KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.34.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

13 de maio de 2017. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.34.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Baloo

  • balooctl, baloosearch, balooshow: corrixir a orde da creación de obxectos de QCoreApplication (fallo 378539)

Iconas de Breeze

  • Engadir iconas de punto de acceso (https://github.com/KDAB/hotspot)
  • Mellores iconas de sistemas de control de versións (fallo 377380)
  • Engadir unha icona para Plasmate (fallo 376780)
  • Actualizar as iconas microphone-sensitivity (fallo 377012)
  • Aumentar o predeterminado das iconas de «Panel» a 48

Módulos adicionais de CMake

  • Desinfectadores: Non usar marcas como as de GCC para, p. ex., MSVC
  • KDEPackageAppTemplates: melloras de documentación
  • KDECompilerSettings: Pasar -Wvla e -Wdate-time
  • Permitir versións anteriores de qmlplugindump
  • Introducir ecm_generate_qmltypes
  • Permitir aos proxectos incluír o ficheiro dúas veces
  • Corrixir a expresión regular que obtén nomes de proxectos a partir do seu URI de Git
  • Introducir a orde de construción fetch-translations (obter as traducións)
  • Usar -Wno-gnu-zero-variadic-macro-arguments máis

KActivities

  • Só usamos infraestruturas de nivel 1, movémonos ao nivel 2
  • Retirouse KIO das dependencias

KAuth

  • Corrección de seguranza: verificar que quen nos chama é quen di ser

KConfig

  • Corrixir o cálculo de relativePath en KDesktopFile::locateLocal() (fallo 345100)

KConfigWidgets

  • Definir a icona para a acción de doar
  • Reducir as restricións para procesar QGroupBoxes

KDeclarative

  • Non definir ItemHasContents en DropArea
  • Non permitir eventos de cubrir en DragArea

KDocTools

  • Apaño para MSVC e a carga de catálogos
  • Resolver un conflito de visibilidade de meinproc5 (fallo 379142)
  • Poñer outras variábeis de rutas entre comiñas (evitar problemas con espazos)
  • Poñer algunhas variábeis de rutas entre comiñas (evitar problemas con espazos)
  • Desactivar temporalmente a documentación local en Windows
  • FindDocBookXML4.cmake e FindDocBookXSL.cmake - buscar nas instalacións caseiras

KFileMetaData

  • fai que KArchive sexa opcional e non constrúe os extractores que o necesitan
  • corrixir o erro de compilación sobre símbolos duplicados con mingw en Windows

KGlobalAccel

  • build: Retirar a dependencia de KService

KI18n

  • corrixir a xestión de nomes base de ficheiros PO (fallo 379116)
  • Corrixir a preparación inicial de ki18n

KIconThemes

  • Non intentar crear iconas sen tamaño

KIO

  • KDirSortFilterProxyModel: recuperar a ordenación natural (fallo 343452)
  • Encher UDS_CREATION_TIME co valor de st_birthtime en FreeBSD
  • Escravo de HTTP: enviar unha páxina de erro tras un fallo de autorización (erro 373323)
  • kioexec: delegar o envío a un módulo de kded (fallo 370532)
  • Corrixir unha proba de interface gráfica de usuario de KDirlister que definía o esquema de URL dúas veces
  • Eliminar os módulos de kiod ao saír
  • Xerar un ficheiro moc_predefs.h para KIOCore (fallo 371721)
  • kioexec: corrixir a compatibilidade con --suggestedfilename

KNewStuff

  • Permitir varias categorías co mesmo nome
  • KNewStuff: Mostrar a información de tamaño de ficheiro no delegado de grade
  • Se se coñece o tamaño dunha entrada, mostralo na vista de lista
  • Rexistrar e declarar KNSCore::EntryInternal::List como un metatipo
  • Non caer pola opción. Entradas duplas? Non, por favor
  • sempre pechar o ficheiro descargado tras descargalo

Infraestrutura KPackage

  • Corrixir a ruta de inclusión en KF5PackageMacros.cmake
  • Ignorar avisos durante a xeración de appdata (fallo 378529)

KRunner

  • Modelo: Cambiar a categoría de modelo raíz a «Plasma»

KTextEditor

  • Integración de KAuth coa garda de documentación - vol. 2
  • Corrixir a aserción ao aplicar pregado de código que cambia a posición do cursor
  • Usar o elemento raíz non obsoleto <gui> no ficheiro ui.rc
  • Engadir scroll-bar-marks tamén á busca e substitución incluída
  • Integración de KAuth coa garda de documentos

KWayland

  • Validar que a superficie é válida ao enviar o evento de saída de TextInput

KWidgetsAddons

  • KNewPasswordWidget: non agochar a acción de visibilidade no modo de texto simple (fallo 378276)
  • KPasswordDialog: non ocultar a acción de visibilidade no modo de texto simple (fallo 378276)
  • Corrixir KActionSelectorPrivate::insertionIndex()

KXMLGUI

  • kcm_useraccount morreu, longa vida a user_manager
  • Construcións reproducíbeis: retirar a versión de XMLGUI_COMPILING_OS
  • Corrección: o nome DOCTYPE debe coincidir co tipo do elemento raíz
  • Corrixir un uso incorrecto de ANY en kpartgui.dtd
  • Usar o elemento raíz non obsoleto <gui>
  • Correccións da documentación da API: substituír 0 por nullptr ou retirar onde corresponda

NetworkManagerQt

  • Corrixir a quebra ao obter a lista de conexións activas (fallo 373993)
  • Definir o valor predeterminado de negociación automática baseado na versión de NM en execución

Iconas de Oxygen

  • Engadir unha icona de punto de acceso (https://github.com/KDAB/hotspot)
  • Aumentar o predeterminado das iconas de «Panel» a 48

Infraestrutura de Plasma

  • cargar de novo a icona cando usesPlasmaTheme cambie
  • Instalar a versión 3 dos compoñentes de Plasma para poder usalos
  • Introducir units.iconSizeHints.* para fornecer consellos de tamaño de icona que os usuarios poden configurar (fallo 378443)
  • [TextFieldStyle] Corrixir o erro de que textField non está definido
  • Actualizar o apaño de ungrabMouse para Qt 5.8
  • Impedir que Applet non cargue AppletInterface (fallo 377050)
  • Calendario: Usar o idioma correcto para os nomes de mes e día
  • Xerar os ficheiros plugins.qmltypes dos complementos que instalamos
  • se o usuario non definiu un tamaño implícito, mantelo

Solid

  • Engadir unha inclusión necesaria para msys2

Realce da sintaxe

  • Engadir a extensión de Arduino
  • LaTeX: Corrixir as terminacións incorrectas de comentarios \iffalse (fallo 378487)

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.34.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.34.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.34.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.34.0 das infraestruturas require Qt 5.6.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais