KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica a candidata a versión final de Plasma 5

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Suomi | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

Plasma 5

8 de xullo de 2014. Hoxe KDE publicou a candidata a versión final de Plasma 5, a seguinte xeración do escritorio. Esta é unha das últimas oportunidades para probar se hai fallos e comprobar se hai problemas antes da publicación final a vindeira semana.

Instalar e fornecer información

A forma máis sinxela de probalo é a ISO de Neon 5, unha imaxe directa de sistema operativo actualizada coas últimas construcións directamente das fontes.

Algunhas distribucións crearon ou están a crear paquetes, están listados na páxina wiki ligada arriba.

Pode instalar Plasma 5 directamente a partir das fontes. O wiki da comunidade de KDE ten instrucións para compilalo. Teña en conta que Plasma 5 non pode instalarse xunto con Plasma 4, terá que instalar versións anteriores ou instalar nun prefixo aparte.

Pode darnos a súa opinión ben mediante a canle #plasma de IRC, a lista de correo plasma-devel ou informar de problemas mediante Bugzilla. Tamén se fala de Plasma Next nos foros de KDE. Agradecemos moito as súas opinións. Se lle gusta o que está a facer o equipo, dígallo!

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais