KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.2.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Hungarian | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

12 de setembro de 2014. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.2.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Novo nesta versión

KActivities

  • Reescribir o complemento de elemento de ficheiro para ligar ficheiros a actividades

KArchive

  • corrixir a xestión de ficheiros sen comprimir

KConfigWidgets

  • corrixir os atallos predeterminados que faltaban para accións estándar, o que leva a moitos avisos en tempo de execución
  • mellor compatibilidade con QGroupBox en KConfigDialogManager

KCoreAddons

  • Marcar KAboutData::setProgramIconName() como obsoleto, non facía nada. Úsese QApplication::setWindowIcon(QIcon::fromTheme("…")) no seu lugar.
  • novas clases: Kdelibs4ConfigMigrator e KPluginMetaData

KDeclarative

  • engadiuse o compoñente org.kde.kio.

KImageFormats

  • desactivar os complementos de DDS e JPEG-2000 cando a versión de Qt é 5.3 ou unha versión posterior

KIO

  • agora cumpre coa especificación de aplicacións MIME, para interactuar mellor con gio no que se refire ás aplicacións predeterminadas e preferidas dos usuarios.
  • novas clases: EmptyTrashJob e RestoreJob.
  • novas funcións: isClipboardDataCut e setClipboardDataCut.

KNewStuff

  • instalar cousas funciona de novo (fallo de migración)

KWidgetsAddons

  • nova clase: KColumnResizer (facilita aliñar trebellos verticalmente estando en distintos grupos)

KWindowSystem

  • Novo método: method KWindowSystem::setOnActivities

KXmlGui

  • Agora KActionCollection::setDefaultShortcuts tamén activa o atallo, para simplificar o código das aplicacións.

Threadweaver

  • Agora o número máximo de traballadores reducirase ao definirse un valor máis baixo unha vez xa se crearon.
  • Inclúense os exemplos do repositorio de GitHub ThreadWeaverDemos no repositorio de ThreadWeaver de KF5.
  • Agora o número máximo de traballadores pode poñerse a 0 (o mínimo anterior era 1). Facelo deterá o procesamento da cola.
  • A documentación de varios aspectos do uso de ThreadWeaver convértese en parte do libro de cociña das infraestruturas de KDE. Parte diso está situada no directorio «examples/».

Cambios do sistema de construción

  • Posibilidade de indicar un directorio de libexec relativo.

Frameworkintegration

  • agora o diálogo de ficheiros lembra o seu tamaño correctamente, e funciona mellor cos URL remotos.

Primeiros pasos

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build.

A versión 5.2.0 das infraestruturas require Qt 5.2. Forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais