KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.51.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Italiano | Nederlands | Português | Svenska | Українська

8 de outubro de 2018. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.51.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Baloo

  • Engadir chamadas a KIO::UDSEntry::reserve nos escravos de entrada e saída de liña de tempo e etiquetas
  • [balooctl] Enviar a liña «Indexando <ficheiro>» cando a indexación comeza
  • [FileContentIndexer] Conectar o sinal rematado do proceso de extractor
  • [PositionCodec] Evitar a quebra ante datos corruptos (fallo 367480)
  • Corrixir unha constante de carácter incorrecta
  • [Balooctl] retirar a comprobación de pai de directorio (fallo 396535)
  • Permitir retirar cartafoles non existentes de listas de inclusións e exclusións (fallo 375370)
  • Usar String para almacenar UDS_USER e UDS_GROUP de tipo String (fallo 398867)
  • [tags_kio] Corrixir os parénteses. Non sei como pero o meu revisor de código non o detectara.
  • Excluír os ficheiros de xenoma da indexación

BluezQt

  • Crear as API Media e MediaEndpoint

Iconas de Breeze

  • Corrixir «stack-use-after-scope», detectado por ASAN na CI
  • Corrixir iconas monocroma sen folla de estilos
  • Cambiar drive-harddisk a un estilo máis adaptábel
  • Engadir as iconas firewall-config e firewall-applet
  • Facer visíbel o cadeado da iconas plasmavault con breeze-dark
  • Engadir un símbolo de suma a document-new.svg (fallo 398850)
  • Fornecer iconas para aumento duplo de tamaño

Módulos adicionais de CMake

  • Compilar a API de Python coas mesmas marcas de sip que usa PyQt
  • Android: permitir pasar unha ruta relativa como directorio de APK
  • Android: Ofrecer de maneira axeitada unha reserva para aplicativos que non teñen un manifesto
  • Android: asegurarse de que as traducións de Qm se cargan
  • Corrixir as construcións para Android cando se usa CMake 3.12.1
  • localización: corrixir a coincidencia de díxitos no nome do repositorio
  • Engadir QT_NO_NARROWING_CONVERSIONS_IN_CONNECT como marca de compilación predeterminada
  • API de linguaxes: Corrixir a xestión de conter que conteñan UTF-8
  • Iterar de verdade por CF_GENERATED en vez de comprobar o elemento 0 todo o tempo

KActivities

  • Corrixir unha referencia solta con «auto» converténdose en «QStringBuilder»

KCMUtils

  • xestionar os eventos de volta
  • Cambiar o tamaño de KCMUtilDialog manualmente a sizeHint() (fallo 389585)

KConfig

  • Corrixir un erro ao ler listas de rutas
  • Agora kcfg_compiler documenta as entradas válidas para o seu tipo «Color»

KFileMetaData

  • retirar o código propio de conversión de QString a TString de taglibwriter
  • aumentar a cobertura de probas de taglibwriter
  • engadir máis etiquetas básicas para taglibwriter
  • retirar o uso da función propia de conversión de TString a QString
  • aumentar a versión requirida de taglib a 1.11.1
  • ler as etiquetas replaygain

KHolidays

  • engadir as vacacións de Costa do Marfil (en francés) (fallo 398161)
  • holiday_hk_* - corrixir a data do festival Tuen Ng en 2019 (fallo 398670)

KI18n

  • Restrinxir correctamente o cambio de CMAKE_REQUIRED_LIBRARIES
  • Android: Asegurarse de que buscamos os ficheiros MO na ruta correcta

KIconThemes

  • Comezar a debuxar emblemas desde a esquina inferior dereita

KImageFormats

  • kimg_rgb: retirar QRegExp e QString::fromLocal8Bit para optimizar
  • [EPS] Corrixir a quebra ao saír do aplicativo (intentando persistir a imaxe do portapapeis) (fallo 397040)

KInit

  • Reducir as mensaxes non desexadas do rexistro non comprobando a existencia de ficheiros co nome baleiro (fallo 388611)

KIO

  • permitir a un file:// non local redirixir a un URL de WebDav de Windows
  • [KFilePlacesView] Cambiar a icona do menú contextual de «Editar» do panel de «Lugares»
  • [Panel de lugares] usar unha icona de rede máis axeitada
  • [KPropertiesDialog] Mostrar información de montaxe para cartafoles en / (raíz)
  • Corrixir a eliminación de ficheiros de DAV (fallo 355441)
  • Evitar QByteArray::remove en AccessManagerReply::readData (fallo 375765)
  • Non intentar restaurar lugares de usuario incorrectos
  • Permitir cambiar ao directorio superior mesmo cando haxa barras inclinadas ao final do URL
  • As quebras de escravos de KIO agora xestiónaas KCrash en vez de un código personalizado
  • Corrixiuse que un ficheiro creado a partir de pegar o contido do portapapeis só aparecese tras un atraso
  • [PreviewJob] Enviar os complementos de miniaturas activados ao escravo de miniaturas (fallo 388303)
  • Mellorar a mensaxe de erro de «espazo insuficiente en disco»
  • IKWS: usar o «X-KDE-ServiceTypes», que non está obsoleto, na xeración de ficheiros de escritorio
  • Corrixir a cabeceira de destino de WebDAV nas operacións COPY e MOVE
  • Avisar ao usuario antes da operación de copiar o mover se o espazo dispoñíbel non é suficiente (fallo 243160)
  • Mover o KCM de SMB á categoría de configuración de rede
  • lixo: Corrixir a análise da caché de directorysizes
  • kioexecd: vixiar a creación e modificación dos ficheiros temporais (fallo 397742)
  • Non debuxar marcos e sombras arredor das imaxes con transparencia (fallo 258514)
  • Corrixiuse que a icona de tipo de ficheiro do diálogo de propiedades de ficheiro se debuxase borroso en pantallas de DPI alto

Kirigami

  • abrir de maneira axeitada o caixón cando se arrastre pola asa
  • marxe adicional cando a pagerow de globaltoolbar é ToolBar
  • permitir tamén Layout.preferredWidth para o tamaño da folla
  • retirar os últimos restos de controls1
  • Permitir a creación de Actions de separador
  • permitir un número arbitrario de columnas en CardsGridview
  • Non destruír elementos de menú de maneira activa (fallo 397863)
  • as iconas en actionButton son monocroma
  • non facer as iconas monocroma cando non deben selo
  • restaurar o axuste de tamaño arbitrario de ×1,5 de iconas en móbiles
  • reciclador de delegados: non solicitar o obxecto de contexto dúas veces
  • usar o código interno de onda de material
  • controlar a anchura da cabeceira por sourcesize en horizontal
  • expoñer todas as propiedades de BannerImage en Cards
  • usar DesktopIcon incluso en Plasma
  • cargar correctamente rutas file://
  • Reverter «Comezar a buscar o contexto desde o propio delegado»
  • Engadir un caso de proba que demostra un problema de ámbito en DelegateRecycler
  • definir de maneira explícita unha altura para overlayDrawers (fallo 398163)
  • Comezar a buscar o contexto desde o propio delegado

KItemModels

  • Usar unha referencia no bucle «for» para tipos cun construtor de copia non trivial

KNewStuff

  • Engadir a posibilidade de etiquetas de Attica (fallo 398412)
  • [KMoreTools] Dar unha icona axeitada ao elemento de menú de «Configurar…» (fallo 398390)
  • [KMoreTools] Reducir a xerarquía de menús
  • Corrixir «Imposíbel usar o ficheiro knsrc para envíos dun lugar non estándar» (fallo 397958)
  • Facer que as ferramentas de proba liguen en Windows
  • Corrixir a construción en Qt 5.9
  • Engadir a posibilidade de etiquetas de Attica

KNotification

  • Corrixiuse unha quebra causada por unha xestión incorrecta do tempo de vida das notificacións de son baseadas en canberra (fallo 398695)

KNotifyConfig

  • Corrixir o consello de ficheiro de interface gráfica: agora KUrlRequester ten QWidget como clase base

Infraestrutura KPackage

  • Usar unha referencia no bucle «for» para tipos cun construtor de copia non trivial
  • Mover Qt5::DBus aos destinos de ligazón «PRIVATE»
  • Emitir sinais cando se instalar ou desinstala un paquete

KPeople

  • Corrixir sinais que non se emitían ao fusionar dúas persoas
  • Non quebrar se se retira a persoa
  • Definir PersonActionsPrivate como clase, como se declarou previamente
  • Publicar a API de PersonPluginManager

Kross

  • core: xestionar mellores comentarios de accións

KTextEditor

  • Debuxar o marcador de pregado de código só para rexións de pregado de código de varias liñas
  • Preparar m_lastPosition
  • Scripting: isCode() devolve falso para o texto dsAlert (fallo 398393)
  • usar o salientado de script de R para as probas de sangrado de R
  • Actualizar o script de sangrado de R
  • Corrixir os esquemas de cores claros solarizados e escuros (fallo 382075)
  • Non requirir Qt5::XmlPatterns

KTextWidgets

  • ktextedit: cargar o obxecto QTextToSpeech na primeira lectura

Infraestrutura de KWallet

  • Rexistrar os erros de fallo de apertura de carteira

KWayland

  • Non fallar silenciosamente se o dano se envía antes que o búfer (fallo 397834)
  • [servidor] Non volver anticipadamente en caso de fallo no código de reserva de touchDown
  • [servidor] Corrixir a xestión do búfer de acceso remoto cando a saída non está asociada
  • [servidor] Non intentar crear ofertas de datos sen fonte
  • [servidor] Interromper o inicio dun arrastre nas condicións axeitadas e sen publicar un erro

KWidgetsAddons

  • [KCollapsibleGroupBox] Respectar a duración das animacións de trebello do estilo (fallo 397103)
  • Retirar unha comprobación obsoleta de versión de Qt
  • Compilar

KWindowSystem

  • Usar _NET_WM_WINDOW_TYPE_COMBO en vez de _NET_WM_WINDOW_TYPE_COMBOBOX

KXMLGUI

  • Corrixir o URL do fornecedor de OCS no diálogo de información

NetworkManagerQt

  • Usar o valor enumerado coincidente AuthEapMethodUnknown para comparar cun AuthEapMethod

Infraestrutura de Plasma

  • Aumentar as cadeas de versión do tema porque hai novas iconas en 5.51
  • Tamén erguer a xanela de configuración cando se use de novo
  • Engadir un compoñente que faltaba: RoundButton
  • Combinar os ficheiros de iconas de OSD de pantallas e movelos ao tema de iconas de Plasma (fallo 395714)
  • [Control desprazábel de Plasma Components 3] Corrixir o tamaño implícito da asa
  • [Selector despregábel da versión 3 dos compoñentes de Plasma] Cambiar de entrada coa roda do rato
  • Usar as iconas dos botóns cando existan
  • Corrixiuse que os nomes das semanas non se mostrasen correctamente no calendario cando a semana comeza cun día que non sexa un luns ou un domingo (fallo 390330)
  • [DialogShadows] Usar un desprazamento 0 para os bordos desactivados en Wayland

Prison

  • Corrixir a renderización de códigos Aztec cunhas proporcións non cadradas
  • Retirar a asunción sobre as proporcións do código de barras da integración con QML
  • Corrixir erros de debuxado causados por erros de redondeo en Code 128
  • Engadir compatibilidade con códigos de barras Code 128

Purpose

  • Facer de CMake 3.0 a versión mínima de CMake

QQC2StyleBridge

  • Pequena separación predeterminada cando hai un fondo

Solid

  • Non mostrar un emblema para discos montados, só para discos sen montar
  • [Fstab] Retirar a compatibilidade con AIX
  • [Fstab] Retirar a compatibilidade con Tru64 (__osf__)
  • [Fstab] Mostrar un nome de compartición non baleiro se un sistema de ficheiros raíz está exportado (fallo 395562)
  • Preferir a etiqueta de unidade fornecida tamén para dispositivos de bucle

Sonnet

  • Corrixir a detección de idioma
  • Evitar que o realzador borre o texto seleccionado (fallo 398661)

Realce da sintaxe

  • i18n: corrixir a extracción dos nomes dos temas
  • Fortran: Salientar as alertas nos comentarios (fallo 349014)
  • evitar que o contexto principal poida retirarse
  • Garda de transición de estado sen fin
  • YAML: engadir estilos de literal e bloque pregábel (fallo 398314)
  • Logcat e SELinux: melloras para os novos esquemas de Solarized
  • AppArmor: corrixir quebras en regras abertas (en KF 5.50) e melloras para os novos esquemas solarizados
  • Fusionar git://anongit.kde.org/syntax-highlighting
  • Actualizar cousas de «git ignore»
  • Usar unha referencia no bucle «for» para tipos cun construtor de copia non trivial
  • Corrección: realce de mensaxes de correo electrónico para parénteses sen pechar na cabeceira do asunto (fallo 398717)
  • Perl: corrixir os corchetes, as variábeis, as referencias a cadeas e outras (fallo 391577)
  • Bash: corrixir a expansión de parámetros e chaves (fallo 387915)
  • Engadir un tema claro solarizado e un tema escuro

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.51.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.51.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.51.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.51.0 das infraestruturas require Qt 5.8.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais