae moitos toques agradábeis para os nosos usuarios, como unha compatibilidade con DPI alto máis mellorada, completado automático en KRunner e moitas iconas novas preciosas en Breeze. Tamén estabelece a base para o futuro cunha versión preliminar de sesións de Wayland. Distribuímos algúns compoñentes novos como un trebello de Plasma de volume de son, unha ferramenta de calibración de monitores e a ferramenta de xestión de usuarios sae como beta.


Volume do son
O novo miniaplicativo de volume de son

Novo miniaplicativo de volume de son

O noso novo miniaplicativo de volume de son funciona directamente con PulseAudio, o popular servidor de son de Linux, para darlle todo o control do volume e a configuración de saída nunha interface sinxela cun deseño fermoso.


Iniciador alternativo do panel de control
O novo iniciador alternativo do panel de control

Iniciador alternativo do panel de control de aplicativos

    Plasma 5.4 trae un iniciador a pantalla completa completamente novo, o panel de control de aplicativos, en kdeplasma-addons: goza de todas as funcionalidades do menú de aplicativos e inclúe un sofisticado cambio de escala ao tamaño de pantalla e navegación espacial completa co teclado. O novo iniciador permite atopar aplicativos, documentos recentes e favoritos e contactos de maneira fácil e rápida en base á súa actividade previa.

Novas iconas
Tan só algunhas das iconas novas desta versión

Arte por todas partes

Plasma 5.4 trae máis de 1400 iconas novas que abranguen non só todos os aplicativos de KDE, senón que tamén permiten utilizar o tema Breeze a aplicativos como Inkscape, Firefox e LibreOffice, fornecendo así unha sensación de maior integración co sistema.
KRunner
KRunner

Historial de KRunner

    Agora KRunner lembra as súas buscas anteriores e completa automaticamente a partir do historial a medida que escribe.

Gráficos de rede
Gráficos de rede

Gráficos útiles no miniaplicativo de redes

    Agora o miniaplicativo de redes pode mostrar gráficos de tráfico de rede. Tamén permite dous novos complementos de VPN para conectar mediante SSH ou SSTP.

Outros cambios e engadidos

  • Grandes melloras na compatibilidade con PPP altos
  • Menor uso de memoria
  • Un novo motor moito máis rápido para a busca de escritorio
  • Posibilidade de arrastrar e soltar e navegación co teclado nas notas adhesivas
  • Arrastrar e soltar volve funcionar co miniaplicativo do lixo
  • Configuración máis rápida da área de notificacións
  • Versión preliminar de Wayland (sesión de Wayland completa en Plasma), empurrada por Plasma para móbiles
  • Revisouse e actualizouse a documentación
  • Mellorouse a disposición do reloxo dixital nos paneis estreitos
  • Posibilidade de datas ISO no reloxo dixital
  • Nova forma fácil de cambiar o formato do reloxo entre 12h e 24h no reloxo dixital
  • Números de semana no calendario
  • Agora calquera tipo de elemento pode marcarse como favorito no menú de aplicativos (Kicker) desde calquera vista, engadindo a posibilidade de marcar como favoritos documentos e contactos de Telepathy
  • Os contactos favoritos de Telepathy mostran a foto do contacto e unha placa de estado de presenza en tempo real
  • Mellorouse a xestión do foco e a activación entre miniaplicativos e contedores no escritorio
  • Varias correccións pequenas na vista de cartafoles: mellores tamaños predeterminados, correccións dos problemas de interacción co rato, axuste das etiquetas de texto
  • Agora o xestor de tarefas fai un intento máis insistente para preservar a icona que derivou para un iniciador de maneira predeterminada
  • Vólvese poder engadir iniciadores soltando aplicativos no xestor de tarefas
  • Agora pódese configurar o que ocorre ao usar o clic central nun botón de tarefas no xestor de tarefas: nada, pechar a xanela, ou iniciar unha instancia do mesmo aplicativo
  • Agora o xestor de tarefas ordenará a columna principal se o usuario forza máis dunha fila; moitos usuarios esperaban e prefiren esta orde xa que require menos movementos do botón de tarefas cando as xanelas veñen e van
  • Mellorouse o cambio de escala das iconas e das marxes para os botóns de tarefa no xestor de tarefas
  • Varias correccións pequenas no xestor de tarefas: agora pódense forzar as columnas nunha instancia vertical, a xestión de eventos táctiles funciona en todos os sistemas, e corrixiuse un erro visual coa frecha de expansor de grupos
  • Se a versión preliminar da infraestrutura Purpose está dispoñíbel pode usarse o plasmoide QuickShare, que facilita compartir ficheiros con moitos servizos web.
  • Engadiuse unha ferramenta de configuración de monitores
  • Engádese kwallet-pam para abrir a carteira ao iniciar sesión
  • Agora o xestor de usuarios sincroniza os contactos coa configuración de KConfig e retirouse o módulo de contas de usuario
  • Melloras de rendemento no menú de aplicativos (Kicker)
  • Varias correccións pequenas no menú de aplicativos (Kicker): agochar e mostrar aplicativos é máis estábel, correccións de aliñamento para os paneis superiores, «Engadir ao escritorio» no contedor dunha vista de cartafoles é máis estábel e o comportamento dos modelos de recentes baseados en KActivities é mellor
  • Posibilidade de usar disposicións de menú personalizada (mediante kmenuedit) e elementos de separador de menú no menú de aplicativos (Kicker)
  • A vista de cartafoles ten un modo mellorado cando está nun panel (blog)
  • Agora soltar un cartafol no contedor de escritorio ofrecerá a opción de crear de novo unha vista de cartafoles

Historial de cambios completo de Plasma 5.4 beta

Imaxes en vivo

A forma máis sinxela de probalo é cunha imaxe directa arrancada desde un disco USB. Pode consultar unha lista de imaxes directas con Plasma 5 no wiki da comunidade de KDE.

Descargas de paquetes

As distribucións crearon ou están a crear paquetes listados na nosa páxina wiki.

Descargas de fontes

Pode instalar Plasma 5 directamente a partir das fontes. O wiki da comunidade de KDE ten instrucións para compilalo. Teña en conta que Plasma 5 non pode instalarse xunto con Plasma 4, terá que instalar versións anteriores ou instalar nun prefixo aparte.

Feedback

Pode darnos a súa opinión e obter actualizacións en Facebook, Twitter ou Google+.

Converse sobre Plasma 5 no taboleiro de Plasma 5 dos foros de KDE.

Pode comentar cousas directamente cos desenvolvedores mediante a canle #plasma de IRC, a lista de correo plasma-devel ou informar de problemas mediante Bugzilla. Se lle gusta o que está a facer o equipo, dígallo!

Agradecemos a súa opinión.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais