Anuncios de versiónsPlasma 5.12.90

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Italiano | Nederlands | Português | Русский | Svenska | Українська

Plasma 5.13 Beta
KDE Plasma 5.13 Beta

Xoves, 17 de maio de 2018. Hoxe KDE destapa unha versión beta de Plasma 5.13.

Os membros do equipo de Plasma estiveron a traballar a reo en seguir facendo de Plasma un escritorio lixeiro e reactivo que se carga e funciona rapidamente, pero sigue contando cunha morea de funcionalidades e unha aparencia pulida. Pasamos os últimos catro meses optimizando o inicio e minimizando o consumo de memoria. As funcionalidades básicas, como as xanelas emerxentes dos paneis, optimizáronse para asegurarse de que se executan de maneira fluída incluso en hardware con capacidades limitadas. O noso equipo de deseño tampouco descansou, e produciu uns novos gráficos de pantalla de bloqueo e de acceso integrados e preciosos.


Novo en Plasma 5.13


Integración co navegador de Plasma

A integración de Plasma con navegadores é unha colección de novas funcionalidades que fan que Firefox, Chrome e navegadores baseados en Chromium funcionen co seu escritorio. Agora as descargas móstranse na xanela emerxente de notificacións de Plasma igual que cando se transfiren ficheiros con Dolphin. O plasmoides de control de reprodución poden silenciar e saltar vídeos e música que se reproduza desde o navegador. Pode enviar unha ligazón ao seu teléfono con KDE Connect. As lapelas do navegador poden abrirse directamente usando KRunner mediante o atallo de teclado Alt+Espazo. Para activar a integración de Plasma con navegadores, engada o complemento correspondente da tenda de complementos do seu navegador favorito.

Integración das descargas do navegador con Plasma     Integración dos controis de reprodución do navegador con Plasma
Integración das descargas e dos controis de reprodución do navegador con Plasma

Cambios de deseño da configuración do sistema

Cambiamos o deseño das nosas páxinas de configuración. O grupo de deseño visual de KDE revisou varias das ferramentas da configuración do sistema e agora estamos a facer realidade eses deseños. A infraestrutura Kirigami de KDE confire unha mellor aparencia ás páxinas. Comezamos coas ferramentas de temas, que inclúen páxinas de iconas, de temas de escritorio e de temas de cursores. Agora a páxina da pantalla de acceso pode descargar novas pantallas de acceso da tenda de KDE. Agora a páxina dos tipos de letra pode mostrar vistas previas da configuración de antialias de subpíxeles.

Tema de escritorio Configuración dos tipos de letra Temas de iconas
Cambiouse o deseño de páxinas da configuración do sistema

Nova aparencia para as pantallas de bloqueo e acceso

As nosas pantallas de acceso e bloqueo contan con novo deseño que mostra o fondo da versión actual de Plasma de maneira predeterminada. Agora a pantalla de bloqueo incorpora unha transición de esvaer a desenfocar moi bonita para mostrar os controis, que permite que se poida usar facilmente como protector de pantalla.

Bloquear a pantalla Pantalla de identificación
Nova aparencia para as pantallas de bloqueo e acceso

Efecto de desenfoque mellorado no menú do panel de control
Efecto de desenfoque mellorado no menú do panel de control

Compositor de gráficos

O noso compositor, KWin, recibiu efectos de desenfoque e cambio de escritorio moi mellorados. O traballo en Wayland continuou, coa volta das regras de xanelas, o uso de contextos de EGL de prioridade alta, e a compatibilidade inicial con emisións de pantalla e comparticións de escritorio.


As listas de Discover con puntuacións, iconas adaptadas ao tema e opcións de orde
As listas de Discover con puntuacións, iconas adaptadas ao tema e opcións de orde

Descubrir

Discover, a noso instalador de software e complementos, ten máis funcionalidades e inclúe melloras da súa aparencia e comportamento.

A nosa infraestrutura de interface de usuario Kirigami permitiunos mellorar a aparencia das páxinas de listas e categorías, que agora usan barras de ferramentas en vez de imaxes de báners grandes. Agora as listas poden ordenarse e usar o novo trebello de tarxetas de Kirigami. Nas páxinas de listas e aplicativos móstranse as puntuacións de estrelas. As iconas de aplicativos usan o tema de iconas local para axustarse mellor á configuración do escritorio. Agora todos os metadatos de AppStream móstranse na páxina do aplicativo, incluíndo todos os tipos de URL. E para os usuarios de Arch Linux, agora móstrase o rexistro de Pacman tras as actualizacións de software.

Continuou o traballo nos formatos de aplicativos empaquetados. A compatibilidade con Snap agora permite aos usuarios controlar os permisos dos aplicativos, e pódense instalar Snaps que usan o modo clásico. E agora permítese o formato de URL «snap://». A compatibilidade con Flatpak recibe a habilidade de escoller o repositorio preferido do que instalar cando hai máis dun configurado.


Moito máis

Entre os outros cambios están:


GEdit co menú na barra de título    Novo deseño para o trebello do reprodutor de son e vídeo    Conectar un monitor externo
GEdit co menú de barra de título. Cambiouse o deseño do trebello do reprodutor. Diálogo de conectar monitores externos.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org