KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.26.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Svenska | Українська

10 de setembro de 2016. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.26.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Attica

  • Engadir Qt5Network como dependencia pública

BluezQt

  • Corrixir o directorio de inclusión no ficheiro pri

Iconas de Breeze

  • Engadir definicións de prefixo de nome de espazo que faltaban
  • Comprobar que as iconas SVG están ben formadas
  • Corrixir todas as iconas de edit-clear-location-ltr (fallo 366519)
  • engadir unha icona para efectos de KWin
  • cambiar o nome de caps-on a input-caps-on
  • engadir iconas de maiúsculas para a entrada de texto
  • engadir algunhas iconas específicas de GNOME de Sadi58
  • engadir iconas de aplicación de gnastyle
  • Optimizáronse as iconas de Dolphin, Konsole e Umbrello para 16 px, 22 px e 32 px
  • Actualizar a icona de VLC para 22 px, 32 px e 48 px
  • Engadir unha icona de aplicación para Subtitle Composer
  • Corrixir a nova icona de Kleopatra
  • Engadiuse unha icona de aplicación para Kleopatra
  • Engadíronse iconas para Wine e Wine-qt
  • corrixir un fallo de palabra de presentación grazas a Sadi58 (fallo 358495)
  • engadir unha icona de system-log-out de 32 px
  • engadir iconas de sistema de 32 px, retirar iconas de sistema coloradas
  • engadir iconas para Pidgin e Banshee
  • retirar a icona de aplicación de VLC por un problema de licenza, engadir unha nova icona de VLC (fallo 366490)
  • Engadir compatibilidade coas iconas de gthumb
  • usar HighlightedText para as iconas de cartafoles
  • agora as iconas do cartafol de lugares usan a folla de estilos (cor de salientado)

Módulos adicionais de CMake

  • ecm_process_po_files_as_qm: Saltar as traducións difusas
  • O nivel predeterminado das categorías de rexistro debería ser Info (información) en vez de Warning (aviso)
  • Documentar a variábel ARGS nos destinos create-apk-*
  • Crear unha proba que valida a información de appstream dos proxectos

Ferramentas de Doxygen de KDE

  • Engadir a condición se as plataformas dos grupos non están definidos
  • Modelo: ordenar as plataformas alfabeticamente

KCodecs

  • Traer de kdelibs o ficheiro que se usa para xerar kentities.c

KConfig

  • Engadir unha entrada de Doar a KStandardShortcut

KConfigWidgets

  • Engadir a acción estándar de Doar

KDeclarative

  • [kpackagelauncherqml] Asumir que o nome do ficheiro de escritorio é o mesmo que o pluginId
  • Cargar a configuración de renderización de QtQuick dun ficheiro de configuración e definir a predeterminada
  • icondialog.cpp - corrección de compilador axeitada que non fai sombra a m_dialog
  • Corrixir unha quebra cando non hai ningún QApplication dispoñíbel
  • expoñer o dominio da tradución

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Corrixir un erro de compilación en Windows en kstyle.h

KDocTools

  • engadir rutas de configuración, caché e datos a general.entities
  • Sincronizado coa versión en inglés
  • Engadir as entidades de tecla Espazo e Meta a src/customization/en/user.entities

KFileMetaData

  • Só requirir Xattr se o sistema operativo é Linux
  • Restaurar a construción de Windows

KIdleTime

  • [xsync] XFlush en simulateUserActivity

KIO

  • KPropertiesDialog: retirar a nota de aviso da documentación, solucionouse o fallo
  • [programa de probas] resolver as rutas relativas usando QUrl::fromUserInput
  • KUrlRequester: corrixir a caixa de erro ao seleccionar un ficheiro e abrir de novo o diálogo de ficheiro
  • Fornecer unha reserva se os escravos non listan a entrada . (fallo 366795)
  • Corrixir a creación de ligazóns simbólicas polo protocolo «desktop»
  • KNewFileMenu: usar KIO::linkAs en vez de KIO::link ao crear ligazóns simbólicas
  • KFileWidget: corrixir unha «/» dupla nunha ruta
  • KUrlRequester: usar a sintaxe estática de connect(), era inconsistente
  • KUrlRequester: pasar window() como pai a QFileDialog
  • evitar chamar a connect(null, .....) desde KUrlComboRequester

KNewStuff

  • descomprimir os arquivos en subcartafoles
  • Deixar de permitir instalar no cartafol de datos xenérico por mor dun potencial problema de seguranza

KNotification

  • Obter a propiedade ProtocolVersion de StatusNotifierWatcher de maneira asíncrona

Infraestrutura de paquetes

  • silenciar os avisos de obsolescencia de contentHash

Kross

  • Reverter «Retirar dependencias innecesarias de KF5»

KTextEditor

  • retirar un conflito de aceleradores (fallo 363738)
  • corrixir o salientado de enderezo de correo electrónico en Doxygen (fallo 363186)
  • detectara algúns ficheiros JSON adicionais, como os nosos propios proxectos ;)
  • mellorar a detección de tipo MIME (fallo 357902)
  • Fallo 363280 - realce: c++: #if 1 #endif #if defined (A) aaa #elif defined (B) bbb #endif (fallo 363280)
  • Fallo 363280 - realce: c++: #if 1 #endif #if defined (A) aaa #elif defined (B) bbb #endif
  • Fallo 351496 - O pregado de Python non funciona ao escribir ao principio (fallo 351496)
  • Fallo 365171 - Realce de sintaxe de Python: non funciona correctamente para secuencias de escape (fallo 365171)
  • Fallo 344276 - o nowdoc de PHP non se prega correctamente (fallo 344276)
  • Fallo 359613 - Algunhas propiedades de CSS3 non están permitidas no realce de sintaxe (fallo 359613)
  • Fallo 367821 - sintaxe de wineHQ: a sección dun ficheiro de rexistro non se realza correctamente (fallo 367821)
  • Mellorar a xestión de ficheiros de intercambio se se indica un directorio de intercambio
  • Corrixir unha quebra ao cargar de novo documentos con liñas axustadas polo límite da lonxitude de liña (fallo 366493)
  • Corrixir quebras constantes relacionadas coa barra de ordes de vi (fallo 367786)
  • Corrección: agora os números de liña dos documentos impresos empezan en 1 (fallo 366579)
  • Facer unha copia de seguranza de ficheiros remotos: tamén tratar os ficheiros montados como ficheiros remotos
  • limpar a lóxica da creación da barra de busca
  • engadir salientado para Magma
  • Permitir unicamente un nivel de recursión
  • Corrixir o ficheiro de intercambio roto en Windows
  • Parche: engadir compatibilidade con bitbake para o motor de realce de sintaxe
  • chaves automáticas: ver o atributo de corrección ortográfica onde se escribiu o carácter (fallo 367539)
  • Salientar QMAKE_CFLAGS
  • Non retirar o contexto principal
  • Engadir algúns nomes de executábel habituais

KUnitConversion

  • Engadir a unidade de masa británica «pedra»

Infraestrutura de KWallet

  • Mover o docbook kwallet-query ao subdirectorio correcto
  • Corrección gramatical de inglés: an → one

KWayland

  • Facer linux/input.h opcional en tempo de compilación

KWidgetsAddons

  • Corrixir o fondo dos caracteres non BMP
  • Engadir busca de UTF-8 escapada en octal de C
  • Facer que o KMessageBoxDontAskAgainMemoryStorage predeterminado garde en QSettings

KXMLGUI

  • Migrar á acción estándar de doar
  • Deixar de usar a obsoleta authorizeKAction

Infraestrutura de Plasma

  • corrixir a icona de dispositivo de 22 px, a icona non funcionaba no ficheiro anterior
  • WindowThumbnail: facer as chamadas de GL no fío correcto (fallo 368066)
  • Facer que plasma_install_package funcione con KDE_INSTALL_DIRS_NO_DEPRECATED
  • engadir marxe e espazo á icona start.svgz
  • corrixir cousas da folla de estilos na icona de computador
  • engadir unha icona de computador e outra de portátil para Kicker (fallo 367816)
  • Corrixir o aviso de que non se pode asignar undefined a double en DayDelegate
  • corrixir que os ficheiros svgz de folla de estilos non están namorados de min
  • cambiar o nome das iconas de 22 px a 22-22-x e a das iconas de 32 px a x para Kicker
  • [TextField de PlasmaComponents] Non molestarse en cargar iconas de botóns que non se usan
  • Protección adicional en Containment::corona no caso especial de área de notificacións
  • Ao marcar un contedor como eliminado, marcar tamén todos os miniaplicativos subordinados como eliminados; corrixe que non se elimine a configuración dos contedores da área de notificacións
  • Corrixir a icona do notificador de dispositivos
  • engadir system-search a system nos tamaños 32 px e 22 px
  • engadir iconas monocroma a Kicker
  • Definir o esquema de cores na icona system-search
  • Mover system-search a system.svgz
  • Corrixir o «X-KDE-ParentApp» incorrecto ou non definido nas definicións dos ficheiros de escritorio
  • Corrixir a documentación da API de Plasma::PluginLoader: mestura de miniaplicativos, motores de datos, servizos, etc.
  • engadir unha icona de system-search para o tema de SDDM
  • engadir a icona 32px de Nepomuk
  • actualizar a icona de área táctil para a área de notificacións
  • Retirar código inútil
  • [ContainmentView] Mostrar paneis cando a interface de usuario estea lista
  • Non declarar a propiedade implicitHeight unha segunda vez
  • usar QQuickViewSharedEngine::setTranslationDomain (fallo 361513)
  • engadir as iconas de Breeze de Plasma de 22 px e 32 px
  • retirar as iconas de sistema coloradas e engadir as monocroma de 32 px
  • Engadir un botón opcional de mostrar o contrasinal en TextField
  • Os consellos estándar invértense nos idiomas con escrita de dereita a esquerda
  • Mellorouse en gran medida o rendemento ao cambiar de mes no calendario

Sonnet

  • Non cambiar os nomes de idioma a minúsculas na análise de trigramas
  • Corrixir unha quebra inmediata no inicio por mor dun punteiro de complemento nulo
  • Xestionar dicionarios sen nomes correctos
  • Substituír a lista manual de asociacións de linguaxes de script, usar os nomes correctos das linguaxes
  • Engadir unha ferramenta para xerar trigramas
  • Aquelar un pouco a detección de idioma
  • Usar os idiomas seleccionados como suxestión para a detección
  • Usar correctores ortográficos da caché na detección de idioma, mellorar un pouco o rendemento
  • Mellorar a detección de idioma
  • Filtrar as listas de suxestións segundo os dicionarios dispoñíbeis, retirar os duplicados
  • Lembrar engadir a coincidencia do último trigrama
  • Comprobar se algún dos trigramas coincidiu
  • Xestionar varios idiomas coa mesma puntuación no analizador de trigramas
  • Non comprobar o tamaño mínimo dúas veces
  • Limpar a lista de idiomas segundo os idiomas dispoñíbeis
  • Usar a mesma lonxitude mínima en toda a detección de idioma
  • Comprobar que o modelo cargado ten a cantidade correcta de trigramas para cada idioma

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.26.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.26.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.26.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.26.0 das infraestruturas require Qt 5.5.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais