Anuncios de versiónsPlasma 5.12 LTS Beta

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

Plasma 5.12 LTS Beta
KDE Plasma 5.12 LTS Beta

Luns, 15 de xaneiro de 2018. Plasma 5.12 LTS beta é a segunda publicación con mantemento a longo prazo que fai o equipo de Plasma 5. Estivemos traballando a reo centrándonos na velocidade e a estabilidade desta publicación . O tempo de arranque do escritorio reduciuse revisando o código en busca de calquera cousa que bloquease a execución. O equipo estivo a revisar e corrixir fallos que afectaban a todos os aspectos da base de código, organizando as obras de arte, retirando casos illados e asegurando a integración entre escritorios. Por vez primeira ofrecemos a nosa integración con Wayland con mantemento a longo prazo para asegurarlle que continuaremos corrixindo fallos coas vindeiras publicacións.


Novo en Plasma 5.12 LTS


Máis suave e rápido

Estivemos centrándonos nas melloras de velocidade e de memoria con esta versión de mantemento a longo prazo. Agora, cando Plasma está en execución, usa menos CPU e menos memoria que versións anteriores. O tempo necesario para iniciar o escritorio Plasma reduciuse de maneira dramática.


Plasma en Wayland agora con promesa de LTS

A configuración de pantallas xa é compatíbel con Wayland

A compatibilidade de Plasma con Wayland está máis completo e agora é axeitado para probas máis xerais. Inclúese como mantemento a longo prazo por vez primeira así que corrixiremos fallos na serie 5.12 LTS. Entre as novas funcionalidades están:

Para os que están familiarizados co código de Wayland, estes son os protocolos que engadimos:

Cambio importante de política: 5.12 é a última versión na que se desenvolven funcionalidades en KWin en X11. A partir de 5.13 só se engadirán funcionalidades relevantes para Wayland.

Puxemos un gran esforzo en facer que a compatibilidade de Plasma con Wayland sexa o mellor posíbel pero aínda faltan algunhas funcionalidades e hai problemas con certas configuracións de hardware así que non o recomendamos para uso diario. Hai máis información na páxina wiki do estado de Wayland.


Descubrir

Nova páxina de aplicativo de Discover
Nova páxina de aplicativo de Discover

Novas funcionalidades

Miniaplicativo meteorolóxico con temperatura
Miniaplicativo meteorolóxico con temperatura

Uso de CPU na actividade do sistema
Uso de CPU no monitor do sistema

Sombras de xanelas centradas horizontalmente e máis grandes
Sombras de xanelas centradas horizontalmente e máis grandes


Que hai de novo desde Plasma 5.8 LTS

Se estaba usando a nosa versión LTS anterior, Plasma 5.8, espéranlle moitas novas funcionalidades:


Vistas previas nas notificacións

Vista previa nas notificacións

Agora o sistema de notificacións permite vistas previas interactivas que lle permiten sacar rapidamente unha captura de pantalla e arrastrala a unha xanela de conversa, un editor de mensaxe ou un formulario dun navegador web. Así non ten que saír nunca do aplicativo co que está a traballar.


Mellora do xestor de tarefas

Entrada de menú contextual para a icona de son e mailo botón de silenciar

Por petición popular fixemos posíbel cambiar entre xanelas desde o xestor de tarefas mediante os atallos Meta + número para facilitar traballar de maneira intensiva en varias tarefas. Outra das novidades do xestor de tarefas é a de fixar aplicativos distintos en cada unha das actividades. E se quere centrarse nunha tarefa concreta, os aplicativos que reproducen son márcanse cunha icona similar á dos navegadores web modernos. Xunto cun botón para silenciar o aplicativo correspondente, isto pode axudarlle a centrarse no que está a facer.


Menús globais

Capturas de pantalla, miniaplicativo e decoración de xanela de menús globais

Tamén volveron os menús globais. A funcionalidade para separar a barra de menú das xanelas dos aplicativos, pioneira de KDE, permite un novo paradigma de interface de usuario con ou ben un trebello de Plasma que mostra o menú ou ben gardando o menú no título de xanela. A súa configuración simplificouse en gran medida en Plasma 5.12: en canto engade o trebello de menú global ou o botón da barra de título iníciase automaticamente o servizo necesario en segundo plano.


Cartafoles abertos en cadea

Carga aniñada na vista de cartafoles
Carga aniñada na vista de cartafoles

Agora a vista de cartafol é a disposición de escritorio predeterminada. Tras anos rexeitando as iconas no escritorio, aceptamos o inevitábel e cambiamos á vista de cartafoles como escritorio predeterminado que inclúe algunhas iconas de maneira predeterminada e permite aos usuarios poñer os ficheiros e os cartafoles aos que queiran acceder facilmente. A raíz disto fixéronse moitas melloras na vista de cartafoles, como a carga aniñada que fai potente e rápido arrastrar e soltar ficheiros, unha grade de iconas máis estreira, así como grandes melloras de rendemento.


Controis musicais na pantalla de bloqueo

Controis de reprodución na pantalla de bloqueo

Engadíronse controis de reprodución na pantalla de bloqueo, que poden desactivarse desde Plasma 5.12 para maior protección da intimidade. Ademais, a música deterase automaticamente ao suspenderse o sistema.


Nova interface para a configuración do sistema

Configuración do sistema con nova aparencia

Introducimos un novo deseño da interface de usuario da configuración do sistema para acceder facilmente a opcións habituais. É o primeiro paso de cara a facilitar a navegación e o uso deste aplicativo de uso habitual pero complexo. O novo deseño engádese como opción, os usuarios que prefiren a icona anterior ou vistas de árbore poden volver ao seu método de navegación preferido.


Caixas fortes de Plasma

Caixas fortes de Plasma

KDE céntrase na protección da intimidade. A nosa visión é a dun mundo no que calquera persoa ten control da súa vida dixital e goza de liberdade e intimidade.

O novo Plasma Vault ofrece fortes funcionalidades de cifrado para usuarios que adoitan xestionar información sensíbel, confidencial ou privada, e fainas fáciles de usar. Permite bloquear e cifrar conxuntos de documentos e ocultalos de ollos alleos incluso cando o usuario ten a sesión iniciada. Plasma Vault estende a funcionalidade de actividades de Plasma con almacenamento seguro.


As funcionalidades comprensíbeis de Plasma

Bota unha ollada ao que ofrece Plasma, unha selección de funcionalidades sen rival en ningún software de escritorio.

Trebellos de escritorio

Trebellos de escritorio
Trebellos de escritorio

Cubre o teu escritorio de trebellos útiles para estar ao día do tempo meteorolóxico, entreterte con banda deseñada e axudar con cálculos.


Obter novidades

Obter novidades
Obter novidades

Descargar fondos de pantalla, estilos de xanelas, trebellos, efectos de escritorio e ducias doutros recursos directamente ao seu escritorio. Traballamos na nova tenda de KDE para traerlle unha ampla selección de complementos para que instale.


Busca de escritorio

Busca de escritorio
Busca de escritorio

Plasma permitiralle buscar facilmente aplicativos, cartafoles, música, vídeos, ficheiros e calquera outra cousa que teña no seu escritorio.


Aparencia unificada

Aparencia unificada
Aparencia unificada

O tema predeterminado Breeze de Plasma theme ten unha aparencia unificada en todos os conxuntos de ferramentas comúns de programadores: Qt 4 e 5, GTK 2 e 3, e mesmo LibreOffice.


Integración con teléfonos

Integración con teléfonos
Integración con teléfonos

Ao usar KDE Connect recibirá notificacións no escritorio de mensaxes de texto, poderá transferir ficheiros facilmente, silenciará a música durante as chamadas e mesmo usará o teléfono como mando a distancia.


Personalizábel ata o infinito

Personalizábel ata o infinito
Personalizábel ata o infinito

Plasma é simple de maneira predeterminada, pero pode personalizalo como guste con novos trebellos, paneis, pantallas e estilos.


Historial de cambios completo en Plasma 5.12

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro do programa de apoio de KDE e.V.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org