KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.9.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

10 de abril de 2015. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.9.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Novo módulo: ModemManagerQt (adaptador de Qt para a API de ModemManager)

Teña en conta que Plasma-NM 5.2.x necesita un parque para poder construírse e funcionar con esta versión de ModemManagerQt. plasma-nm patch.

Alternativamente anovar a Plasma-NM 5.3 beta ao anovar a ModemManagerQt 5.9.0.

KActivities

  • Permítese esquecer un recurso
  • Correccións da construción
  • Engadiuse un complemento para rexistrar eventos de notificacións de KRecentDocument

KArchive

  • Respectar a definición de KZip::extraField tamén ao escribir entradas centrais de cabeceiras
  • Retirar dúas asercións erróneas, ocorre cando o disco está cheo, fallo 343214

KBookmarks

  • Corrixir a construción con Qt 5.5

KCMUtils

  • Usar un novo sistema de complementos baseado en JSON. Os KCM búscanse en kcms/. De momento aínda se necesita instalar un ficheiro de escritorio instalado en kservices5/ por compatibilidade
  • Cargar e cubrir a versión de só QML dos KCM se se pode

KConfig

  • Corrixir unha aserción ao usar KSharedConfig no destrutor dun obxecto global.
  • kconfig_compiler: engadir a posibilidade de usar CategoryLoggingName en ficheiros *.kcfgc para xerar chamadas de qCDebug(categoría).

KI18n

  • cargar previamente o catálogo global de Qt ao usar i18n()

KIconThemes

  • Agora KIconDialog pode mostrarse usando os métodos show() e exec() normais de QDialog
  • Corrixir KIconEngine::paint para xestionar devicePixelRatios distintos

KIO

  • Activar que KPropertiesDialog mostre tamén información sobre o espazo libre de sistemas de ficheiros remotos (p. ex. smb)
  • Corrixir KUrlNavigator con mapas de píxeles de HiDPI
  • Facer que KFileItemDelegate xestione os devicePixelRatio non predeterminados nas animacións

KItemModels

  • KRecursiveFilterProxyModel: reorganizado para emitir os sinais correctos no momento axeitado
  • KDescendantsProxyModel: xestionar os movementos dos que informa o modelo de orixe.
  • KDescendantsProxyModel: corrixir o comportamento cando se fai unha selección ao restabelecer.
  • KDescendantsProxyModel: permitir construír e usar KSelectionProxyModel desde QML.

KJobWidgets

  • Propagar o código de erro á interface de D-Bus de JobView

KNotifications

  • Engadiuse unha versión de event() que non require unha icona e usa a predeterminada
  • Engadiuse unha versión de event() que acepta StandardEvent eventId e QString iconName

KPeople

  • Permitir estender os metadatos das accións usando tipos predefinidos
  • Corrixir que non se actualizase o modelo de maneira axeitada tras retirar un contacto dunha persoa

KPty

  • Expoñer ao mundo se KPty se construíu coa biblioteca utempter

KTextEditor

  • Engadir un ficheiro de salientado para kdesrc-buildrc
  • sintaxe: engadiuse compatibilidade cos literais enteiros binarios no ficheiro de realce de PHP

KWidgetsAddons

  • Mellorar a animación de KMessageWidget cando a taxa de píxeles do dispositivo é alta

KWindowSystem

  • Engadir unha realización non funcional de Wayland para KWindowSystemPrivate
  • KWindowSystem::icon con NETWinInfo non asociado na plataforma X11.

KXmlGui

  • Preservar o dominio de tradución ao fusionar ficheiros .rc
  • Corrixir o aviso en tempo de execución “QWidget::setWindowModified: o título da xanela non contén unha marca de substitución «[*]»”

KXmlRpcClient

  • Instalar traducións

Infraestrutura de Plasma

  • Corrixíronse consellos soltos cando o dono temporal do consello desaparecía ou se baleiraba
  • Corrixir que TabBar non se dispuxese correctamente ao principio, como podía observarse, por exemplo, en Kickoff
  • Agora as transicións de PageStack usan Animators para unhas mellores animacións
  • Agora as transicións de TabGroup usan Animators para unhas mellores animacións
  • Facer que Svg e FrameSvg funcionen con QT_DEVICE_PIXELRATIO

Solid

  • Actualizar as propiedades da batería tras continuar

Cambios do sistema de construción

  • Agora as versións dos módulos adicionais de CMake (ECM) sincronízanse coas das infraestruturas de KDE, polo que a nova versión é a 5.9, que sucede á versión 1.8 anterior.
  • Corrixíronse moitas infraestruturas para poder usalas sen buscar as súas dependencias privadas. É dicir, os aplicativos que buscan unha infraestrutura só necesitan as súas dependencias públicas, non as privadas.
  • Permitir a configuración de SHARE_INSTALL_DIR para xestionar mellor disposicións de varias arquitecturas

Frameworkintegration

  • Corrixir unha quebra potencial ao destruír un QSystemTrayIcon (faino, por exemplo, Trojita), fallo 343976
  • Corrixir os diálogos de ficheiro modais nativos en QML, fallo 334963

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.9.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.9.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.9.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.9.0 das infraestruturas require Qt 5.2.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais