KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.38.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

9 de setembro de 2017. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.38.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Missing in last month's announcement: KF5 includes a new framework, Kirigami, a set of QtQuick components to build user interfaces based on the KDE UX guidelines.

Baloo

  • Corrixir a busca baseada en directorios

Módulos adicionais de CMake

  • Definir CMAKE_*_OUTPUT_5.38 para executar as probas sen instalar
  • Incluír un módulo para atopar importacións de QML como dependencias de tempo de execución

Integración de infraestruturas

  • Devolver unha icona de baleirar de liña de edición de alta resolución
  • Corrixir a aceptación de diálogos con Ctrl+Intro cando se cambian os nomes dos botóns

KActivitiesStats

  • Reescribir a consulta que combina recursos ligados e usados
  • Cargar de novo o modelo cando deixa de ligarse o recurso
  • Corrixiuse a consulta ao mesturar recursos ligados e usados

KConfig

  • Corrixir as etiquetas das accións DeleteFile e RenameFile (fallo 382450)
  • kconfigini: Retirar espazos ao principio ao ler valores de entradas (fallo 310674)

KConfigWidgets

  • Marcar KStandardAction::Help e KStandardAction::SaveOptions como obsoletas
  • Corrixir as etiquetas das accións DeleteFile e RenameFile (fallo 382450)
  • Usar «document-close» como icona para KStandardAction::close

KCoreAddons

  • DesktopFileParser: engadir «:/kservicetypes5/*» como busca de reserva
  • Engadir a posibilidade de complementos desinstalados en kcoreaddons_add_plugin
  • desktopfileparser: corrixir unha análise incorrecta de claves e valores (fallo 310674)

KDED

  • engadir compatibilidade con X-KDE-OnlyShowOnQtPlatforms

KDocTools

  • CMake: corrixir como se acurta o nome de destino cando o directorio de construción ten caracteres especiais (fallo 377573)
  • Engadir CC BY-SA 4.0 Internacional e definilo como predeterminado

KGlobalAccel

  • KGlobalAccel: migrar ao novo método symXModXToKeyQt de KKeyServer para corrixir as teclas numéricas (fallo 183458)

KInit

  • klauncher: corrixir a correspondencia de appId para aplicacións de flatpak

KIO

  • Migrar o KCM de atallos web de KServiceTypeTrader a KPluginLoader::findPlugins
  • [KFilePropsPlugin] Aplicar a configuración rexional a totalSize durante o cálculo
  • KIO: corrixir unha vella fuga de memoria na saída
  • Engadir funcionalidades de filtro de tipo MIME a KUrlCompletion
  • KIO: migrar os complementos de filtro de URI de KServiceTypeTrader a JSON con KPluginMetaData
  • [KUrlNavigator] Emitir tabRequested ao facer clic central nun lugar do menú (fallo 304589)
  • [KUrlNavigator] Emitir tabRequested cando se fai clic central no selector de lugares (fallo 304589)
  • [KACLEditWidget] Permitir clic duplo para editar entradas
  • [kiocore] Corrixir o erro de lóxica da remisión anterior
  • [kiocore] Comprobar se klauncher se está a executar
  • Limitar de verdade a taxa de mensaxes de INF_PROCESSED_SIZE (fallo 383843)
  • Non baleirar o almacenamento de certificados de CA de SSL de Qt
  • [KDesktopPropsPlugin] Crear o directorio de destino se non existe
  • [Escravo de KIO de ficheiro] Corrixir a aplicación de atributos de ficheiro especiais (fallo 365795)
  • Retirar a comprobación de bucle ocupado en TransferJobPrivate::slotDataReqFromDevice
  • facer kiod5 un «axente» en Mac
  • Corrixir que o KCM de proxy not loading manual proxies correctly

Kirigami

  • ocultar as barras de desprazamento cando non serven
  • Engadir un exemplo básico de como axustar a asa arrastrábel de anchura de columna
  • colocación de capas ider en asas
  • corrixir a colocación das asas ao sobrepor a última páxina
  • non mostrar unha asa falsa na última columna
  • non almacenar cousas nos delegados (fallo 383741)
  • dado que xa definimos keyNavigationEnabled, definir wraps tamén
  • mellor aliñamento á esquerda para o botón de atrás (fallo 383751)
  • non ter en conta a cabeceira dúas veces ao desprazar (fallo 383725)
  • nunha dividir en liñas as etiquetas de cabeceira
  • solucionar FIXME: retirar resetTimer (fallo 383772)
  • non ocultar a cabeceira ao desprazar fóra de móbiles
  • Engadir unha propiedade para agochar o separador de PageRow que coincide con AbstractListItem
  • corrixir o desprazamento co fluxo de originY e bottomtotop
  • Retirar avisos sobre definir tamaños tanto de píxel como de punto
  • non causar o modo alcanzábel en vistas invertidas
  • ter en conta o pé da páxina
  • engadir un exemplo complexo algo máis complexo dunha aplicación de conversa
  • máis protección para atopar o pé correcto
  • Comprobar a validez dos elementos antes de usalos
  • Respectar a posición da capa para isCurrentPage
  • usar unha animación en vez de un animador (fallo 383761)
  • deixar o espazo necesario para o pé da páxina, se se pode
  • mellor escurecemento para os caixóns de applicationitem
  • escurecemento do fondo para applicationitem
  • corrixir de verdade as marxes do botón de volver
  • marxes axeitadas para o botón de volver
  • menos avisos en ApplicationHeader
  • non usar o cambio de tamaño de Plasma para os tamaños das iconas
  • nova aparencia para as asas

KItemViews

KJobWidgets

  • Inicializar o estado do botón de «Pausa» no seguidor de trebellos

KNotification

  • Non bloquear o inicio do servizo de notificacións (fallo 382444)

Infraestrutura KPackage

  • retirar as opcións de cadeas de kpackagetool

KRunner

  • Baleirar as accións anteriores ao actualizar
  • Engadir executores remotos mediante D-Bus

KTextEditor

  • Migrar a API de scripting de Document e View a unha solución baseada en QJSValue
  • Mostrar as iconas no menú contextual do bordo da icona
  • Substituír KStandardAction::PasteText por KStandardAction::Paste
  • Permitir un cambio de dimensións fraccionario ao xerar a vista previa da barra lateral
  • Cambiar de QtScript a QtQml

KWayland

  • Tratar os búferes de RGB de entrada como multiplicados previamente
  • Actualizar as saídas de SurfaceInterface cando se destrúe unha global de saída
  • KWayland::Client::Surface facer seguimento da destrución da saída
  • Evitar enviar ofertas de datos dunha fonte incorrecta (fallo 383054)

KWidgetsAddons

  • simplificar setContents permitindo a Qt facer unha parte maior do traballo
  • KSqueezedTextLabel: Engadir isSqueezed() por comodidade
  • KSqueezedTextLabel: pequenas melloras na documentación da API
  • [KPasswordLineEdit] Definir a edición de liña como proxy de foco (fallo 383653)
  • [KPasswordDialog] Restabelecer a propiedade geometry

KWindowSystem

  • KKeyServer: corrixir a xestión de KeypadModifier (fallo 183458)

KXMLGUI

  • Aforrar varias chamadas a stat() calls ao iniciar a aplicación
  • Corrixir a posición de KHelpMenu en Wayland (fallo 384193)
  • Retirar xestións rotas de clics de botón central (fallo 383162)
  • KUndoActions: usar actionCollection para definir o atallo

Infraestrutura de Plasma

  • [ConfigModel] Gardar contra engadir unha ConfigCategory nula
  • [ConfigModel] Permitir engadir e retirar ConfigCategory programaticamente (fallo 372090)
  • [EventPluginsManager] Expoñer pluginPath no modelo
  • [Icon Item] Non retirar a definición de imagePath sen necesidade
  • [FrameSvg] Usar QPixmap::mask() en vez de unha maneira complexa e obsoleta mediante alphaChannel()
  • [FrameSvgItem] Crear os obxectos margins e fixedMargins baixo demanda
  • corrixir o estado de comprobación dos elementos de menú
  • Forzar o estilo de Plasma para os miniaplicativos de QQC2
  • Instalar o cartafol PlasmaComponents.3/private
  • Retirar o que quedaba dos temas «locolor»
  • [Theme] Usar SimpleConfig de KConfig
  • Evitar algunhas buscas de contido de tema innecesarias
  • ignorar eventos espurios de cambio de tamaño a tamaños baleiros (fallo 382340)

Realce da sintaxe

  • Engadir unha definición de sintaxe para listas de filtros de Adblock Plus
  • Reescribir a definición de sintaxe de Sieve
  • Engadir salientado para os ficheiros de configuración de QDoc
  • Engadir unha definición de salientado para Tiger
  • Escapar os guións nas expresións regulares de rest.xml (fallo 383632)
  • corrección: o texto simple saliéntase como PowerShell
  • Engadir salientado de sintaxe para Metamath
  • Redefiniuse o realce de sintaxe de Less en base ao de SCSS (fallo 369277)
  • Engadir realce de Pony
  • Reescribir a definición de sintaxe de correo electrónico

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.38.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.38.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.38.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.38.0 das infraestruturas require Qt 5.7.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais