KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.21.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

9 de abril de 2016. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.21.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Nova infraestrutura: KActivitiesStats, unha biblioteca para acceder aos datos de estatísticas de uso recollidos polo xestor de actividades de KDE.

Todas as infraestruturas

Agora requírese Qt ≥ 5.4, é dicir, xa non se fornece compatibilidade con Qt 5.3.

Attica

  • Engadir «const variant» a un método de obtención

Baloo

  • Centralizar o tamaño dos lotes na configuración
  • Retirar o código que bloquea a indexación de ficheiro text/plain sen extensión .txt (fallo 358098)
  • Comprobar tanto o nome de ficheiro como o contido para determinar o tipo MIME (fallo 353512)

BluezQt

  • ObexManager: Dividir as mensaxes de erro para obxectos que faltan

Iconas de Breeze

  • engadir iconas de Lokalize de Breeze
  • sincronizar as iconas de aplicativos entre Breeze e Breeze Escuro
  • actualizar as iconas do tema e retirar a icona application-system, corrixir os grupos de Kicker
  • engadir compatibilidade cos complementos XPI de Firefox (fallo 359913)
  • actualizar a icona de Okular á correcta
  • engadir compatibilidade coa icona de aplicativo de ktnef
  • engadir iconas de kmenueditor, kmouse e knotes
  • cambiar a icona de silencio do volume de son para usar - para silencio en vez de usar só cor vermella (fallo 360953)
  • engadir compatibilidade co tipo MIME de Djvu (fallo 360136)
  • engadir unha ligazón en vez de unha entrada dupla
  • engadir a icona ms-shortcut para gnucash (fallo 360776)
  • cambiar o fondo do escritorio ao xenérico
  • actualizar as iconas para usar un fondo de escritorio xenérico
  • engadir unha icona para Konqueror (fallo 360304)
  • engadir a icona process-working para animacións de progreso en KDE (fallo 360304)
  • engadir unha icona de instalar software e unha icona de actualizar software coa cor correcta
  • engadir iconas de emblemas de engadir e retirar para a selección de Dolphin, engadir unha icona de montar
  • Retirar a folla de estilo das iconas dos miniaplicativos analogclock e kickerdash
  • sincronizar os temas Breeze e Breeze Escuro (fallo 360294)

Módulos adicionais de CMake

  • Corrixir que _ecm_update_iconcache só actualice o lugar de instalación
  • Reverter «ECMQtDeclareLoggingCategory: Incluír <QDebug> co ficheiro xerado»

Integración de infraestruturas

  • Usar o código de standardIcon de QCommonStyle como reserva
  • Definir un tempo límite predeterminado de peche do menú

KActivities

  • Retiráronse comprobacións de compilador agora que todas as infraestruturas requiren c++11
  • Retirouse ResourceModel de QML xa que KAStats::ResultModel o superou
  • Inserir nun QFlatSet baleiro devolveu un iterador incorrecto

KCodecs

  • Simplificar o código (qCount → std::count, isprint caseiro → QChar::isPrint)
  • detección de codificación: corrixir a quebra por mal uso de isprint (fallo 357341)
  • Corrixir unha quebra debida a unha variábel sen inicializar (fallo 357341)

KCompletion

  • KCompletionBox: forzar unha xanela sen marco e non definir o foco
  • KCompletionBox *non* debería ser un consello

KConfig

  • Engadir a posibilidade de obter os lugares de QStandardPaths dentro de ficheiros de escritorio

KCoreAddons

  • Corrixir kcoreaddons_desktop_to_json() en Windows
  • src/lib/CMakeLists.txt - corrixir a ligazón cunha biblioteca de fíos
  • Engadir bosquexos para permitir a compilación en Android

KDBusAddons

  • Evitar examinar a interface de D-Bus cando non a usamos

KDeclarative

  • uso uniforme de std::numeric_limits
  • [DeclarativeDragArea] Non sobrepor o «texto» dos dados MIME

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Corrixir unha ligazón obsoleta no docbook de kdebugdialog5
  • Impedir fugas de Qt5::Network como bibliotecas necesarias para o resto de ConfigureChecks

KDESU

  • Definir os macros de funcionalidades para activar a construción co libc de musl

KEmoticons

  • KEmoticons: corrixir unha quebra cando loadProvider falla por algún motivo

KGlobalAccel

  • Permitir matar kglobalaccel5 de maneira axeitada, corrixindo un apagado moi lento

KI18n

  • Usar os idiomas de configuracións rexionais de sistema de Qt como reserva fóra de UNIX

KInit

  • Limpar e facer cambios internos na migración a XCB de KLauncher

KIO

  • FavIconsCache: sincronizar tras escribir para que outros aplicativos o vexan e para evitar unha quebra ao destruír
  • Corrixir moitos problemas de fíos en KUrlCompletion
  • Corrixir unha quebra no diálogo de cambio de nome (fallo 360488)
  • KOpenWithDialog: mellorar o texto do título e a descrición da xanela (fallo 359233)
  • Permitir despregar escravos de entrada e saída cunha mellor compatibilidade con varias plataformas incluíndo a información dos protocolos nos metadatos de complemento

KItemModels

  • KSelectionProxyModel: simplificar a xestión da retirada de filas, simplificar a lóxica de cancelación de selección
  • KSelectionProxyModel: Só crear de novo a asociación ao retirar cando se necesite (fallo 352369)
  • KSelectionProxyModel: só baleirar as asociacións de firstChild para a raíz
  • KSelectionProxyModel: asegurarse de que se usan os sinais correctos ao retirar o último seleccionado
  • Facer DynamicTreeModel buscábel por rol de visualización

KNewStuff

  • Non quebrar se faltan ficheiros .desktop ou hai ficheiros .desktop rotos

KNotification

  • Xestionar os clics co botón esquerdo en iconas antigas da área de notificacións (fallo 358589)
  • Só usar a marca X11BypassWindowManagerHint na plataforma X11

Infraestrutura de paquetes

  • Cargar os paquetes tras instalalos
  • non fallar se o paquete existe e está actualizado
  • Engadir Package::cryptographicHash(QCryptographicHash::Algorithm)

KPeople

  • Definir o URI de contacto como URI de persoa en PersonData cando non existe unha persoa
  • Definir o nome da conexión de base de datos

KRunner

  • Importar o modelo de executor de KAppTemplate

KService

  • Corrixir o novo aviso de kbuildsycoca cando in tipo MIME herda dunha referencia
  • Corrixir a xestión de x-scheme-handler/* en mimeapps.list
  • Corrixir a xestión de x-scheme-handler/* na análise de mimeapps.list (fallo 358159)

KTextEditor

  • Reverter «Páxina de configuración de abrir e gardar: Usar o termo «Cartafol» en vez de «Directorio»»
  • forzar UTF-8
  • Páxina de configuración de abrir e gardar: Usar o termo «Cartafol» en vez de «Directorio»
  • kateschemaconfig.cpp: usar os filtros correctos cos diálogos de abrir e gardar (fallo 343327)
  • c.xml: usar o estilo predeterminado para palabras clave de control de fluxo
  • isocpp.xml: usar o estilo predeterminado «dsControlFlow» para as palabras clave de control de fluxo
  • c/isocpp: engadir máis tipos estándar de C
  • KateRenderer::lineHeight() devolve un enteiro
  • impresión: usar o tamaño de letra do esquema de impresión seleccionado (fallo 356110)
  • aceleración de cmake.xml: Usar WordDetect en vez de RegExpr
  • Cambiar a anchura das tabulacións de 4 a 8
  • Corrixir o cambio de cor do número de liña actual
  • Corrixir a selección do elemento de completado co rato (fallo 307052)
  • Engadir salientado de sintaxe para gcode
  • Corrixir o pintado do fondo da selección de MiniMap
  • Corrixir a codificación de gap.xml (usar UTF-8)
  • Corrixir os bloques de comentarios aniñados (fallo 358692)

KWidgetsAddons

  • Ter en conta as marxes do contido ao calcular os consellos de tamaño

KXMLGUI

  • Corrixir a perda das accións conectadas nas barras de ferramentas de edición

NetworkManagerQt

  • ConnectionSettings: Límite de tempo de ping da inicialización da pasarela
  • Novos tipos de conexión TunSetting e Tun
  • Crear dispositivos para todos os tipos coñecidos

Iconas de Oxygen

  • Instalar index.theme no mesmo directorio no que estivo sempre
  • I)nstalar en oxygen/base/ para que as iconas movidas dos aplicativos non entren en conflito coa versión instalada por eses aplicativos
  • Replicar as ligazóns simbólicas de breeze-icons
  • Engadir novas iconas emblem-added e emblem-remove para sincronizar con Breeze

Infraestrutura de Plasma

  • [calendario] Corrixir que o miniaplicativo de calendario non baleire a selección ao agochar (fallo 360683)
  • actualizar a icona de son para usar a folla de estilos
  • actualizar a icona de silenciar o son (fallo 360953)
  • Corrixir a creación forzada de miniaplicativos cando Plasma é inmutábel
  • [Nodo esvaéndose] Non mesturar a opacidade por separado (fallo 355894)
  • [Svg] Non analizar de novo a configuración como resposta a Theme::applicationPaletteChanged
  • Dialog: definir os estados de SkipTaskbar e Pager antes de mostrar a xanela (fallo 332024)
  • Introducir de novo a propiedade busy en Applet
  • Asegurarse de que o ficheiro de exportación de PlasmaQuick se atopa correctamente
  • Non importar disposicións que non existen
  • Permitir que un miniaplicativo ofreza un obxecto de probas
  • Substituír QMenu::exec por QMenu::popup
  • FrameSvg: Corrixir os punteiros soltos en sharedFrames cando o tema cambia
  • IconItem: Planificar unha actualización de mapas de píxeles cando a xanela cambia
  • IconItem: animar o cambio de activo e activado incluso cando as animacións estean desactivadas
  • DaysModel: Converter «update» nunha rañura
  • [Elemento de icona] Non animar desde o mapa de píxeles anterior se era invisíbel
  • [Elemento de icona] Non chamar a loadPixmap en setColorGroup
  • [Miniaplicativo] Non sobrescribir a marca «Persistent» da notificación de desfacer
  • Permitir sobrepoñer a opción de mutabilidade de Plasma na creación do contedor
  • Engadir icon/titleChanged
  • Eliminar a dependencia de QtScript
  • A cabeceira de plasmaquick_export.h is está no cartafol plasmaquick
  • Instalar algunhas cabeceiras de plasmaquick

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.21.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.21.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.21.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.21.0 das infraestruturas require Qt 5.4.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais