KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.18.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Galician | Nederlands | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

9 de xaneiro de 2016. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.18.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Baloo

  • Corrixir varios problemas de busca relacionados coa hora de modificación
  • Iter de PostingDB: Non asegurarse de que MDB_NOTFOUND é verdadeiro
  • Balooctl status: evitar mostrar «Indexación de contidos» sobre cartafoles
  • StatusCommand: Mostrar o estado correcto dos cartafoles
  • SearchStore: Xestionar correctamente valores de termo baleiros (fallo 356176)

Iconas de Breeze

  • actualizacións e engadidos de iconas
  • Iconas de estado de 22 px de tamaño tamén para 32 px xa que se necesitan na área de notificacións
  • Cambiouse o valor de fixo a adaptábel nos cartafoles de 32 px de «Breeze escuro»

Módulos adicionais de CMake

  • Facer global o módulo de CMake de KAppTemplate
  • Silenciar os avisos de CMP0063 con KDECompilerSettings
  • ECMQtDeclareLoggingCategory: Incluír <QDebug> co ficheiro xerado
  • Corrixir avisos CMP0054

KActivities

  • Simplificouse a carga de QML para KCM (fallo 356832)
  • Solución temporal para o fallo de SQL de Qt que non limpa as conexións correctamente (fallo 348194)
  • Fusionouse un complemento que executa aplicativos ao cambiar o estado da actividade
  • Migrar de KService a KPluginLoader
  • Migrar os complementos ao uso de kcoreaddons_desktop_to_json()

KBookmarks

  • Inicializar completamente o valor de devolución de DynMenuInfo

KCMUtils

  • KPluginSelector::addPlugins: corrixir a aserción de se o parámetro «config» é o predeterminado (fallo 352471)

KCodecs

  • Evitar desbordar deliberadamente un búfer completo

KConfig

  • Asegurarse de que o grupo se desescapa correctamente en kconf_update

KCoreAddons

  • Engadir KAboutData::fromPluginMetaData(const KPluginMetaData &plugin)
  • Engadir KPluginMetaData::copyrightText(), extraInformation() e otherContributors()
  • Engadir KPluginMetaData::translators() e KAboutPerson::fromJson()
  • Corrixir use-after-free no analizador de ficheiros de escritorio
  • Permitir construír KPluginMetaData a partir dunha ruta JSON
  • desktoptojson: facer que a falta dun ficheiro de tipo de servizo sexa un erro para o binario
  • converter nun erro chamar a kcoreaddons_add_plugin sen SOURCES

KDBusAddons

  • Adaptar ao dbus-in-secondary-thread de Qt 5.6

KDeclarative

  • [DragArea] Engadir a propiedade dragActive
  • [KQuickControlsAddons MimeDatabase] Expoñer o comentario de QMimeType

KDED

  • kded: adaptar ao D-Bus con fíos de Qt 5.6: o messageFilter debe causar a carga de módulos no fío principal

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • kdelibs4support require kded (para kdedmodule.desktop)
  • Corrixir un aviso de CMP0064 definindo a política CMP0054 como NEW (nova)
  • Non exportar símbolos que tamén existen en KWidgetsAddons

KDESU

  • Non deixar fd en memoria ao crear un sócket

KHTML

  • Windows: retirar a dependencia de kdewin

KI18n

  • Documentar a regra do primeiro argumento para plurais en QML
  • Reducir os cambios de tipo non desexados
  • Permitir usar valores «double» como índice para as chamadas i18np*() en QML

KIO

  • Corrixir kiod de cara ao D-Bus con fíos de Qt 5.6: messageFilter ten que agardar ata que se cargue o módulo para devolver
  • Cambiar o código de erro ao pegar ou mover dentro dun subdirectorio
  • Corrixir un problema de bloqueo de emptyTrash
  • Corrixir o botón incorrecto en KUrlNavigator para URL remotos
  • KUrlComboBox: corrixir a devolución dunha ruta absoluta desde urls()
  • kiod: desactivar a xestión de sesións
  • Engadir completado automático da entrada «.» que ofrece todos os ficheiros e cartafoles agochados* (fallo 354981)
  • ktelnetservice: corrixir a comprobación de que en argc hai un desprazamento de un, parche de Steven Bromley

KNotification

  • [Notificar mediante xanela emerxente] Enviar tamén o identificador do evento
  • Definir un motivo predeterminado non baleiro para a inhibición do salvapantallas (fallo 334525)
  • Engadir un consello para saltar o agrupamento de notificacións (fallo 356653)

KNotifyConfig

  • [KNotifyConfigWidget] Permitir seleccionar un evento concreto

Infraestrutura de paquetes

  • Permitir fornecer os metadatos en JSON

KPeople

  • Corrixir unha posíbel eliminación dupla en DeclarativePersonData

KTextEditor

  • Realce de sintaxe para pli: engadíronse funcións incluídas e rexións despregábeis

Infraestrutura de KWallet

  • kwalletd: Corrixir unha fuga de FILE*

KWindowSystem

  • Engadir unha variante de xcb para métodos estáticos KStartupInfo::sendFoo

NetworkManagerQt

  • facer que funcione con versións anteriores de NM

Infraestrutura de Plasma

  • [ToolButtonStyle] Indicar sempre activeFocus
  • Usar a marca SkipGrouping para a notificación «eliminouse un trebello» (fallo 356653)
  • Xestionar correctamente as ligazóns simbólicas nas rutas de paquetes
  • Engadir HiddenStatus para que os plasmoides poidan agocharse
  • Deixar de redirixir xanelas cando o elemento está desactivado ou agochado. (fallo 356938)
  • Non emitir statusChanged se non cambiou
  • Corrixir os identificadores de elementos para orientación oriental
  • Contedor: non emitir appletCreated cun miniaplicativo nulo (fallo 356428)
  • [Containment Interface] Corrixir un desprazamento errático de alta precisión
  • Ler a propiedade X-Plasma-ComponentTypes de KPluginMetada como unha lista de cadeas
  • [Miniaturas de xanela] Non quebrar se a composición está desactivada
  • Permitir que os contedores sobrepoñan CompactApplet.qml

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.18.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.18.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.18.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.18.0 das infraestruturas require Qt 5.3.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais