KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.8.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

13 de marzo de 2015. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.8.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Novas infraestruturas:

  • KPeople, fornece acceso a todos os contactos e as persoas ás que corresponden
  • KXmlRpcClient, interacción con servizos de XMLRPC

Xeral

  • Varias correccións de construción para compilar coa vindeira Qt 5.5

KActivities

  • Completouse o servizo de puntuación de recursos

KArchive

  • Deixar de fallar con ficheiros ZIP con descritores de datos redundantes

KCMUtils

  • Restaurar KCModule::setAuthAction

KCoreAddons

  • KPluginMetadata: engadir a posibilidade de usar a clave Hidden

KDeclarative

  • Preferir expoñer listas a QML con QJsonArray
  • Xestionar devicePixelRatios non predeterminado en imaxes
  • Expoñer hasUrls en DeclarativeMimeData
  • Permitir aos usuarios configurar o número de liñas horizontais que se debuxan

KDocTools

  • Corrixir a construción en MacOSX ao usar Homebrew
  • Mellor estilo de obxectos de son e vídeo (imaxes, …) na documentación
  • Codificar os caracteres incorrectos das rutas que se usan nos DTD de XML para editar erros

KGlobalAccel

  • Marca de tempo de activación definida como propiedade dinámica nunha QAction causada.

KIconThemes

  • Corrixir que QIcon::fromTheme(xxx, someFallback) non devolvese a reserva

KImageFormats

  • Facer que o lector de imaxes PSD funcione sen importar o tipo de endian.

KIO

  • Marcar como obsoleto UDSEntry::listFields e engadir o método UDSEntry::fields que devolve un QVector sen unha conversión custosa.
  • Só sincronizar bookmarkmanager se o cambio o fixo este proceso (fallo 343735)
  • Corrixiuse o inicio do servizo de D-Bus kssld5
  • Engadir compatibilidade con quota-used-bytes e quota-available-bytes, de RFC 4331, para permitir información de espazo libre no escravo de entrada e saída de HTTP.

KNotifications

  • Atrasar a inicialización do son ata que se necesite
  • Corrixir que a configuración das notificacións non se aplicase de maneira instantánea
  • Corrixir que as notificacións de son se detivesen tras reproducir o primeiro ficheiro

KNotifyConfig

  • Engadir unha dependencia opcional de QtSpeech para activar de novo as notificacións faladas.

KService

  • KPluginInfo: permitir listas de cadeas como propiedades

KTextEditor

  • Engadir estatísticas de número de palabras na barra de estado
  • vimode: corrixir a quebra ao retirar a última liña no modo de liña visual

KWidgetsAddons

  • Facer que KRatingWidget xestione devicePixelRatio

KWindowSystem

  • KSelectionWatcher e KSelectionOwner poden usarse sen depender de QX11Info.
  • KXMessages pode usarse sen depender de QX11Info

NetworkManagerQt

  • Engadir novas propiedades e métodos de NetworkManager 1.0.0

Plasma framework

  • Corrixir plasmapkg2 para sistemas traducidos
  • Mellorar a disposición dos consellos
  • Permitir que os plasmoides carguen scripts fóra do paquete de Plasma …

Cambios do sistema de construción (extra-cmake-modules)

  • Estender o macro ecm_generate_headers para permitir tamén cabeceiras con MaiúsculasIniciais.h

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.8.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.8.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.8.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.8.0 das infraestruturas require Qt 5.2.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais