KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.50.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Italiano | Nederlands | Português | Svenska | Українська

08 de setembro de 2018. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.50.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Attica

  • Engadir as etiquetas propostas en OCS 1.7

Baloo

  • Corrixiuse un fallo ortográfico na saída de tamaño de índice (fallo 397843)
  • Retirar o URL de orixe e non o de destino cando un URL deixa de poder indexarse
  • [tags_kio] Simplificar a coincidencia da consulta da ruta do nome de ficheiro usando un grupo de captura
  • Reverter «Non poñer na cola ficheiros que xa non se poden indexar e retiralos do índice inmediatamente.»
  • [tags_kio] Simplificar a busca de ruta de ficheiro no bucle

Iconas de Breeze

  • Engadir unha icona de ficheiro de proxecto de LabPlot
  • ScalableTest, engadir un plasma-browser-integration adaptábel (fallo 393999)

Módulos adicionais de CMake

  • API de Python: comprobar se a API de Python se pode xerar para unha versión concreta de Python
  • API de Python: facer o xerador compatíbel con Python 3
  • Desactivar a alteración de QT_PLUGIN_PATH por parte de ECM ao executar probas
  • API de linguaxe: engadir a posibilidade de usar enumeracións con ámbito (fallo 397154)
  • Permitir que ECM detecte ficheiros PO en tempo de configuración

Integración de infraestruturas

  • [KStyle] Usar dialog-question para a icona de pregunta

KArchive

  • xestionar codificacións non ASCII de nomes de ficheiro en arquivos TAR (fallo 266141)
  • KCompressionDevice: non chamar a write tras WriteError (fallo 397545)
  • Engadir macros Q_OBJECT que faltaban en subclases de QIODevice
  • KCompressionDevice: propagar erros de QIODevice::close() (fallo 397545)
  • Corrixir a páxina principal de bzip

KCMUtils

  • Usar unha QScrollArea personalizada cun consello de tamaño non limitado polo tamaño da letra (fallo 389585)

KConfig

  • Retirar o aviso sobre unha funcionalidade vella de kiosk que xa non ten sentido
  • Definir o atallo predeterminado do sistema Ctrl+0 para a acción «Tamaño real»

KCoreAddons

  • Non retirar o espazo entre dous URL cando a liña comeza con «"» (fallo de KMail)
  • KPluginLoader: usar «/» mesmo en Windows, libraryPaths() devolve rutas con «/»
  • KPluginMetaData: converter as cadeas baleiras en listas baleiras de cadeas

KDeclarative

  • Reverter «asegurarse de que sempre escribimos no contexto raíz do motor»
  • Anexar unha propiedade a «delegate» (fallo 397367)
  • [KCM GridDelegate] Usar o efecto de capa só coa infraestrutura de OpenGL (fallo 397220)

KDocTools

  • engadir as siglas ASCII a general.entities
  • engadir JSON a general.entities
  • Permitir que meinproc5 forneza máis detalles na proba automatizada «install»
  • Usar rutas absolutas na proba de kdoctools_install para atopar ficheiros instalados

KFileMetaData

  • Engadir a referencia a enumeración Property::Language para o erro ortográfico Property::Langauge

KHolidays

  • Codificar un algoritmo correcto de cálculo do equinoccio e o solsticio (fallo 396750)
  • src/CMakeLists.txt - instalar cabeceiras ao estilo das infraestruturas

KI18n

  • Aseverar se se intenta usar un KCatalog sen un QCoreApplication
  • Migrar ki18n de QtScript a QtQml
  • Comprobar tamén se po/ existe no directorio de construción

KIconThemes

  • Definir Breeze como tema de iconas de reserva

KIO

  • [KSambaShareData] Aceptar espazos no nome de máquina de ACL
  • [KFileItemListProperties] Usar mostLocalUrl para funcionalidades
  • [KMountPoint] Tamén comprobar se «smb-share» é ou non unha montaxe de SMB (fallo 344146)
  • [KMountPoint] Resolver as montaxes de gvfsd (fallo 344146)
  • [KMountPoint] Retirar as trazas de supermount
  • [KMountPoint] Retirar a compatibilidade con AIX e Windows CE
  • Mostrar os campos de tipo de sistema de ficheiros e orixe da montaxe no diálogo de propiedades (fallo 220976)
  • kdirlistertest non falla de maneira aleatoria
  • [KUrlComboBox] Corrixir un erro de migración de KIcon
  • Migrar o apaño KPATH_SEPARATOR a QDir::listSeparator, engadiuse en Qt 5.6
  • Corrixir unha fuga de memoria en KUrlComboBox::setUrl
  • [KFileItem] Non ler os comentarios de directorio en montaxes lentas
  • Usar QDir::canonicalPath no seu lugar
  • Ignorar a marca agochada de NTFS para o volume raíz (fallo 392913)
  • Darlle un botón de cancelar ao diálogo de «nome de directorio incorrecto»
  • KPropertiesDialog: cambiar a etiqueta en setFileNameReadOnly(true)
  • Refinar as palabras coas que se indica que non se puido crear un cartafol cun nome incorrecto
  • Usar unha icona axeitada para o botón de cancelar que solicitará un novo nome
  • Permitir seleccionar nomes de ficheiros de só lectura
  • Usar maiúsculas iniciais nas etiquetas de algúns botóns (en inglés)
  • Usar KLineEdit para o nome de cartafol se o cartafol ten acceso de escritura, senón usar QLabel
  • KCookieJar: corrixir unha conversión incorrecta de fuso horario

Kirigami

  • permitir fillWidth en elementos
  • gardar contra a eliminación externa de páxinas
  • mostrar sempre a cabeceira cando estamos en modo pregábel
  • corrixir o comportamento de showContentWhenCollapsed
  • corrixir buratos en menús no estilo Material
  • actionsmenu estándar para o contextmenu da páxina
  • Solicitar explicitamente o QtQuick de Qt 5.7 para usar Connections.enabled
  • usar a cor de Window en vez de un elemento de fondo
  • asegurarse de que o caixón se pecha mesmo tras meter un novo
  • exportar separatorvisible a globaltoolbar
  • Corrixir a xeración de complementos estáticos de QRC de Kirigami
  • Corrixir o modo estático LTO incluído
  • Asegurarse de que a propiedade drawerOpen se sincronizou correctamente (fallo 394867)
  • drawer: Mostrar o trebello de contido ao arrastrar
  • Permitir usar os recursos de qrc en iconas de Actions
  • ld en gcc vellos (fallo 395156)

KItemViews

  • Marcar KFilterProxySearchLine como obsoleta

KNewStuff

  • Gardar en caché providerId

KNotification

  • Permitir libcanberra para notificacións de son

KService

  • KBuildSycoca: procesar sempre ficheiros de escritorio de aplicación

KTextEditor

  • Converter a enumeración Kate::ScriptType nunha clase de enumeración
  • corrixir a xestión de erros en QFileDevice e KCompressedDevice
  • InlineNotes: Non imprimir notas entre liñas
  • Retirar QSaveFile en favor da garda de ficheiros tradicional
  • InlineNotes: Usar coordenadas globais de pantalla en todas partes
  • InlineNote: Inicializar a posición con Cursor::invalid()
  • InlineNote: datos de notas entre liñas pimpl sen asignacións
  • Engadir unha interface de notas entre liñas
  • Mostrar unha vista previa de texto só se a xanela principal está activa (fallo 392396)
  • Corrixir unha quebra ao agochar o trebello TextPreview (fallo 397266)
  • Fusionar ssh://git.kde.org/ktexteditor
  • mellorar a renderización en HiDPI do bordo das iconas
  • Mellorar o tema de cores de Vim (fallo 361127)
  • Busca: Engadir un apaño para iconas que falten no tema de iconas de Gnome
  • corrixir o debuxado sobreposto de _ ou letras como j na última liña (fallo 390665)
  • Estender a API de scripting para permitir executar ordes
  • Script de sangrado para R
  • Corrixir a quebra ao substituír \n arredor de liñas baleiras (fallo 381080)
  • retirar o diálogo de descarga de salientado
  • non hai necesidade de usar new nin delete co hash en cada doHighlight, abonda con baleiralo
  • asegurarse de que podemos xestionar índices de atributos incorrectos que poden ocorrer como restos que quedan tras cambiar de realce nun documento
  • permitir que o punteiro intelixente xestione a eliminación de obxectos, menos cousas manuais que facer
  • retirar o mapa para buscar propiedades de salientado adicionais
  • KTextEditor usa a infraestrutura KSyntaxHighlighting para todo
  • usar codificacións de caracteres como os fornecen as definicións
  • Fusionar a rama «master» con «syntax-highlighting»
  • o texto sen letra grosa xa non se debuxa con grosor fino (fallo 393861)
  • usar foldingEnabled
  • retirar EncodedCharaterInsertionPolicy
  • Impresión: respectar o tipo de letra do pé de páxina, corrixir a posición vertical do pé de páxina, alixeirar visualmente a liña do separador da cabeceira e do pé de páxina
  • Fusionar a rama «master» con «syntax-highlighting»
  • permitir que a infraestrutura de realce de sintaxe leve a xestión de todas as definicións agora que a definición «Ningunha» está no repositorio
  • trebello de completado: corrixir o tamaño de sección de cabeceira mínimo
  • Corrección: liñas de vista desprazábel en vez de liñas reais para o desprazamento da rota e da zona táctil (fallo 256561)
  • retirar a proba de sintaxe, agora próbase na propia infraestrutura de realce de sintaxe
  • A configuración de KTextEditor volve ser local da aplicación, a importación global anterior importarase no primeiro uso
  • Usar KSyntaxHighlighting::CommentPosition en vez de KateHighlighting::CSLPos
  • Usar isWordWrapDelimiter() de KSyntaxHighlighting
  • Cambiar o nome de isDelimiter() a isWordDelimiter()
  • crear máis cousas de busca mediante ligazón formato → definición
  • agora sempre obtemos formatos válidos
  • mellor forma de obter o nome do atributo
  • corrixir a proba de sangrado de Python, un accesor máis seguro para as bolsas de propiedades
  • engadir de novo os prefixos correctos ás definicións
  • Fusionar a rama «syntax-highlighting» de git://anongit.kde.org/ktexteditor con syntax-highlighting
  • intentar recuperar as listas necesarias para facer a configuración por esquema
  • Usar KSyntaxHighlighting::Definition::isDelimiter()
  • facer que poida romper un pouco máis como no código de palabras
  • non usar unha lista ligada sen motivo
  • limpar a preparación das propiedades
  • corrixir a orde dos formatos, lembrar a definición na bolsa de realce
  • xestionar formatos incorrectos ou baleiros
  • retirar máis parte do código vello, corrixir algúns accesores para usar as cousas de formato
  • corrixir o pregamento baseado en sangrado
  • retirar a exposición da rima do contexto en doHighlight e corrixir ctxChanged
  • comezar a almacenar a cousas de pregamento
  • retirar asistentes de salientado que xa non fan falla
  • retirar a necesidade de contextNum, engadir o marcador FIXME-SYNTAX ás cousas que hai que apañar de maneira axeitada
  • adaptar os cambios de includedDefinitions, retirar contextForLocation, só se necesita ou palabras clave de lugar ou corrección ortográfica de lugar, pode facerse máis tarde
  • retirar máis cousas de salientado de sintaxe que xa non se usan
  • corrixir m_additionalData e a súa asociación, debería funcionar para atributos, non para o contexto
  • crear os atributos iniciais, aínda sen os valores reais dos atributos, só unha lista de algo
  • chamar o realce
  • derivar do salientador abstracto, estabelecer a definición

Infraestrutura de KWallet

  • Mover un exemplo de TechBase ao repositorio propio

KWayland

  • Sincronizar os métodos set, send e update
  • Engadir o número de serie e o identificador de EISA á interface de OutputDevice
  • Corrección das curvas de cor do dispositivo de saída
  • Corrixir a xestión de memoria en WaylandOutputManagement
  • Illar cada proba dentro de WaylandOutputManagement
  • Cambio de tamaño fraccionario de OutputManagement

KWidgetsAddons

  • Crear un primeiro exemplo de uso de KMessageBox
  • Corrixir dous fallos en KMessageWidget
  • [KMessageBox] Chamar ao estilo para a icona
  • Engadir un apaño para etiquetas con axuste automático de palabras (fallo 396450)

KXMLGUI

  • Facer que Konqi teña bo aspecto en HiDPI
  • Engadir parénteses que faltaban

NetworkManagerQt

  • Requirir NetworkManager 1.4.0 ou posterior
  • xestor: engadir a posibilidade de ler ou escribir a propiedade GlobalDnsConfiguration
  • Permitir de verdade definir a taxa de actualización para as estatísticas do dispositivo

Infraestrutura de Plasma

  • Aplicar un apaño para o fallo coa renderización e opacidade nativas do texto de TextField (fallo 396813)
  • [Elemento de icona] Vixiar o cambio de icona de KIconLoader ao usar QIcon (fallo 397109)
  • [Icon Item] Usar ItemEnabledHasChanged
  • Retirar o uso obsoleto de QWeakPointer
  • Corrixir a folla de estilos de 22-22-system-suspend (fallo 397441)
  • Mellorar o texto de retirada e configuración de Widgets

Solid

  • solid/udisks2: Engadir a posibilidade de usar rexistros con categoría
  • [Dispositivo de Windows] Só mostrar a etiqueta de dispositivo se a hai
  • Forzar unha nova avaliación dos Predicate se se retiran as interfaces (fallo 394348)

Sonnet

  • hunspell: restaurar a construción con hunspell ≤ 1.5.0
  • Incluír as cabeceiras de Hunspell como inclusións do sistema

sindicación

New module

Realce da sintaxe

  • salientar 20 000 liñas por caso de proba
  • facer máis reproducíbel a proba de rendemento de realce, de todas formas queremos comparar esta execución co rendemento exterior
  • Axustar a busca de KeywordList e evitar as asignacións de grupo de captura implícita
  • retirar as capturas de Int, nunca funcionaron
  • iteración determinista de probas para unha mellor comparación de resultados
  • xestionar atributos incluídos aniñados
  • actualizar o salientado de Modula-2 (fallo 397801)
  • calcular previamente o formato do atributo para contexto e regras
  • evitar a comprobación de delimitador de palabra no inicio das palabras clave (fallo 397719)
  • Engadir realce de sintaxe para a linguaxe de políticas de kernel de SELinux
  • ocultar bestCandidate, pode ser unha función estática dentro do ficheiro
  • Engadir algunhas melloras a kate-syntax-highlighter para o seu uso en scripting
  • engadiuse := como unha parte válida do identificador
  • usar os nosos propios datos de entrada para facer probas de rendemento
  • intentar corrixir o problema de fins de liña na comparación de resultados
  • probar a saída de diff trivial para Windows
  • engadir defData de novo para a comprobación de validez de estado
  • diminuír o espazo de StateData máis dun 50% e a metade do número de chamadas de «malloc» necesarias
  • mellorar o rendemento de Rule::isWordDelimiter e KeywordListRule::doMatch
  • Mellorar a xestión do desprazamento de salto, permitir saltar unha liña completa cando non haxa coincidencia
  • comprobar a lista de caracteres de substitución das extensións
  • máis realce de sintaxe de asterisk, probei algunhas configuracións de asterisk, seguen o estilo ini, usar .conf como extensión de ini
  • corrixir o salientado de cousas #ifdef _xxx (fallo 397766)
  • corrixir os caracteres de substitución nos ficheiros
  • Cambiouse a licenza de KSyntaxHighlighting a MIT
  • JavaScript: engadir binarios, corrixir os octais, mellorar os escapes e permitir identificadores non ASCII (fallo 393633)
  • Permitir apagar as buscas de QStandardPaths
  • Permitir instalar ficheiros de sintaxe en vez de telos nun recurso
  • xestionar os atributos de cambio de contexto dos propios contextos
  • cambiar de biblioteca estática a biblioteca de obxectos coa configuración de imaxe correcta, debería funcionar para combinación de construcións compartidas e estáticas
  • evitar calquera asignación no monte de memoria para Format() construído de maneira predeterminada como o que se usa como «incorrecto»
  • respectar a variábel de CMake para bibliotecas estáticas ou dinámicas, como p. ex. karchive
  • Cambio de licenza a MIT, https://phabricator.kde.org/T9455
  • retirar o script vello add_license, xa non se necesita
  • Corrixir includedDefinitions, xestionar o cambio de definición ao cambiar de contexto (fallo 397659)
  • SQL: varias melloras e corrixir a detección de if, case, loop e end con SQL (Oracle)
  • corrixir os ficheiros de referencia
  • SCSS: actualizar a sintaxe. CSS: corrixir o realce das etiquetas de operador e selector
  • debchangelog: engadir Bookworm
  • Cambiar a licenza do Dockerfile a MIT
  • retirar a parte de configuración que xa non se permite da corrección ortográfica que sempre tiña un único modo que agora pasou a estar definido manualmente
  • Engadir salientado de sintaxe para Stan
  • engadir un sangrador cara atrás
  • Optimizar moitos ficheiros de realce de sintaxe e corrixir o carácter «/» de SQL
  • Liñas de modo: engadir byte-order-mark e pequenas correccións
  • Cambiar a licenza de modelines.xml a MIT (fallo 198540)
  • Engadir QVector<QPair<QChar, QString>> Definition::characterEncodings() const
  • Engadir bool Definition::foldingEnabled() const
  • Engadir o salientado «None» ao repositorio de maneira predeterminada
  • Actualizar a compatibilidade coa sintaxe da linguaxe Logtalk
  • Engadir os formatos de ficheiro sch e brd de EAGLE de Autodesk á categoría XML
  • Salientado de C#: preferir o sangrado de C
  • AppArmor: actualizar a sintaxe e varias melloras e correccións
  • Java: engadir binarios e flotantes hexadecimais e permitir barras baixas nos números (fallo 386391)
  • Limpeza: o sangrado moveuse da sección xeral á sección de idioma
  • Definición: expoñer os marcadores de orde
  • Engadir realce de React con JavaScript
  • YAML: corrixir as claves, engadir números ou outras melloras (fallo 389636)
  • Engadir bool Definition::isWordWrapDelimiter(QChar)
  • Definición: Cambiar o nome de isDelimiter() a isWordDelimiter()
  • Apuntar ideas de mellora para a API de KF6 da migración de KTE
  • Fornecer un formato correcto tamén para as liñas baleiras
  • Facer que Definition::isDelimiter() tamén funcione con definicións incorrectas
  • Definición: Expoñer bool isDelimiter() const
  • Ordenar os formatos devoltos por Definition::formats() por identificador

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.50.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.50.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.50.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.50.0 das infraestruturas require Qt 5.8.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais