KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.48.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

8 de xullo de 2018. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.48.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Attica

  • Migrar os usos restantes de qDebug() a qcDebug(ATTICA)
  • Corrixir a comprobación de URL incorrecto de fornecedor
  • Corrixir un URL roto á especificación da API

Baloo

  • Retirar a entrada sen usar X-KDE-DBus-ModuleName dos metadatos de complemento de kded
  • [tags_kio] A consulta do URL deberían ser parellas de valores
  • O sinal do estado da enerxía só debería emitirse cando o estado da enerxía cambia
  • baloodb: Facer cambios na descrición de argumento da liña de ordes tras o cambio de nome de «prune» a «clean»
  • Mostrar claramente nomes de ficheiro duplicados nos cartafoles de etiquetas

BluezQt

  • Actualizar os ficheiros XML de D-Bus «Out*» para anotacións de Qt de tipo sinal
  • Engadir un sinal para o cambio de enderezo dos dispositivos

Iconas de Breeze

  • Usar a icona con forma de vasoira tamén para edit-clear-all
  • Usar unha icona con forma de vasoira para edit-clear-history
  • cambiar a icona view-media-artist de 24 px

Módulos adicionais de CMake

  • Android: Permitir sobrepoñer o directorio de APK do obxectivo
  • Retirar o QT_USE_FAST_OPERATOR_PLUS por desactualizado
  • Engadir -Wlogical-op -Wzero-as-null-pointer-constant aos avisos de KF5
  • [ECMGenerateHeaders] Engadir unha opción para extensións de ficheiro de cabeceira distintas de «.h»
  • Non incluír un 64 ao construír arquitecturas de 64 bits en Flatpak

KActivitiesStats

  • Corrixir o erro de desprazamento de un en Cache::clear (fallo 396175)
  • Corrixir o movemento de elementos ResultModel (fallo 396102)

KCompletion

  • Retirar unha inclusión innecesaria de moc
  • Asegurarse de que se emite KLineEdit::clearButtonClicked

KCoreAddons

  • Retirar definicións duplicadas de QT de KDEFrameworkCompilerSettings
  • Asegurarse de que compila con marcas de compilación estritas
  • Retirar a clave non usada X-KDE-DBus-ModuleName dos metadatos de tipo de servizo de proba

KCrash

  • Reducir QT_DISABLE_DEPRECATED_BEFORE á dependencia mínima de Qt
  • Retirar definicións duplicadas de QT de KDEFrameworkCompilerSettings
  • Asegurarse de construír con marcas de compilación estritas

KDeclarative

  • comprobar que o modo ten realmente unha textura válida (fallo 395554)

KDED

  • Definición de tipo de servizo de KDEDModule: retirar a clave X-KDE-DBus-NomeDeModulo por desuso

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Definir QT_USE_FAST_OPERATOR_PLUS nós mesmos
  • Non exportar kf5-config ao ficheiro de configuración de CMake
  • Retirar a entrada sen usar X-KDE-DBus-ModuleName dos metadatos de complemento de kded

WebKit de KDE

  • Migrar KRun::runUrl() e KRun::run() a unha API non obsoleta
  • Migrar KIO::Job::ui() a KIO::Job::uiDelegate()

KFileMetaData

  • Evitar avisos do compilador sobre cabeceiras de taglib
  • PopplerExtractor: usar directamente os argumentos de QByteArray() en vez de punteiros a 0
  • taglibextractor: restaurar as propiedades de extraer son sen existir etiquetas
  • OdfExtractor: xestionar nomes de prefixo inhabituais
  • Non engadir -ltag á interface de ligazóns pública
  • ler a etiqueta lyrics de taglibextractor
  • probas automáticas: non incrustar EmbeddedImageData se xa está na biblioteca
  • Engadir a posibilidade de ler ficheiros coa portada incrustada
  • ler a etiqueta de puntuación
  • comprobar se están as versións necesarias de libavcode, libavformat e libavutil

KGlobalAccel

  • Actualizar o ficheiro XML de D-Bus «Out*» para anotacións de Qt de tipo sinal

KHolidays

  • holidays/plan2/holiday_jp_* - engadir metadatos que faltaban
  • actualizáronse as vacacións de Xapón (en xaponés e en inglés) (fallo 365241)
  • holidays/plan2/holiday_th_en-gb - actualizouse Tailandia (inglés británico) para 2018 (fallo 393770)
  • engadir vacacións de Venezula (en castelán) (fallo 334305)

KI18n

  • Usar CMAKE_CURRENT_LIST_DIR consecuentemente no ficheiro de macro de CMake en vez de dun uso mesturado con KF5I18n_DIR
  • KF5I18NMacros: non instalar un directorio baleiro cando non existen ficheiros PO

KIconThemes

  • Permitir escoller ficheiros .ico no selector de ficheiro de icona personalizada (fallo 233201)
  • Permitir a escala de icona da versión 0.13 da especificación de nomeamento de iconas (fallo 365941)

KIO

  • Usar o novo método fastInsert alí onde corresponda
  • Restaurar a compatibilidade de UDSEntry::insert engadindo o método fastInsert
  • Migrar KLineEdit::setClearButtonShown a QLineEdit::setClearButtonEnabled
  • Actualizar o ficheiro XML de D-Bus «Out*» para anotacións de Qt de tipo sinal
  • Retirar a definición de QT duplicada de KDEFrameworkCompilerSettings
  • Usar unha icona de emblema correcta para ficheiros e cartafoles de só lectura (fallo 360980)
  • Permitir volver subir á raíz no trebello de ficheiro
  • [Diálogo de propiedades] Mellorar algunhas cadeas relacionadas con permisos (fallo 96714)
  • [KIO] Engadir compatibilidade con XDG_TEMPLATES_DIR a KNewFileMenu (fallo 191632)
  • actualizar o docbook do lixo a 5.48
  • [Diálogo de propiedades] Permitir seleccionar todos os valores da lapela xeral (fallo 105692)
  • Retirar a entrada non usada X-KDE-DBus-ModuleName dos metadatos dos complementos de kded
  • Activar a comparación de KFileItems por URL
  • [KFileItem] Comprobar se o URL máis local está compartido
  • Corrixir unha regresión ao pegar datos binarios do portapapeis

Kirigami

  • cor máis consistente de rato por riba
  • non abrir un menú subordinado para accións sen subordinados
  • Facer cambios internos no concepto de barra de ferramentas global (fallo 395455)
  • Xestionar a propiedade enabled de modelos simples
  • Introducir ActionToolbar
  • corrixir baixar para actualizar
  • Retirar a documentación de Doxygen dunha clase interna
  • Non ligar con Qt5::DBus cando DISABLE_DBUS está definida
  • sen marxe adicional para follas de capa en capas
  • corrixir o menú para Qt 5.9
  • Comprobar tamén a propiedade visible da acción
  • mellor aparencia e aliñamento no modo compacto
  • non buscar complementos por cada creación de platformTheme
  • librarse do conxunto «custom»
  • engadir redefinidores a todas as cores personalizadas
  • Migrar a coloración de toolbutton a un colorSet personalizado
  • introducir o conxunto de cores Personalizado
  • buddyFor que permite escritura para etiquetas de posicións relacionadas con elementos subordinados
  • Ao usar unha cor de fondo distinta usar highlightedText como cor de texto

KNewStuff

  • [KMoreTools] Permitir instalar ferramentas mediante URL de appstream
  • Retirar a chapuza de d-pointer de KNS::Engine

KService

  • Retirar a clave non usada X-KDE-DBus-ModuleName dos metadatos do servizo de proba

KTextEditor

  • gardar updateConfig contra barras de estado desactivadas
  • engadir un menú contextual á barra de estado para conmutar mostrar o número total de liñas e palabras
  • Engadiuse a funcionalidade de mostrar as liñas totais en Kate (fallo 387362)
  • Facer que os botóns de barra de ferramentas con menús mostren os seus menús cun clic normal en vez de requirir manter o clic (fallo 353747)
  • CVE-2018-10361: aumento de privilexios
  • Corrixir a anchura do cursor (fallo 391518)

KWayland

  • [servidor] Enviar o evento de marco en vez de baleirar ao mover o punteiro relativo (fallo 395815)
  • Corrixir a proba de xanela emerxente de XDGV6
  • Corrixir un fallo estúpido de copia e pega no cliente XDGShellV6
  • Non cancelar a selección anterior do portapapeis se é igual que a nova (fallo 395366)
  • Respectar BUILD_TESTING
  • Corrixir algúns problemas ortográficos suxeridos pola nova ferramenta de estilización
  • Engadir o ficheiro arclint a KWayland
  • Corrixir @since na API de saltar o selector

KWidgetsAddons

  • [KMessageWidget] Actualizar a folla de estilos nos cambios de paleta
  • Actualizar kcharselect-data a Unicode 11.0
  • [KCharSelect] Migrar generate-datafile.py a Python 3
  • [KCharSelect] Preparar as traducións para a actualización a Unicode 11.0

ModemManagerQt

  • Permitir as interfaces de Voice e Call
  • Non definir regras de filtro de dominio personalizadas

Iconas de Oxygen

  • Mostrar unha icona para os ficheiros ocultos en Dolphin (fallo 395963)

Infraestrutura de Plasma

  • FrameSvg: Actualizar o marco da máscara se se cambiou a ruta da imaxe
  • FrameSvg: Non destruír os marcos de máscaras compartidas
  • FrameSvg: simplificar updateSizes
  • Iconas para o indicador de teclado T9050
  • corrixir a cor para iconas de son e vídeo
  • FrameSvg: Gardar maskFrame de novo na caché se enabledBorders se cambiou (fallo 391659)
  • FrameSvg: Debuxar esquinas só se se activan os bordos nas dúas direccións
  • Ensinar a ContainmentInterface::processMimeData como xestionar caídas de xestores de tarefas
  • FrameSVG: Retirar comprobacións redundantes
  • FrameSVG: Corrixir a inclusión de QObject
  • Usar QDateTime para interactuar con QML (fallo 394423)

Purpose

  • Engadir a acción de compartir ao menú contextual de Dolphin
  • Restabelecer os complementos correctamente
  • Ignorar complementos duplicados

QQC2StyleBridge

  • retirar valores en píxeles de checkindicator
  • usar RadioIndicator para todos
  • Non saírse das xanelas emerxentes
  • en Qt<5.11 a paleta do control ignórase completamente
  • fondo do botón de áncora

Solid

  • Corrixir unha etiqueta de dispositivo de tamaño descoñecido

Realce da sintaxe

  • Correccións de comentarios de Java
  • Salientar os ficheiros de Gradle tamén coa sintaxe de Groovy
  • CMake: corrixir o realce tras cadeas cun único símbolo @
  • CoffeeScript: engadir a extensión .cson
  • Rust: Engadir palabras claves e bytes, corrixir os identificadores, e outras melloras e correccións
  • Awk: corrixir unha expresión regular nunha función e actualizar a sintaxe de gawk
  • Pony: corrixir un escape de comiñas simples e un posíbel bucle infinito con #
  • Actualizar a sintaxe de CMake para a próxima versión 3.12

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.48.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.48.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.48.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.48.0 das infraestruturas require Qt 5.8.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais