KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.19.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

13 de febreiro de 2016. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.19.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 70 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Attica

  • Simplificar a busca e inicialización de complementos de Attica

Iconas de Breeze

  • Moitas iconas novas
  • Engadir iconas de tipos MIME que faltaban do conxunto de iconas de Oxygen

Módulos adicionais de CMake

  • ECMAddAppIcon: Usar unha ruta absoluta ao operar sobre iconas
  • Asegurarse de que o prefixo se busca en Android
  • Engadir un módulo de FindPoppler
  • Usar PATH_SUFFIXES en ecm_find_package_handle_library_components()

KActivities

  • Non chamar a exec() desde QML (fallo 357435)
  • Agora a biblioteca KActivitiesStats está nun repositorio aparte

KAuth

  • Realizar preAuthAction tamén para infraestruturas con AuthorizeFromHelperCapability
  • Corrixir o nome do servizo de D-Bus do axente de Polkit

KCMUtils

  • Corrixir un problema con DPI alto en KCMUtils

KCompletion

  • O método KLineEdit::setUrlDropsEnabled non se pode marcar como obsoleto

KConfigWidgets

  • engadir un esquema de cores «Complementario» a KColorScheme

KCrash

  • Actualizar a documentación de KCrash::initialize. Anímase aos desenvolvedores de aplicativos a chamalo de maneira explícita.

KDeclarative

  • Limpar as dependencias de KDeclarative e QuickAddons
  • [KWindowSystemProxy] Engadir un obtedor para showingDesktop
  • DropArea: Corrixir que se ignore correctamente o evento dragEnter con preventStealing
  • DragArea: Crear un elemento de delegado de recoller
  • DragDropEvent: Engadir a función ignore()

KDED

  • Reverter o apaño de BlockingQueuedConnection, Qt 5.6 incluirá unha corrección mellor
  • Facer que kded se rexistre cos nomes alternativos indicados polos módulos de kded

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • kdelibs4support require kded (para kdedmodule.desktop)

KFileMetaData

  • Permitir consultar o URL de orixe dun ficheiro

KGlobalAccel

  • Evitar unha quebra cando D-Bus on está dispoñíbel

Complementos de interface gráfica de usuario de KDE

  • Corrixir a lista de paletas dispoñíbeis no diálogo de cores

KHTML

  • Corrixir a detección do tipo de ligazón de icona («favicon»)

KI18n

  • Reducir o uso da API de gettext

KImageFormats

  • Engadir os complementos de imageio kra e ora imageio (só lectura)

KInit

  • Ignorar o porto de vista no escritorio actual na información de inicio de inicialización
  • Migrar klauncher a xcb
  • Usar un xcb para interactuar con KStartupInfo

KIO

  • Nova clase FavIconRequestJob na nova biblioteca KIOGui, para a obtención de favicons
  • Corrixir a quebra de KDirListerCache con dous listadores para un directorio baleiro na caché (fallo 278431)
  • Facer que o código para Windows de KIO::stat para o protocolo file:/ saia con error se o ficheiro non existe
  • Non asumir que os ficheiros dun directorio de só lectura non se poden eliminar en Windows
  • Corrixir o ficheiro .pri para KIOWidgets: depende de KIOCore, non del mesmo
  • Reparar a carga automática de kcookiejar, os valores intercambiáronse en 6db255388532a4
  • Permitir acceder a kcookiejar desde o nome de servizo de D-Bus org.kde.kcookiejar5
  • kssld: instalar un ficheiro de servizo de D-Bus para org.kde.kssld5
  • Fornecer un ficheiro de servizo de D-Bus para org.kde.kpasswdserver
  • [kio_ftp] corrixir a visualización da data e hora de modificación dos ficheiros e dos directorios (fallo 354597)
  • [kio_help] corrixir o lixo que se enviaba ao servir ficheiros estáticos
  • [kio_http] Intentar a autenticación NTLMv2 se o servidor rexeita NTLMv1
  • [kio_http] corrixir fallos de migración que romperon a caché
  • [kio_http] Corrixir a creación de resposta de fase 3 de NTLMv2
  • [kio_http] corrixir que se esperase ata que o limpador da caché escoitase o sócket
  • kio_http_cache_cleaner: non saír no inicio se o directorio da caché aínda non existe
  • Cambiar o nome de D-Bus de kio_http_cache_cleaner para que non saia se o de kde4 está en execución

KItemModels

  • KRecursiveFilterProxyModel::match: Corrixir unha quebra

KJobWidgets

  • Corrixir unha quebra nos diálogos de KJob (fallo 346215)

Infraestrutura de paquetes

  • Evitar atopar o mesmo paquete varias veces desde distintas rutas

KParts

  • PartManager: deixar de facer seguimento ao trebello incluso se xa non é raíz (fallo 355711)

KTextEditor

  • Un comportamento mellor para a funcionalidade de chaves automáticas «inserir chaves arredor»
  • Cambiar a clave da opción para forzar un novo valor predeterminado, nova liña ao final do ficheiro = verdadeiro
  • Retirar algunhas chamadas sospeitosas a setUpdatesEnabled (fallo 353088)
  • Atrasar a emisión de verticalScrollPositionChanged ata que todo sexa consistente para pregar (fallo 342512)
  • Parche que actualiza a substitución de etiquetas (fallo 330634)
  • Só actualizar a paleta unha vez para o evento de cambio que pertence a qApp (fallo 358526)
  • Engadir saltos de liña ao final do ficheiro de maneira predeterminada
  • Engadir un ficheiro de salientado de sintaxe de NSIS

Infraestrutura de KWallet

  • Duplicar o descritor de ficheiro ao abrir o ficheiro para ler o ambiente

KWidgetsAddons

  • Corrixir o funcionamento dos trebellos de amigo con KFontRequester
  • KNewPasswordDialog: usar KMessageWidget
  • Evitar unha quebra ao saír en KSelectAction::~KSelectAction

KWindowSystem

  • Cambiar a cabeceira da licenza de «Biblioteca GPL 2 ou posterior» a «GPL Menor 2.1 ou posterior»
  • Corrixir unha quebra se se chama a KWindowSystem::mapViewport sen unha QCoreApplication
  • Gardar QX11Info::appRootWindow na caché en eventFilter (fallo 356479)
  • Retirar a dependencia de QApplication (fallo 354811)

KXMLGUI

  • Engadir unha opción para desactivar KGlobalAccel en tempo de compilación
  • Reparar a ruta do esquema de atallo de aplicativo
  • Corrixir a lista de ficheiros de atallo (uso incorrecto de QDir)

NetworkManagerQt

  • Comprobar de novo o estado da conexión e outras propiedades para asegurarse de que son os reais (versión 2) (fallo 352326)

Iconas de Oxygen

  • Retirar ficheiros ligados rotos
  • Engadir iconas dos aplicativos de KDE
  • Engadir iconas de lugares de Breeze a Oxygen
  • Sincronizas as iconas de tipos MIME de Oxygen coas de Breeze

Infraestrutura de Plasma

  • Engadir a propiedade «separatorVisible»
  • Retirada máis explícita de m_appletInterfaces (fallo 358551)
  • Usar complementaryColorScheme de KColorScheme
  • AppletQuickItem: non intentar definir un tamaño inicial máis grande que o do pai (fallo 358200)
  • IconItem: Engadir a propiedade usesPlasmaTheme
  • Non cargar a caixa de ferramenta en tipos que non sexan escritorio ou panel
  • IconItem: Intentar cargar as iconas de QIcon::fromTheme como SVG (fallo 353358)
  • Ignorar a comprobación se só unha parte do tamaño é cero en compactRepresentationCheck (fallo 358039)
  • [Unidades] Devolver polo menos 1 ms de duración (fallo 357532)
  • Engadir clearActions() para retirar todas as accións de interface de miniaplicativo
  • [plasmaquick/dialog] Non usar KWindowEffects para o tipo de xanela Notification
  • Marcar Applet::loadPlasmoid() como obsoleto
  • [DataModel de PlasmaCore] Non restabelecer o modelo ao retirarse unha fonte
  • Corrixir os consellos das marxes en SVG de fondo de panel opaco
  • IconItem: Engadir a propiedade «animated»
  • [Unity] Axustar o tamaño das iconas do escritorio
  • o botón é compose-over-borders
  • paintedWidth e paintedheight para IconItem

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.19.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.19.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.19.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.19.0 das infraestruturas require Qt 5.3.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais