KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.52.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Italiano | Nederlands | Português | Svenska | Українська

10 de novembro de 2018. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.52.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Baloo

  • Corrixir a construción con BUILD_QCH=TRUE
  • Usar fileNameTerms e xAttrTerms de verdade
  • [Balooshow] Evitar acceso fóra dos límites ao acceder a datos corruptos de base de datos
  • [Extractor] Non comprobar QFile::exists para un URL baleiro
  • [Planificador] Usar unha marca para facer un seguimento de cando o executor non está activo
  • [Extractor] Xestionar correctamente os documentos onde o tipo MIME non debería indexarse
  • [Planificador] Corrixir un uso incorrecto da marca de tempo obsoleta QFileInfo::created() (fallo 397549)
  • [Extractor] Facer o extractor resistente a quebras (fallo 375131)
  • Pasar a FileIndexerConfig como const aos indexadores individuais
  • [Configuración] Retirar a compatibilidade con configuración de KDE 4, deixar de escribir ficheiros de configuración arbitrarios
  • [Extractor] Mellorar a depuración pola liña de ordes, pasar a saída de erro estándar
  • [Planificador] Aproveitar fileinfo de FilteredDirIterator
  • [Planificador] Aproveitar o tipo MIME de UnindexedFileIterator no indexador
  • [Planificador] Retirar a variábel superflua m_extractorIdle
  • Realizar comprobacións de ficheiros non indexados e entradas caducadas do índice no inicio
  • [balooctl] Imprimir o estado actual e a indexación de ficheiro ao comezar o monitor (fallo 364858)
  • [balooctl] Monitorizar tamén os seus cambios de estado
  • [balooctl] Corrixir a orde «index» para ficheiros xa indexados pero movidos (fallo 397242)

BluezQt

  • Engadir a xeración de cabeceira das API de Media e MediaEndpoint

Iconas de Breeze

  • Cambiar as iconas do xestor de paquetes por emblemas
  • Engadir de novo a icona de ligazón monocroma como acción
  • Mellorar o contraste, a lexibilidade e a consistencia dos emblemas (fallo 399968)
  • Permitir o tipo MIME «new» para ficheiros .deb (fallo 399421)

Módulos adicionais de CMake

  • ECMAddQch: axudar a Doxygen definindo previamente máis macros Q_DECL_*
  • API de Python: Permitir usar as rutas do sistema para o directorio de instalación de Python
  • API de Python: Retirar INSTALL_DIR_SUFFIX de ecm_generate_python_binding
  • Engadir a posibilidade de o desinfectante fuzzer

KCMUtils

  • permitir kcms con varias páxinas

KConfig

  • Engadir un mecanismo para notificar a outros clientes de cambios de configuración por D-Bus
  • Exportar o método de obtención KConfig::addConfigSources

KConfigWidgets

  • Permitir que KHelpCenter abra as páxinas correctas da axuda de KDE cando KHelpClient se invoca cunha áncora

KCrash

  • KCrash: corrixir unha quebra cando se usa nun aplicativo sen QCoreApplication

KDeclarative

  • facer push e pop parte da API de ConfigModule

KDED

  • Retirar unha mensaxe inútil de «Non se atopou X-KDE-DBus-ServiceName»

KDesignerPlugin

  • Facer referencia ao produto «KF5» en vez de a «KDE» nos metadatos do trebello

KDocTools

  • Documentación da API: engadir documentación mínima ao espazo de nomes de KDocTools para que Doxygen o inclúa
  • Crear un ficheiro QCH coa documentación da API, opcionalmente, usando ECMAddQCH
  • Agardar a construír docbookl10nhelper para construír as nosas páxinas de manual
  • Usar o intérprete de Perl indicado en vez de confiar en PATH

KFileMetaData

  • [ExtractorCollection] Usar só o complemento de extractor que coincida mellor
  • [KFileMetaData] Engadir un extractor para XML e SVG xenéricos
  • [KFileMetaData] Engadir un asistente para os metadatos de Dublin Core codificados en XML
  • permitir ler etiquetas de ID3 de ficheiros aiff e wav
  • engadir máis etiquetas para os metadatos de asf
  • extraer as etiquetas de ape de ficheiros ape e wavpack
  • fornecer unha lista de tipos MIME compatíbeis para embeddedimagedata
  • comparar con QLatin1String e harmonizar a xestión de todos os tipos
  • Non quebrar ante datos de exiv2 incorrectos (fallo 375131)
  • epubextractor: Engadir a propiedade ReleaseYear
  • reorganizar o código de taglibextractor en funcións específicas para o tipo de metadatos
  • engadir ficheiros WMA e etiquetas de ASF como tipos MIME compatíbeis
  • usar un extractor propio para probar taglibwriter
  • engadir un sufixo de cadea ara probar datos e usar para probas de Unicode de taglibwriter
  • retirar unha comprobación en tempo de compilación para a versión de taglib
  • estender a cobertura de probas a todos os tipos MIME que taglibextractor permite
  • Usar a variábel co texto xa obtido en vez de obtelo de novo

KGlobalAccel

  • Corrixir as notificacións de cambio de disposición de teclado (fallo 269403)

KHolidays

  • Engadir un ficheiro de vacacións para Bahrain
  • Facer que KHolidays tamén funcione como biblioteca estática

KIconThemes

  • Engadir un QIconEnginePlugin para permitir a deserialización de QIcon (fallo 399989)
  • [KIconLoader] Substituír o QImageReader asignado na morea por un asignado na rima
  • [KIconLoader] Axustar os bordos dos emblemas segundo o tamaño da icona
  • Centrar as iconas de maneira axeitada se non caben (fallo 396990)

KIO

  • Non intentar usar protocolos SSL «menos seguros» como reserva
  • [KSambaShare] Retirar o / ao final da ruta para compartir
  • [kdirlistertest] Agardar un pouco máis a que remate o listador
  • Mostrar unha mensaxe de desculpa se o ficheiro non é local
  • kio_help: Corrixir unha quebra en QCoreApplication ao acceder a help:// (fallo 399709)
  • Evitar agardar polas accións de usuario cando o impedimento de roubo do foco de KWin está en alto ou extremo
  • [KNewFileMenu] Non abrir un QFile baleiro
  • Engadíronse iconas que faltaban no código do panel de lugares de KIO
  • Retirar os punteiros crus a KFileItem de KCoreDirListerCache
  • Engadir a opción «Montar» ao menú contextual do dispositivo desmontado en Lugares
  • Engadir unha entrada de «Propiedades» no menú contextual do panel de lugares
  • Corrixir o aviso «o comportamento das expansións de macro que producen «defined» non está definido»

Kirigami

  • Corrixir os elementos que faltaban nas construcións estáticas
  • funcionalidade básica de páxinas ocultas
  • cargar as iconas dos temas de iconas correctos
  • (moitas outras correccións)

KNewStuff

  • Mensaxes de erro máis útiles

KNotification

  • Corrixiuse unha quebra causada por unha xestión incorrecta do tempo de vida das notificacións de son baseadas en canberra (fallo 398695)

KParts

  • Corrixir que «Cancelar» non se xestionase no obsoleto BrowserRun::askEmbedOrSave
  • Migrar a unha variante non obsoleta de KRun::runUrl
  • Migrar KIO::Job::ui() a KJob::uiDelegate()

KWayland

  • Engadir o protocolo de escritorio virtual de KWayland
  • Evitar que se elimine a fonte de datos antes de procesar o evento de recepción de oferta de datos (fallo 400311)
  • [servidor] Respectar a rexión de entrada de superficies subordinadas no foco de superficie de punteiro
  • [xdgshell] Engadir operadores de marca de axuste de restrición de posicionador

KWidgetsAddons

  • Documentación da API: corrixir a nota «Since» de KPageWidgetItem::isHeaderVisible
  • Engadir a nova propiedade «headerVisible»

KWindowSystem

  • Non comparar iteradores devoltos de dúas copias distintas devoltas

KXMLGUI

  • Coller 1…n KMainWindows en kRestoreMainWindows

NetworkManagerQt

  • Engadir opcións de IPv4 que faltaban
  • Engadir a opción vxlan

Infraestrutura de Plasma

  • desfacer o cambio de tamaño das iconas en móbiles
  • Permitir etiquetas fáciles de lembrar
  • Retirar a opción PLASMA_NO_KIO
  • Buscar correctamente temas de reserva

Purpose

  • Definir a marca Dialog para JobDialog

Solid

  • [solid-hardware5] Listar a icona nos detalles de dispositivo
  • [UDisks2] Apagar a unidade ao retirar se se permite (fallo 270808)

Sonnet

  • Corrixir a detección de idioma

Sindicación

  • Engadir un ficheiro README.md que faltaba (necesitábano varios script)

Realce da sintaxe

  • Realce da sintaxe de ficheiros de CLIST de z/OS
  • Crear un novo ficheiro de realce de sintaxe para Job Control Language (JCL)
  • Retirar o modo de open dunha versión de Qt demasiado nova
  • aumentar a versión e corrixir a versión necesaria de Kate á versión actual da infraestrutura
  • regra de palabra clave: permitir a inclusión de palabras clave doutra linguaxe ou ficheiro
  • Non usar corrección ortográfica para Metamath salvo nos comentarios
  • CMake: Engadir variábeis e propiedades relacionadas con XCode introducidas en 3.13
  • CMake: introducir novas funcionalidades da futura versión 3.13

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.52.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.52.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.52.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.52.0 das infraestruturas require Qt 5.8.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais