KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica a versión de corrección de erros de novembro de Plasma 5

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

Plasma 5

11 de novembro de 2014. Hoxe KDE publica unha actualización de correccións de Plasma 5, con versión 5.1.1. Plasma 5.1 publicouse en outubro con moitas melloras de funcionalidades e simplificando a base de código existente do popular escritorio de KDE no que traballarán os desenvolvedores nos vindeiros anos.

Esta publicación engade un mes de novas traducións e correccións dos colaboradores de KDE. As correccións adoitan ser pequenas pero importantes e inclúen:

  • Limitar o tamaño de palabra de indexación en Baloo.
  • Non indexar puntos en Baloo, é un carácter de expresión regular
  • Breeze: Non retirar marxes de botóns de ferramentas antes de renderizar texto
  • Breeze: limpar a colocación de botóns de lapelas
  • Breeze: corrixir a colocación de trebellos de esquina
  • Trebello de notas: facer a cor do texto branca nas notas negras
  • Trebello de reloxo: corrixir que o reloxo inexacto anunciase as sete e media ás seis e media
  • khotkeys: corrixir a carga da configuración
  • kinfocenter: definir a versión correcta
  • kcm-effects: usar un cargador para o elemento de vídeo
  • Oxygen: marxes e correccións para escritas de dereita a esquerda
  • Escritorio Plasma: validar o nome do fuso horario antes de definilo
  • Escritorio Plasma: migrar as configuracións feitas no selector de compoñentes nos aplicativos da serie 5 das bibliotecas de KDE
  • Escritorio Plasma: facer que os aplicativos da serie 4 das bibliotecas de KDE reaccionen aos cambios de tema de iconas
  • Escritorio Plasma: limpar a xestión de barras de desprazamento de configuración de miniaplicativos e corrixir os problemas do diálogo de alternativas
  • Escritorio Plasma: corrixir a acción de baleirar o lixo desde o menú contextual
  • Escritorio Plasma: moitas correccións
  • Espazo de traballo de Plasma: retirar a opción de apagar desde o bloqueador de pantalla

Descargas de paquetes

Algunhas distribucións crearon ou están a crear paquetes listados na nosa páxina wiki.

Descargas de fontes

Pode instalar Plasma 5 directamente a partir das fontes. O wiki da comunidade de KDE ten instrucións para compilalo. Teña en conta que Plasma 5 non pode instalarse xunto con Plasma 4, terá que instalar versións anteriores ou instalar nun prefixo aparte.

Feedback

Pode darnos a súa opinión ben mediante a canle #plasma de IRC, a lista de correo plasma-devel ou informar de problemas mediante Bugzilla. Tamén se fala de Plasma 5 nos foros de KDE. Agradecemos que nos faga chegar a súa opinión. E se lle gusta o que está a facer o equipo, dígallo!

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais