KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.7.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

14 de febreiro de 2015. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.7.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Xeral

  • Varias correccións para compilar coa vindeira Qt 5.5

KActivities

  • Corrixiuse o inicio e a parada de actividades
  • Corrixiuse que a vista previa da actividade mostrase ás veces o fondo de pantalla incorrecto

KArchive

  • Crear os ficheiros temporais no directorio temporal en vez de no directorio actual

KAuth

  • Corrixiuse a xeración de ficheiros de servizo de asistencia de D-Bus de KAuth

KCMUtils

  • Corrixir unha aserción cando as rutas de D-Bus conteñen un «.»

KCodecs

  • Engadiuse compatibilidade con CP949 a KCharsets

KConfig

  • kconf_update xa non procesa o ficheiro *.upd da versión 4 da colección de software de KDE. Engadir «Version=5» ao principio do ficheiro upd para actualizacións que deberían aplicarse a aplicacións de Qt 5 e a versión 5 das infraestruturas de KDE.
  • Corrixir KCoreConfigSkeleton ao conmutar un valor con gardas entremedias

KConfigWidgets

  • KRecentFilesAction: corrixiuse a orde das entrada de menú (para que coincida coa orde de kdelibs4)

KCoreAddons

  • KAboutData: Chamar a addHelpOption e addVersionOption automaticamente, por comodidade e consistencia
  • KAboutData: Recuperar «Use http://bugs.kde.org para informar de fallos.» cando non se definise outro correo electrónico ou URL
  • KAutoSaveFile: agora allStaleFiles() funciona como se espera con ficheiros locais, tamén se corrixiu staleFiles()
  • Agora KRandomSequence usa enteiros internamente e expón unha API de enteiros para evitar calquera ambigüidade con 64 bits
  • Definicións de tipos MIME: os ficheiros *.qmltypes e *.qmlproject tamén teñen o tipo MIME text/x-qml
  • KShell: facer que quoteArgs cite os URL con QChar::isSpace(), os caracteres de espazo menos habituais non se estaban xestionando de maneira axeitada
  • KSharedDataCache: corrixir a creación do directorio que contén a caché (fallo de migración)

KDBusAddons

  • Engadiuse o método de asistencia KDEDModule::moduleForMessage para escribir máis servizos como kded, como kiod

KDeclarative

  • Engadiuse un compoñente de gráfico
  • Engadiuse un método de sobreposición a Formats::formatDuration que acepta int
  • Engadíronse as propiedades paintedWidth e paintedHeight a QPixmapItem e QImageItem
  • Corrixiuse o pintado de QImageItem e QPixmapItem

Kded

  • Engadir a posibilidade de cargar módulos de kded con metadatos de JSON

KGlobalAccel

  • Agora inclúe o compoñente de tempo de execución, converténdoa nunha infraestrutura de nivel 3
  • Facer que a infraestrutura de Windows funcione de novo
  • Activar de novo a infraestrutura de Mac
  • Corrixir unha quebra no apagado en tempo de execución de X11 de KGlobalAccel

KI18n

  • Marcar os resultados como necesarios para avisar cando a API se usa mal
  • Engadiuse a opción BUILD_WITH_QTSCRIPT do sistema de construción para permitir un conxunto de funcionalidades reducido nos sistemas incrustados

KInit

  • OSX: cargar as bibliotecas compartidas correctas en tempo de execución
  • Correccións de compilación de Mingw

KIO

  • Corrixir unha quebra nos traballos ao ligar con KIOWidgets pero só se usa un QCoreApplication
  • Corrixiuse a edición de atallos web
  • Engadiuse a opción KIOCORE_ONLY para compilar só KIOCore e os seus programas de asistencia, pero KIOWidgets e KIOFileWidgets non, polo que se reducen en gran medida as dependencias necesarias
  • Engadiuse a clase KFileCopyToMenu que engade os menús de contexto «Copiar a» e «Mover a»
  • Protocolos compatíbeis con SSL: engadiuse compatibilidade cos protocolos TLSv1.1 e TLSv1.2, retirar SSLv3
  • Corrixíronse negotiatedSslVersion e negotiatedSslVersionName para devolver o protocolo negociado real
  • Aplicar o URL escrito á vista ao premer o botón que cambia o navegador de URL de volta ao modo de ronsel
  • Corrixíronse dúas barras e diálogos de progreso que aparecían para traballos de copiar e mover
  • Agora KIO usa un servizo de seu, kiod, para servizos fóra de proceso que antes se executaban en kded, para reducir as dependencias; de momento só substitúe a kssld
  • Corrixiuse o erro «Non se puido escribir en <ruta>» ao causarse kioexec
  • Corrixíronse os avisos de «QFileInfo::absolutePath: Construído con nome de ficheiro baleiro» ao usar KFilePlacesModel

KItemModels

  • Corrixiuse KRecursiveFilterProxyModel para Qt ≥ 5.5.0, dado que QSortFilterProxyModel pasou a usar o parámetro de roles para o sinal dataChanged

KNewStuff

  • Sempre cargar de novo os datos XML de URL remotas

KNotifications

  • Documentación: mencionáronse os requisitos de nome de ficheiro dos ficheiros .notifyrc
  • Corrixiuse un punteiro solto a KNotification
  • Corrixiuse unha fuga en knotifyconfig
  • Instalar unha cabeceira de knotifyconfig que faltaba

KPackage

  • Cambiouse o nome da páxina de manual de kpackagetool a kpackagetool5
  • Corrixiuse a instalación en sistemas de ficheiros que non distinguen maiúsculas

Kross

  • Corrixiuse Kross::MetaFunction para que funcione co sistema de metaobxecto de Qt 5

KService

  • Incluír propiedades descoñecidas ao converter KPluginInfo desde KService
  • KPluginInfo: corrixiuse que as propiedades non se copiasen de KService::Ptr
  • OS X: corrección de rendemento en kbuildsycoca4 (saltar os paquetes de aplicación)

KTextEditor

  • Corrixiuse o desprazamento de área táctil de alta precisión
  • Non emitir documentUrlChanged durante recargas
  • Non romper a posición do cursor ao cargar de novo o documento en liñas con lapelas
  • Non (des)pregar de novo a primeira liña se se (des)pregou manualmente
  • vimode: historial de ordes mediante as teclas de frecha
  • Non intentar crear un resumo ao recibir o sinal KDirWatch::deleted()
  • Rendemento: retirar inicializacións globais

KUnitConversion

  • Corrixiuse unha recursión infinita en Unit::setUnitMultiplier

KWallet

  • Detectar e converter automaticamente carteiras vellas de ECB a CBC
  • Corrixiuse o algoritmo de cifrado CBC
  • Asegurouse de que a lista de carteiras se actualiza ao retirar un ficheiro de carteira do disco
  • Retirar un </p> innecesario en texto visíbel por usuarios

KWidgetsAddons

  • Usar kstyleextensions para indicar un elemento de control personalizado para renderizar a barra de kcapacity cando se permita, isto permite aplicar o estilo axeitado ao trebello
  • Fornecer un nome accesíbel para KLed

KWindowSystem

  • Corrixiuse que NETRootInfo::setShowingDesktop(bool) non funcionase en Openbox
  • Engadiuse o método de comodidade KWindowSystem::setShowingDesktop(bool)
  • Correccións na xestión do formato das iconas
  • O método NETWinInfo::icccmIconPixmap engadido fornece mapa de píxeles de icona a partir da propiedade WM_HINTS
  • Engadir unha sobreposición a KWindowSystem::icon que reduza as voltas ao servidor de X
  • Engadiuse compatibilidade con _NET_WM_OPAQUE_REGION

NetworkManagerQt

  • Non imprimir unha mensaxe sobre a propiedade sen xestionar «AccessPoints»
  • Engadiuse compatibilidade con NetworkManager 1.0.0 (non requirido)
  • Corrixiuse a xestión de segredos de VpnSetting
  • Engadiuse a clase GenericSetting para conexións que non están xestionadas por NetworkManager
  • Engadiuse a propiedade AutoconnectPriority a ConnectionSettings

Plasma framework

  • Corrixiuse que se abrise accidentalmente un menú contextual roto ao usar o clic centrar na xanela emerxente de Plasma
  • Facer que a roda do rato cause un cambio de botón
  • Nunca cambiar de tamaño un diálogo que sexa máis grande que a pantalla
  • Recuperar os paneis cando se recuperen os miniaplicativos
  • Corrixíronse os atallos de teclado
  • Restaurar a compatibilidade con hint-apply-color-scheme
  • Cargar de novo a configuración cando plasmarc cambie

Solid

  • Engadir energyFull e energyFullDesign a Battery

Cambios do sistema de construción (extra-cmake-modules)

  • Novo módulo de ECMUninstallTarget para crear un obxectivo de desinstalación
  • Facer que KDECMakeSettings importe ECMUninstallTarget de maneira predeterminada
  • KDEInstallDirs: avisar sobre a mestura de rutas de instalación relativas e absolutas na liña de ordes
  • Engadiuse o módulo ECMAddAppIcon para engadir iconas aos destinos de executábeis en Windows e Mac OS X
  • Corrixiuse o aviso CMP0053 con CMake 3.1
  • Non retirar a definición de variábeis da caché en KDEInstallDirs

Frameworkintegration

  • Corrixiuse a actualización da opción de clic único en tempo de execución
  • Varias correccións da integración coa área de notificacións
  • Só instalar esquemas de cores nos trebellos raíz (para corrixir QQuickWidgets)
  • Actualizar a configuración de XCursor na plataforma X11

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.7.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.7.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.7.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.7.0 das infraestruturas require Qt 5.2.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais