KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.3.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

7 de outubro de 2014. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.3.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

KActivities

  • Engadiuse unha interface de D-Bus para cargar complementos en tempo de execución

KArchive

  • Engadir o método de comodidade KArchive::file()
  • Correccións de compilación para MSVC

KBookmarks

  • Corrixir o problema de codificación do diálogo de lugares de KIO (fallo 337642)

KCMUtils

  • Corrixir o tamaño inicial de KCMultiDialog (fallos 337494, 325897)

KCompletion

  • Corrixiuse o consello de tamaño e colocación do botón de baleirar no botón do modo de DPI alto

KConfig

  • KConfigLoader: corrixir a compartición de obxectos de KSharedConfig

KConfigWidgets

  • Agora fornece os ficheiros kf5_entry.desktop que necesita para KLanguageButton

KCoreAddons

  • Kdelibs4Migration: permite ás distribucións definir KDE4_DEFAULT_HOME_POSTFIX para atopar de maneira axeitada o lugar onde está kde4.
  • Correccións de compilación para MSVC e gcc 4.5
  • Converter KFormat un Q_GADGET para que poidamos expoñer as súas propiedades a QML de maneira indirecta

KEmoticons

  • Engadir caracteres Unicode ao tema de emoticonas Glass

KGuiAddons

  • Facer que KFontUtils::adaptFontSize sexa un pouco máis exacto

KI18n

  • Retirar a dependencia de Perl que quedara atrás

KIO

  • Agora inclúe kio_trash
  • Engadir o novo traballo de KIO, KIO::fileSystemFreeSpace, que permite obter o espazo dispoñíbel total dun sistema de ficheiros.
  • kshorturifilter: Retirar barras inclinadas redundantes do principio dos URI
  • Engadir definicións de searchprovider para o motor de busca qwant
  • Diálogo de ficheiros: corrixir que as rutas relativas se convertan en URL HTTP
  • Corrixir as miniaturas de grupos de tipos MIME.

KJS

  • Codificar Math.Clz32
  • De U+0000 a U+001F non se permiten como carácter, senón como secuencia de Unicode escapada (fallo 338970)

KNotifications

  • Evitar unha recursividade infinita en KStatusNotifierItem e QSystemTray.

KService

  • Moitas correccións en KPluginInfo
  • Engadir funcións para converter entre listas KPluginMetaData e KPluginInfo

KTextEditor

  • Corrixíronse varias fugas de memoria
  • Evitar o completado automático para interferir co texto de buscar e substituír (fallo 339130), e máis correccións de completado automático
  • Moitas correccións do modo de VIM

KWidgetAddons

  • KPageListView: correccións para o modo de DPI alto
  • KPageWidget: correccións das marxes

KWindowSystem

  • Agora NETWinInfo fornece unha útil envoltura para WM_PROTOCOLS.
  • Agora NETWinInfo fornece unha útil envoltura para consellos de entrada e urxencia da propiedade WM_HINTS.

Solid

  • Nova infraestrutura de freedesktop, aínda non é a predeterminada pero substituirá as infraestruturas de upower, udev e systemd

Extra-cmake-modules

  • Novo módulo ECMGeneratePkgConfigFile, para que as infraestruturas instalen un ficheiro pkgconfig.
  • Nova opción ECM_ENABLE_SANITIZERS, para activar os desinfectadores de clang. Por exemplo: ECM_ENABLE_SANITIZERS='address;undefined'
  • Nova opción BUILD_COVERAGE para activar a cobertura de código.

Frameworkintegration

  • Corrixido para compilar con Qt 5.4
  • Corrixíronse algúns atallos estándar

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.3.0 das infraestruturas require Qt 5.2.

O código fonte completo da versión 5.3.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.3.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.3.0 das infraestruturas de KDE. Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais