KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.31.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

11 de febreiro de 2017. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.31.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Xeral

Many modules now have python bindings.

Attica

  • Engadir compatibilidade con display_name (nome para mostrar) nas categorías

Iconas de Breeze

  • demasiados cambios de iconas para listalos aquí

Módulos adicionais de CMake

  • Activar -Wsuggest-override para g++ ≥ 5.0.0
  • Pasar -fno-operator-names cando se poida
  • ecm_add_app_icon: ignorar os ficheiros SVG silenciosamente cando non se permitan
  • API para outras linguaxes: Moitas correccións e melloras

Integración de infraestruturas

  • Permitir algunhas das preguntas de KNSCore usando notificacións

KArchive

  • Corrixir (a busca de) KCompressionDevice para que funcione con Qt ≥ 5.7

KAuth

  • Actualizar a meirande parte dos exemplos, retirar os obsoletos

KConfig

  • Corrixir a ligazón en Windows: non ligar kentrymaptest a KConfigCore

KConfigWidgets

  • Non facer nada en ShowMenubarActionFilter::updateAction se non hai barras de menú

KCoreAddons

  • Corrixir o fallo 363427 - hai caracteres inseguros analizados incorrectamente como parte do URL (fallo 363427)
  • kformat: Permitir traducir correctamente datas relativas (fallo 335106)
  • KAboutData: Documentar que o enderezo de correo electrónico do fallo tamén pode ser un URL

KDeclarative

  • [IconDialog] Definir os grupos de iconas correctos
  • [QuickViewSharedEngine] Usar setSize en vez de setWidth e setHeight

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Sincronizar co KDE4Defaults.cmake de kdelibs
  • Corrixir a comprobación de CMake HAVE_TRUNC

KEmoticons

  • KEmoticons: usar D-Bus para notificar aos procesos en execución sobre cambios feitos no KCM
  • KEmoticons: mellora significativa de rendemento

KIconThemes

  • KIconEngine: centrar a icona no rectángulo solicitado

KIO

  • Engadir KUrlRequester::setMimeTypeFilters
  • Corrixir a análise de listados de directorios nun servidor FTP específico (fallo 375610)
  • preservar o grupo e o dono ao copiar un ficheiro (fallo 103331)
  • KRun: marcar runUrl() como obsoleto en favor de runUrl() con RunFlags
  • kssl: Asegurarse de crear o directorio de certificados de usuario antes de usalo (fallo 342958)

KItemViews

  • Aplicar o filtro ao proxy de maneira inmediata

KNewStuff

  • Permitir adoptar recursos, principalmente para configuración do sistema
  • Non fallar ao mover o directorio temporal ao instalar
  • Marcar a clase de seguranza como obsoleta
  • Non bloquear ao executar a orde de post-instalación (fallo 375287)
  • [KNS] Ter en conta o tipo de distribución
  • Non preguntar se o ficheiro se obtén de /tmp

KNotification

  • Engadir de novo notificacións de rexistro a ficheiros (fallo 363138)
  • Marcar as notificacións non persistentes como transitorias
  • Engadir compatibilidade coas «accións predeterminadas»

Infraestrutura KPackage

  • Non xerar AppData se se marca como NoDisplay
  • Corrixir a lista cando a ruta solicitada é absoluta
  • corrixir a xestión de arquivos cun cartafol neles (fallo 374782)

KTextEditor

  • corrixir a renderización do minimapa en ambientes con HiDPI

KWidgetsAddons

  • Engadir métodos para agochar a acción de mostrar o contrasinal
  • KToolTipWidget: non facerse dono do trebello de contido
  • KToolTipWidget: agochar inmediatamente se o contido se destrúe
  • Corrixir a sobreposición de foco en KCollapsibleGroupBox
  • Corrixir un aviso ao destruír un KPixmapSequenceWidget
  • Instalar tamén cabeceiras adiantadas con MaiúsculasIniciais de clases de cabeceiras de varias clases
  • KFontRequester: atopar a coincidencia máis parecida dun tipo de letra que falte (fallo 286260)

KWindowSystem

  • Permitir que Tab se modifique con Maiús (fallo 368581)

KXMLGUI

  • Informador de fallos: permitir un URL (non só un enderezo de correo electrónico) para informes personalizados
  • Saltar atallos baleiros na comprobación de ambigüidade

Infraestrutura de Plasma

  • [Interface de contedor] values() non é necesario, contains() busca claves
  • Diálogo: agochar cando o foco cambia a ConfigView con hideOnWindowDeactivate
  • [PlasmaComponents Menu] Engadir a propiedade maximumWidth
  • Falta dunha icona ao conectarse a OpenVPN mediante unha rede Bluetooth (fallo 366165)
  • Asegurarse de mostrar un ListItem activado ao cubrilo
  • facer todas as alturas da cabeceira do calendario iguais (fallo 375318)
  • corrixir o estilo de cor na icona de Plasma de rede (fallo 373172)
  • Definir o wrapMode como Text.WrapAnywhere (fallo 375141)
  • actualizar a icona de KAlarm (fallo 362631)
  • pasar correctamente o estado dos miniaplicativos ao contedor (fallo 372062)
  • Usar KPlugin para cargar os complementos de Calendar
  • usar a cor de salientar para o texto seleccionado (fallo 374140)
  • [Elemento de icona] Arredondar o tamaño no que queremos cargar un mapa de píxeles
  • a propiedade de retrato non é relevante cando non hai texto (fallo 374815)
  • Corrixir as propiedades renderType de varios compoñentes

Solid

  • Corrixir un fallo de redondeo de obtención de propiedade de D-Bus (fallo 345871)
  • Tratar a falta de frase de paso como o erro Solid::UserCanceled

Sonnet

  • Engadiuse o ficheiro de datos de trigrama para grego
  • Corrixir o fallo de segmento na xeración de trigramas e expoñer a constante MAXGRAMS na cabeceira
  • Buscar un libhunspell.so sen versión, debería ser máis estábel

Realce da sintaxe

  • Salientado de C++: actualizar a Qt 5.8

Información de seguranza

The released code has been GPG-signed using the following key: pub rsa2048/58D0EE648A48B3BB 2016-09-05 David Faure <faure@kde.org> Primary key fingerprint: 53E6 B47B 45CE A3E0 D5B7 4577 58D0 EE64 8A48 B3BB


Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.31.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.31.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.31.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.31.0 das infraestruturas require Qt 5.6.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais