KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.5.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

11 de decembro de 2014. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.5.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Attica

  • Usar todas as rutas de QT_PLUGIN_PATH en vez de unicamente a ruta QLibraryInfo para buscar complementos

KActivities

  • Corrixir a carga de complementos con KDE_INSTALL_USE_QT_SYS_PATHS a ON

KCMUtils

  • Restaurar KStandardGuiItems para obter iconas e consellos consistentes

KCodecs

  • Introducir a clase KEmailAddress para validación de correo electrónico
  • Usar un código máis robusto dos códecs de MIME da biblioteca KMime
  • Engadir KCodecs::encodeRFC2047String()

KCompletion

  • Corrixir as accións RePáx e AvPáx na caixa de xanela emerxente de completado

KCoreAddons

  • Engadir a clase KTextToHTML para a conversión de texto simple a HTML
  • Engadir KPluginMetaData::metaDataFileName()
  • Permitir ler KPluginMetaData de ficheiros .desktop
  • Agora Kdelibs4Migration da prioridade ao KDE4_DEFAULT_HOME fornecido polas distribucións

KDeclarative

  • Usar o método de Qt de bloquear ata completarse o compoñente, en vez de usar un método propio
  • Permitir atrasar a inicialización de obxectos incubados de QmlObject
  • Engadir unha protección ao intentar acceder ao obxecto raíz antes de completarse o compoñente

KEmoticons

  • Engadir KEmoticonsIntegrationPlugin para KTextToHTML de KCoreAddons

KHTML

  • Varias correccións migradas das bibliotecas de KDE, sen cambios da API.

KIO

  • Corrixir que as columnas de tamaño estivesen baleiras nas vistas detalladas de KFileWidget
  • Non soltar o ASN que se pasa a KRun ao executar ficheiros de escritorio
  • Corrixir que se pase DESKTOP_STARTUP_ID ao proceso subordinado en kioexec
  • Corrixir a compilación con Qt 5.2, que tamén corrixe unha condición de carreira
  • KFileItem: uso de icona de capa de limpeza
  • Permitir usar os botóns de atrás e diante do rato para navegar polo historial
  • Permitir ao usuario cancelar e saír da caixa de diálogo de aceptar a duración do certificado.

KJobWidgets

  • Corrixir a compilación con Qt 5.2.0

KNewStuff

  • Permitir tamén rutas de ficheiro absolutas para o parámetro «configfile».
  • Corrixir a compilación en Windows

KNotifications

  • Facer de KNotificationPlugin unha clase pública
  • KPassivePopup - definir o atraso predeterminado para agochar

KRunner

  • Engadir unha ferramenta simple de interface da liña de ordes para executar unha consulta en todos os executores

KService

  • Corrixir KPluginTrader::query() para un JSON vello
  • Marcar kservice_desktop_to_json como obsoleto para kcoreaddons_desktop_to_json
  • Cambiar o código de KPluginTrader::query() para usar KPluginLoader::findPlugins()
  • Corrixir que KPluginInfo::entryPath() estea baleiro cando non se carga desde un .desktop

KTextEditor

  • Corrixir o fallo #340212: aliñamento incorrecto das lapelas suaves tras o comezo da liña
  • Engadir unha comprobación de libgit2 en tempo de compilación para a compatibilidade con fíos

KWidgetsAddons

  • Engadir a clase KSplitterCollapserButton, un botón que aparece ao lado da asa dun separador e permite recoller facilmente o trebello do outro lado
  • Permitir temas de iconas monocroma (como Breeze)

KWindowSystem

  • Engadir KStartupInfo::createNewStartupIdForTimestamp
  • Engadir compatibilidade con máis teclas multimedia
  • Engadir compatibilidade co estado de asociación inicial de WM_HINTS
  • Retirar avisos incorrectos ao usar KXMessages sen QX11Info

Infraestrutura de Plasma

  • Corrixir a compatibilidade con Qt 5.2.0
  • Corrixir o módulo platformstatus de kded
  • Migrar BusyIndicator e ProgressBar a QtQuick.Controls
  • Engadir a propiedade thumbnailAvailable a PlasmaCore.WindowThumbnail

Solid

  • Corrixir un aviso: O sinal org::freedesktop::UPower::Device… non existe

Módulos adicionais de CMake

  • Definir CMAKE_INSTALL_SYSCONFDIR como /etc cando CMAKE_INSTALL_PREFIX é /usr (en vez de /usr/etc)
  • Activar -D_USE_MATH_DEFINES en Windows

Frameworkintegration

  • Codificar standardButtonText().
  • Corrixir a restauración do modo de vista e os tamaños no diálogo de ficheiros

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.5 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.5 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.5 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.5.0 das infraestruturas require Qt 5.2.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais