KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.6.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Italiano | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

8 de xaneiro de 2015. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.6.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Esta publicación inclúe dúas novas infraestruturas: KPackage e NetworkManagerQt

KActivities

  • Introdución do obxecto ActivityInfo de QML
  • Ligar permite agora valores especiais xunto cos identificadores das actividades. Permítense os seguintes valores: * - :global -liga con todas as actividades * - :current - liga coa actividade actual

KCoreAddons

  • Agora KDirWatch pode vixiar tamén /dev/shm (fallo 314982)
  • Agora KDELibs4Migration sempre devolve unha ruta absoluta

KCrash

  • Corrixir a construción en FreeBSD

Kdelibs4Support

  • Engadir Lituania á lista de países europeos

KdeSU

  • Corrixir a construción en OSX e en FreeBSD

KHtml

  • 6 correccións de fallos migradas da serie 4 das bibliotecas de KDE.

KIO

  • Engadir compatibilidade cos ficheiros .hidden, para que os usuarios agochen algúns ficheiros das vistas. (funcionalidade 246260)
  • Novo método KRun::runService, como KRun::run pero devolve o PID do proceso iniciado.
  • kioexec: corrixíronse moitos fallos de migración, para facer que funcione de novo
  • KRun::run: corrixiuse un fallo de migración para facer que funcione de novo cando se usa KProcess directamente
  • KRun: facer opcional a dependencia de KLauncher en tempo de execución
  • Corrixir a compilación en MSVC
  • Rendemento: reducir o consumo de memoria de UDSEntry
  • Accións nos menús emerxentes: en caso de seleccionar varios tipos MIME, agora engádense ao menú os servizos compatíbeis con todos os tipos MIME.
  • Novo traballo: KIO::DropJob KIO::drop(QDropEvent ev, QUrl destUrl). Substitúe a KonqOperations::doDrop.
  • Reiniciar o vixiante de directorio tras unha operación de eliminar que fallou
  • Corrixir un aviso falso sobre a falta de uso de X-KDE-Protocols en ficheiros de escritorio que non teñen ese campo.
  • Introducir varios módulos de configuración (KCM) relacionados con KIO dentro da infraestrutura kio.
  • Ao copiar ou mover fóra do lixo, permitir escribir nos ficheiros.
  • Agora KIO::file_move executa o chmod no ficheiro de destino antes de emitir o resultado.

KNotifications

  • Retirar NotifyBySound. NotifyByAudio xa codifica a notificación de «son»
  • Corrixir unha quebra ao acceder a un punteiro solto en NotifyByPopup

KRunner

  • Non detectar nada cun «.» como NetworkLocation (fallo de migración, fallo 340140). Tamén se pode usar un punto decimal na calculadora.

KService

  • Corrixir a construción en MSVC.

KTextEditor

  • Corrixir a construción en MSVC.
  • Correccións do modo de Vim
  • Engadir un ficheiro de sintaxe para Oracle PL/SQL
  • Realce de ppd: mellor compatibilidade con valores de varias liñas

KWidgetsAddons

  • Engadir funcións de comodidade de extensión de elementos de estilo en tempo de execución para trebellos: KStyleExtensions

KWindowSystem

  • Engadir o tipo de xanela OnScreenDisplay
  • Corrixir a construción en FreeBSD

Infraestrutura de Plasma

  • Permitir ao menú de mes navegar polo ano actual (fallo 342327)
  • Expoñer o novo tipo de xanela OnScreenDisplay en Dialog
  • Migrar Plasma::Package a KPackage
  • Corrixir que as etiquetas non se actualicen cos cambios da configuración dos tipos de letra en tempo de execución
  • Corrixir que o texto actualice correctamente a súa cor ao cambiar de tema (especialmente de escuro a claro)
  • Corrixir que as marcas de substitución dos campos de texto sexan grosas de máis ao usar un tema claro
  • Definir a visibilidade de mainItem para coincidir con Dialog
  • Cargar IconItem inmediatamente en componentComplete()
  • Usar a mesma cor de texto para listas despregábeis como botóns
  • Melloras de rendemento (menos repeticións de análises de config-file, usar a configuración compartida…)
  • Agora roundToIconSize(0) devolve 0
  • Dar un título ás notificacións de desfacer

Solid

  • Activar os motores fstab e upower en FreeBSD
  • Enerxía: Engadir o sinal aboutToSuspend

Cambios do sistema de construción

  • Agora o KDEInstallDirs de ECM permite as variábeis KDE_INSTALL_*, que deberían usarse con preferencia sobre as variábeis CMAKE_INSTALL_* ou an anteriores variábeis compatíbeis coa serie 4 das bibliotecas de KDE. As formas anteriores das variábeis aínda se permiten (e sincronízase) a menos que KDE_INSTALL_DIRS_NO_DEPRECATED ou KDE_INSTALL_DIRS_NO_CMAKE_VARIABLES se definan como TRUE. Consulte a documentación para máis información.

  • Engadir o argumento COMPATIBILITY a ecm_setup_version(). Para moitas bibliotecas será desexábel usar SameMajorVersion para asegurarse de que buscar a versión 1 da biblioteca non devolve a versión 2, por exemplo.

  • Corrixir ECMQueryQmake cando falta Qt5Core.

Cambios adicionais do sistema de construción de Extra-Cmake-Modules 1.6.1

  • Corrixir a construción de proxectos que usan tanto GNUInstallDirs como KDEInstallDirs en distintos subdirectorios non retirando a definición das variábeis de caché de KDEInstallDirs.

  • Corrixir o valor de KDE_INSTALL_TARGETS_DEFAULT_ARGS en OSX.

Frameworkintegration

  • Corrixir a xestión dos eventos de cambio de paleta (fallo 336813)

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.6 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.6 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.6 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.6.0 das infraestruturas require Qt 5.2.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais