KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.37.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

13 de agosto de 2017. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.37.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Nova infraestrutura: Kirigami, un conxunto de complementos de QtQuick para construír interfaces de usuario baseadas nas directrices de experiencia de usuario de KDE

Iconas de Breeze

  • actualizar as cores de .h e .h++ (fallo 376680)
  • retirar unha icona monocroma pequena de KTorrent (fallo 381370)
  • bookmarks é unha icona de acción, non de cartafol (fallo 381383)
  • actualizar utilities-system-monitor (fallo 381420)

Módulos adicionais de CMake

  • Engadir --gradle a androiddeployqt
  • Corrixir o destino de instalación de APK
  • Corrixir o uso de query_qmake: distinguir entre as chamadas que esperan qmake e as que non
  • Engadir documentación de API para KDE_INSTALL_USE_QT_SYS_PATHS de KDEInstallDirs
  • Engadir un metainfo.yaml para converter ECM nunha infraestrutura axeitada
  • Android: buscar ficheiros QML no directorio de orixe, non no directorio de instalación

KActivities

  • emitir runningActivityListChanged ao crear unha actividade

Ferramentas de Doxygen de KDE

  • Escapar o HTML da consulta de busca

KArchive

  • Engadir ficheiros de Conan, como un primeiro experimento de compatibilidade con Conan

KConfig

  • Permitir construír KConfig sen Qt5Gui
  • Atallos de teclado estándar: usar Ctrl+RePáx/AvPáx para a lapela anterior e posterior

KCoreAddons

  • Retirar a declaración sen usar de init() de K_PLUGIN_FACTORY_DECLARATION_WITH_BASEFACTORY_SKEL
  • Nova API de spdx en KAboutLicense para obter as expresións de licenza de SPDX
  • kdirwatch: Evitar unha quebra potencial se o punteiro d se destrúe antes que KDirWatch (fallo 381583)
  • Corrixir a visualización de formatDuration con arredondamento (fallo 382069)

KDeclarative

  • corrixir que plasmashell retirase a definición de QSG_RENDER_LOOP

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Corrixir «Unha nota sobre a obsolescencia de KUrl::path() é incorrecta en Windows» (fallo 382242)
  • Actualizar kdelibs4support para usar a compatibilidade segundo o destino que fornece kdewin
  • Marcar os construtores tamén como obsoletos
  • Sincronizar co KDE4Defaults.cmake de kdelibs

KDesignerPlugin

  • Engadir compatibilidade co novo trebello kpasswordlineedit

KHTML

  • Permitir tamén SVG (fallo 355872)

KI18n

  • Permitir cargar catálogos de internacionalización de calquera lugar
  • Asegurarse de que se xera o destino tsfiles

KIdleTime

  • Só requirir Qt5X11Extras cando de verdade o necesitamos

KInit

  • Usar a marca de funcionalidade axeitada para incluír kill(2)

KIO

  • Engadir o novo método urlSelectionRequested a KUrlNavigator
  • KUrlNavigator: expoñer o KUrlNavigatorButton que recibiu un evento de soltar
  • Poñer en reserva sen preguntar ao usuario cunha xanela emerxente de copiar ou cancelar
  • Asegurarse de que KDirLister actualizar os elementos aos que lle cambiase o URL de destino (fallo 382341)
  • Permitir pregar as opcións avanzadas de «Abrir con» e ocultalas de maneira predeterminada (fallo 359233)

KNewStuff

  • Dar un pai aos menús de KMoreToolsMenuFactory
  • Ao solicitar da caché, informar de todas as entradas en lote

Infraestrutura KPackage

  • kpackagetool agora pode enviar datos de AppStream a un ficheiro
  • adoptar o novo KAboutLicense::spdx

KParts

  • Restabelecer url en closeUrl()
  • Engadir un modelo para unha aplicación simple baseada en KPart
  • Deixar de usar KDE_DEFAULT_WINDOWFLAGS

KTextEditor

  • Xestionar o evento preciso de roda ao ampliar
  • Engadir un modelo para un complemento de ktexteditor
  • copiar os permisos do ficheiro orixinal ao gardar a copia (fallo 377373)
  • evitar quizais unha quebra de stringbuild (fallo 339627)
  • corrixir un problema con que se engadise * a liñas fóra de comentarios (fallo 360456)
  • corrixir gardar como copia, faltáballe permitir sobrescribir o ficheiro de destino (fallo 368145)
  • Orde «set-highlight»: unir os argumentos con espazo
  • corrixir unha quebra na destrución da vista por mor dunha limpeza non determinista de obxectos
  • Emitir sinais do bordo das iconas cando non se prema ningunha marca
  • Corrixir unha quebra no modo de entrada de vi (secuencia: «o» «Esc» «O» «Esc» «.») (fallo 377852)
  • Usar un grupo mutuamente excluínte no tipo de marca predeterminado

KUnitConversion

  • Marcar MPa e PSI como unidades comúns

Infraestrutura de KWallet

  • Usar CMAKE_INSTALL_BINDIR para a xeración de servizo de D-Bus

KWayland

  • Destruír todos os obxectos de KWayland creador polo rexistro cando se destrúe
  • Emitir connectionDied se se destrúe a QPA
  • [cliente] Seguir todos os ConnectionThreads creados e engadir unha API para acceder a eles
  • [servidor] Enviar a saída da entrada de texto se a superficie co foco deixa de estar asociada
  • [servidor] Enviar a saída do punteiro se a superficie co foco deixa de estar asociada
  • [cliente] Facer un seguimento axeitado de enteredSurface en Keyboard
  • [servidor] Enviar a saída do teclado cando o cliente destrúe a superficie co foco (fallo 382280)
  • comprobar a validez de Buffer (fallo 381953)

KWidgetsAddons

  • Extraer un trebello de contrasinal do editor de liña → nova clase KPasswordLineEdit
  • Corrixiuse unha quebra ao buscar coas funcionalidades de accesibilidade activadas (fallo 374933)
  • [KPageListViewDelegate] Pasar o trebello a drawPrimitive en drawFocus

KWindowSystem

  • Retirar a dependencia de QWidget da cabeceira

KXMLGUI

  • Deixar de usar KDE_DEFAULT_WINDOWFLAGS

NetworkManagerQt

  • Engadir compatibilidade con ipv*.route-metric
  • Corrixíronse as enumeracións sen definir de NM_SETTING_WIRELESS_POWERSAVE_FOO (fallo 382051)

Infraestrutura de Plasma

  • [Interface de Containment] emitir sempre contextualActionsAboutToShow para containment
  • Tratar as etiquetas de Button e ToolButton como texto plano
  • Non realizar correccións específicas de Wayland ao estar en X (fallo 381130)
  • Engadir KF5WindowSystem á interface de ligazón
  • Declarar AppManager.js como biblioteca de pragma
  • [PlasmaComponents] Retirar Config.js
  • usar texto simple de maneira predeterminada nas etiquetas
  • Cargar as traducións dos ficheiros de KPackage se está empaquetado (fallo 374825)
  • [PlasmaComponents Menu] Non quebrar ante accións nulas
  • [Plasma Dialog] Corrixir condicións de marcas
  • actualizar a icona da área de notificacións para Akregator (fallo 379861)
  • [Contedor Interface] Manter o contedor en RequiresAttentionStatus mentres o menú contextual está aberto (fallo 351823)
  • Corrixir a xestión de teclas da disposición da barra de lapelas en RTL (fallo 379894)

Sonnet

  • Permitir construír Sonnet sen Qt5Widgets
  • cmake: reescribir FindHUNSPELL.cmake para usar pkg-config

Realce da sintaxe

  • Permitir construír KSyntaxHighlighter sen Qt5Gui
  • Engadir a posibilidade de compilación cruzada do indexador de realce
  • Temas: retirar todos os metadatos que non se usan (licenza, autor, só lectura)
  • Tema: retirar os campos de licenza e autor
  • Tema: derivar a marca de só lectura do ficheiro en disco
  • Engadir salientado de sintaxe para a linguaxe de modelaxe de datos YANG
  • PHP: Engadir palabras clave de PHP 7 (fallo 356383)
  • PHP: Limpar a información de PHP 5
  • corrixir gnuplot, facer fatais os espazos sobrantes
  • corrixir a detección de «else if», temos que cambiar de contexto, engadir unha regra adicional
  • comprobacións de indexador para os espazos iniciais e finais no realce de XML
  • Doxygen: Engadir salientado para Doxyfile
  • engadir ao realce de C tipos estándar que faltaban e actualizar a C11 (fallo 367798)
  • Q_PI D → Q_PID
  • PHP: mellorar o realce de variábeis entre chaves entre comiñas duplas (fallo 382527)
  • Engadir salientado de PowerShell
  • Haskell: engadir a extensión de ficheiro .hs-boot (módulo de preparación) (fallo 354629)
  • Corrixir replaceCaptures() para que funcione con máis de 9 capturas
  • Ruby: Usar WordDetect en vez de StringDetect para o cumprimento de palabras completas
  • Corrixir un realce incorrecto de BEGIN e END en palabras como «EXTENDED» (fallo 350709)
  • PHP: Retirar mime_content_type() da lista de funcións obsoletas (fallo 371973)
  • XML: Engadir a extensión e tipo MIME XBEL ao realce de XML (fallo 374573)
  • Bash: Corrixir un realce incorrecto para as opcións de orde (fallo 375245)
  • Perl: Corrixir o realce de heredoc con espazos antes do delimitador (fallo 379298)
  • Actualizar o ficheiro de sintaxe de SQL de Oracle (fallo 368755)
  • C++: Corrixir que «-» non sexa parte das cadeas UDL (fallo 380408)
  • C++: indicadores de formato de printf: engadir «n» e «p», retirar «P» (fallo 380409)
  • C++: Corrixir que o valor do carácter teña a cor das cadeas (fallo 380489)
  • VHDL: corrixir un erro de realce ao usar corchetes e atributos (fallo 368897)
  • realce de zsh: corrixir unha expresión matemática nunha expresión de cadeas subordinadas (fallo 380229)
  • Realce de JavaScript: engadir compatibilidade coa extensión E4X de XML (fallo 373713)
  • Retirar a regra da extensión «*.conf»
  • Sintaxe de Pug e Jade

ThreadWeaver

  • Engadir unha exportación que faltaba en QueueSignals

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.37.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.37.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.37.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.37.0 das infraestruturas require Qt 5.7.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais