KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.20.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

13 de marzo de 2016. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.20.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Iconas de Breeze

  • Moitas iconas novas
  • Engadir iconas de tipo MIME de VirtualBox e outros tipos MIME que faltaban
  • Engadir iconas para Synaptic e Octopi
  • Corrixir a icona de cortar (fallo 354061)
  • Corrixir o nome de audio-headphones.svg (+=d)
  • Iconas de puntuación cunha marxe máis pequena (1px)

Integración de infraestruturas

  • Retirar posíbeis nomes de ficheiro de KDEPlatformFileDialog::setDirectory()
  • Non filtrar por nome se tempos tipos MIME

KActivities

  • Retirar a dependencia de Qt5::Widgets
  • Retirar a dependencia de KDBusAddons
  • Retirar a dependencia de KI18n
  • Retirar inclusións sen usar
  • Mellorouse a saída dos scripts de intérprete de ordes
  • Engadiuse o modelo de datos (ActivitiesModel) que mostra as actividades á biblioteca
  • Construír unicamente a biblioteca de maneira predeterminada
  • Retirar os compoñentes de servizo e espazo de traballo da construción
  • Mover a biblioteca de src/lib/core a src/lib
  • Corrixir un aviso de CMake
  • Corrixir unha quebra no menú contextual das actividades (fallo 351485)

KAuth

  • Corrixir un bloqueo indefinido de kded5 cando se sae dun programa que usa KAuth

KConfig

  • KConfigIniBackend: Corrixir unha separación na busca que require moitos recursos

KCoreAddons

  • Corrixir a migración da configuración de Kdelibs4 en Windows
  • Engadir unha API para obter a información de versión das infraestruturas en tempo de execución
  • KRandom: Non usar ata 16 K de /dev/urandom como semente para rand() (fallo 359485)

KDeclarative

  • Non chamar a un punteiro nulo de obxecto (fallo 347962)

KDED

  • Permitir compilar como -DQT_NO_CAST_FROM_ASCII

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Corrixir a xestión de sesións en aplicacións baseadas en KApplication (fallo 354724)

KDocTools

  • Usar caracteres Unicode nas caixas de mensaxe

KFileMetaData

  • Agora KFileMetadata pode consultar e almacenar información sobre a mensaxe de correo electrónico orixinal da que un ficheiro gardado puido ser un anexo

KHTML

  • Corrixir a actualización de cursor na vista
  • Limitar o uso de memoria das cadeas
  • Visor de miniaplicativos de Java de KHTML: reparar unha chamada rota de D-Bus a kpasswdserver

KI18n

  • Usar un macro de nl_msg_cat_cntr compatíbel con varias plataformas
  • Saltar a busca de . e .. para atopar as traducións dunha aplicación
  • Restrinxir o uso de _nl_msg_cat_cntr a código de GNU gettext
  • Engadir KLocalizedString::languages()
  • Colocar as chamadas de Gettext só se se atopou o catálogo

KIconThemes

  • Asegurarse de que a variábel se preparar

KInit

  • kdeinit: Preferir cargar bibliotecas de RUNPATH
  • Completar «Tarefa de Qt5: usar QUrl::fromStringList»

KIO

  • Corrixir que a conexión entre aplicación e escravo de KIO rompa se appName contén un «/» (fallo 357499)
  • Intentar varios métodos de autenticación en caso de fallos
  • axuda: corrixir mimeType() en get()
  • KOpenWithDialog: mostrar o nome e o comentario de tipo MIME no texto da caixa para marcar de «Lembrar» (fallo 110146)
  • Unha serie de cambios para evitar unha nova lista de directorios tras un cambio de nome de ficheiro en máis casos (fallo 359596)
  • http: cambiar o nome de m_iError a m_kioError
  • kio_http: ler e descartar o corpo tras un 404 con errorPage=false
  • kio_http: corrixir a determinación de tipo MIME cando o URL remata en «/»
  • FavIconRequestJob: engadir o accesor hostUrl() para que Konqueror poida descubrir para que era o traballo desde a rañura
  • FavIconRequestJob: corrixir que os traballos se queden colgados ao interromperse por ter un favicon demasiado grande
  • FavIconRequestJob: corrixir errorString(), só tiña o URL
  • KIO::RenameDialog: restaurar a funcionalidade de vista previa, engadir etiquetas de data e tamaño (fallo 356278)
  • KIO::RenameDialog: facer cambios internos en código duplicado
  • Corrixir conversións incorrectas de ruta a QUrl
  • Usar kf5.kio no nome de categoría para que coincida con outras categorías

KItemModels

  • KLinkItemSelectionModel: Engadir un novo construtor predeterminado
  • KLinkItemSelectionModel: permitir definir o modelo da selección ligada
  • KLinkItemSelectionModel: xestionar cambios do modelo selectionModel
  • KLinkItemSelectionModel: non almacenar o modelo localmente
  • KSelectionProxyModel: Corrixir un fallo de iteración
  • Restabelecer o estado de KSelectionProxyModel cando se necesite
  • Engadir unha propiedade que indique se os modelos forman unha cadea conectada
  • KModelIndexProxyMapper: simplificar a lóxica da comprobación de conectado

KJS

  • Limitar o uso de memoria das cadeas

KNewStuff

  • Mostrar un aviso se hai un erro en Engine

Infraestrutura de paquetes

  • Permitir que KDocTools siga sendo opcional en KPackage

KPeople

  • Corrixir un uso obsoleto da API
  • Engadir actionType ao complemento declarativo
  • Inverter a lóxica de filtrado en PersonsSortFilterProxyModel
  • Facer algo máis útil o exemplo de QML
  • Engadir actionType a PersonActionsModel

KService

  • Simplificar o código, reducir as resolucións de punteiros, melloras relacionadas cos contedores
  • Engadir o programa de probas kmimeassociations_dumper, inspirado no fallo 359850
  • Corrixir que as aplicacións Chromium e Wine non cargasen nalgunhas distribucións (fallo 213972)

KTextEditor

  • Corrixir o salientado de todas as aparicións en ReadOnlyPart
  • Non iterar por unha QString como se fose unha QStringList
  • Preparar obxectos QMap estáticos correctamente
  • Preferir toDisplayString(QUrl::PreferLocalFile)
  • Permitir o envío de caracteres substitutos desde o método de entrada
  • Non quebrar ao apagar cando a animación de texto continúa

Infraestrutura de KWallet

  • Asegurarse de que se busca KDocTools
  • Non pasar un número negativo a D-Bus, asevérase en libdbus
  • Limpar os ficheiros de CMake
  • KWallet::openWallet(Synchronous): non usar 25 segundos como tempo máximo

KWindowSystem

  • permitir _NET_WM_BYPASS_COMPOSITOR (fallo 349910)

KXMLGUI

  • Usar o nome de idioma non nativo como reserva
  • Corrixir a xestión de sesións que estaba rota desde KF5 e Qt5 (fallo 354724)
  • Esquemas de atallos: permitir esquemas instalados globalmente
  • Usar qHash(QKeySequence) de Qt ao construír con Qt ≥ 5.6
  • Esquemas de atallos: corrixir un fallo polo que dous KXMLGUIClient co mesmo nome sobrescríbense o ficheiro de esquema do outro
  • kxmlguiwindowtest: engadir o diálogo de atallos para probar o editor de esquemas de atallos
  • Esquemas de atallos: mellorar a facilidade de uso cambiando os textos na interface gráfica de usuario
  • Esquemas de atallos: mellorar o selector da lista de esquemas (tamaño automático, non baleirar en caso de esquema descoñecido)
  • Esquemas de atallos: non prefixar o nome de ficheiro co nome do cliente de interface gráfica de usuario
  • Esquemas de atallos: crear o directorio ates de intentar crear un novo esquema de atallos
  • Esquemas de atallos: restaurar a marxe da disposición, senón ten un aspecto moi barulleiro
  • Corrixir unha fuga de memoria no gancho de preparación de KXmlGui

Infraestrutura de Plasma

  • IconItem: non sobrescribir a fonte ao usar QIcon::name()
  • ContainmentInterface: Corrixir o uso de right() e bottom() de QRect
  • Retirar unha ruta de código esencialmente duplicada para xestionar QPixmaps
  • Engadir documentación da API para IconItem
  • Corrixir a folla de estilos (fallo 359345)
  • Non borrar a máscara de xanela en cada cambio de xeometría cando os efectos de escritorio están activados e non se definiu ningunha máscara
  • Applet: non quebrar ao retirar o panel (fallo 345723)
  • Tema: Descartar a caché de mapas de píxeles ao cambiar de tema (fallo 359924)
  • IconItemTest: Saltar cando grabToImage falla
  • IconItem: Corrixir o cambio de cor das iconas SVG que se cargan dun tema de iconas
  • Corrixir a resolución de iconPath de SVG en IconItem
  • Se se pasa a ruta, coller a cola (fallo 359902)
  • Engadir as propiedades configurationRequired e reason
  • Mover contextualActionsAboutToShow a Applet
  • ScrollViewStyle: non usar as marxes do elemento escintilante
  • DataContainer: Corrixir as comprobacións de rañura antes de connect e disconnect
  • ToolTip: evitar que se produzan varios cambios de xeometría mentres se cambia o contido
  • SvgItem: Non usar Plasma::Theme desde o fío de renderización
  • AppletQuickItem: Corrixir atopar a disposición anexada propia (fallo 358849)
  • Expansor máis pequeno para a barra de tarefas
  • Consello: deixar de mostrar o temporizador se se chama a hideTooltip (fallo 358894)
  • Desactivar a animacións de iconas nos consellos de Plasma
  • Retirar as animacións dos consellos
  • O tema predeterminado respecta o esquema de cores
  • Corrixir que IconItem non cargue iconas non de tema con nome (fallo 359388)
  • Preferir contedores distintos de escritorios en containmentAt()
  • WindowThumbnail: Descartar o mapa de píxeles de glx en stopRedirecting() (fallo 357895)
  • Retirar o filtro vello de miniaplicativos
  • ToolButtonStyle: Non depender dun identificador externo
  • Non asumir que atopamos unha coroa (fallo 359026)
  • Calendario: engadir botóns axeitados de atrás e adiante e un botón de «Hoxe» (fallos 336124, 348362, 358536)

Sonnet

  • Non desactivar a detección de idioma simplemente porque se definise un idioma
  • Desactivar de maneira predeterminada a desactivación automática da corrección ortográfica automática
  • Corrixir TextBreaks
  • Corrixir que ás rutas de busca de dicionario de Hunspell lles faltase «/» (fallo 359866)
  • Engadir <directorio da aplicación>/../share/hunspell á ruta de busca de dicionarios

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.20.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.20.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.20.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.20.0 das infraestruturas require Qt 5.3.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais