KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.13.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

12 de agosto de 2015. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.13.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Novas infraestruturas

  • KFileMetadata: biblioteca de metados de ficheiros e extracción
  • Baloo: infraestrutura de indexación e busca

Cambios que afectan a todas as infraestruturas

  • O requisito de versión de Qt aumentouse de 5.2 a 5.3
  • A saída de depuración migrouse a saída con categoría, para reducir o ruído de maneira predeterminada
  • Revisouse e actualizouse a documentación de Docbook

Integración de infraestruturas

  • Corrixir unha quebra no diálogo de ficheiros de só directorios
  • Non usar options()->initialDirectory() para Qt < 5.4

Ferramentas de Doxygen de KDE

  • Engadir páxinas de manual para scripts de kapidox e actualizar a información do mantedor en setup.py

KBookmarks

  • KBookmarkManager: usar KDirWatch en vez de QFileSystemWatcher para detectar a creación de user-places.xbel.

KCompletion

  • Correccións de HiDPI para KLineEdit e KComboBox
  • KLineEdit: Non permitir ao usuario eliminar texto cando a liña de edición é de só lectura

KConfig

  • Non recomendar usar unha API obsoleta
  • Non xerar código obsoleto

KCoreAddons

  • Engadir Kdelibs4Migration::kdeHome() para casos que os recursos non satisfagan
  • Corrixir un aviso de tr()
  • Corrixir a construción de KCoreAddons con Clang en ARM

KDBusAddons

  • KDBusService: documentar como elevar a xanela activa en Activate()

KDeclarative

  • Corrixir unha chamada obsoleta a KRun::run
  • O mesmo comportamento que MouseArea para asociar coordenadas con eventos subordinados filtrados
  • Detectar a icona de cara inicial que se crea
  • Non actualizar a xanela enteira cando se renderiza o gráfico (fallo 348385)
  • engadir a propiedade de contexto userPaths
  • Xestionar correctamente un QIconItem baleiro

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • kconfig_compiler_kf5 moveuse a libexec, usar kreadconfig5 no seu lugar para a proba de findExe
  • Documentar as substitucións (subóptimas) de KApplication::disableSessionManagement

KDocTools

  • cambiar unha oración sobre informar de fallos, recoñecido por dfaure
  • adaptar o user.entities alemán a en/user.entities
  • Actualizar general.entities: cambiar as etiquetas das infraestruturas e Plasma dos aplicativos ao nome do produto
  • Actualizar en/user.entities
  • Actualizar os modelos de libro e páxina de manual
  • Usar CMAKE_MODULE_PATH en cmake_install.cmake
  • ERRO: 350799 (fallo 350799)
  • Actualizar general.entities
  • Buscar os módulos de Perl necesarios
  • Engadir un espazo de nomes a un macro de asistencia no ficheiro de macros instalado.
  • Adaptáronse traducións de nomes clave a traducións estándar fornecidas por Termcat

KEmoticons

  • Instalar o tema Breeze
  • Kemoticons: facer as emoticonas de Breeze estándar en vez de Glass
  • Paquete de emoticonas de Breeze feito por Uri Herrera

KHTML

  • Permitir usar KHtml sen buscar dependencias privadas

KIconThemes

  • Retirar asignacións temporais de cadeas
  • Retirar a entrada de depuración da árbore de temas

KIdleTime

  • As cabeceiras privadas de complementos de plataformas instálanse.

KIO

  • Retirar envoltorios QUrl innecesarios

KItemModels

  • Novo proxy: KExtraColumnsProxyModel, permite engadir columnas a un modelo existente.

KNotification

  • Corrixir a posición inicial de Y para xanelas emerxentes de último recurso
  • Reducir dependencias e mover a Tier 2
  • capturar entradas de notificacións descoñecidas (nullptr deref) (fallo 348414)
  • Retirar unha mensaxe de aviso practicamente inútil

Infraestrutura de paquetes

  • facer os subtítulos subtítulos ;)
  • kpackagetool: Corrixir a saída de texto non latino á saída estándar

KPeople

  • Engadir AllPhoneNumbersProperty
  • Agora PersonsSortFilterProxyModel pode usarse en QML

Kross

  • krosscore: Instalar a cabeceira de IniciaisEnMaiúsculas «KrossConfig»
  • Corrixir as probas de Python 2 para executar con PyQt 5

KService

  • Corrixir kbuildsycoca --global
  • KToolInvocation::invokeMailer: corrixir o anexo cando hai varios anexos

KTextEditor

  • gardar o nivel de rexistro predeterminado de Qt < 5.4.0, corrixir o nome de lectura de rexistro
  • engadir hl para Xonotic (fallo 342265)
  • engadir Groovy HL (fallo 329320)
  • actualizar o salientado de J (fallo 346386)
  • Facer compilar con MSVC2015
  • reducir o uso de iconloader, corrixir as iconas máis pixeladas
  • activar ou desactivar o botón de «Atopalo todo» cando cambia o padrón
  • Mellorouse a barra de buscar e substituír
  • retirar unha regra innecesaria do modo de potencia
  • barra de busca máis fina
  • vi: Corrixir a lectura incorrecta da marca markType01
  • Usar a cualificación correcta para chamar a métodos base.
  • Retirar comprobacións, QMetaObject::invokeMethod xa se garda a si mesmo contra iso.
  • corrixir problemas de HiDPI con selectores de cor
  • Limpar coe: QMetaObject::invokeMethod permite nullptr.
  • máis comentarios
  • cambiar como as interfaces permiten nulo
  • só emitir por saída avisos e mensaxes máis importantes de maneira predeterminada
  • retirar tarefas pendentes do pasado
  • Usar QVarLengthArray para gardar a iteración temporal de QVector.
  • Mover o truco para sangrar os grupos de etiquetas a tempo de construción.
  • Corrixir algúns problemas serios con KateCompletionModel no modo de árbore.
  • Corrixir un deseño de modelo roto que esperaba o comportamento de Qt 4.
  • obedecer as regras de umask ao gardar un ficheiro novo (fallo 343158)
  • engadir meson HL
  • Como Varnish 4.x introduce varios cambios de sintaxe en comparación con Varnish 3.x escribín ficheiros de realce de sintaxe adicionais para Varnish 4 (varnish4.xml, varnishtest4.xml).
  • corrixir problemas de HiDPI
  • vimode: non quebrar se a orde <c-e> se executa ao final dun documento. (fallo 350299)
  • Permitir cadeas de varias liñas de QML.
  • corrixir a sintaxe de oors.xml
  • Engadir CartoCSS hl de Lukas Sommer (fallo 340756)
  • corrixir o HL de coma flotante, usar a coma flotante nativa como en C (fallo 348843)
  • as direccións divididas invertéronse (fallo 348845)
  • Fallo 348317 - [PARCHE] O realce de sintaxe de Katepart debería recoñecer os escapes do estilo de \u0123 para JavaScript (fallo 348317)
  • engadir *.cljs (fallo 349844)
  • Actualizar o ficheiro de salientado de GLSL.
  • corrixíronse as cores predeterminadas para que se distingan mellor

KTextWidgets

  • Eliminar o salientador anterior

Infraestrutura de KWallet

  • Corrixir a construción en Windows
  • Imprimir un aviso con código de erro cando falla a apertura da carteira mediante PAM
  • Devolver o código de erro da infraestrutura en vez de -1 cando falle a apertura dunha carteira
  • Facer que o código devolto pola infraestrutura ante un cifrador descoñecido sexa negativo
  • Vixiar as aparicións de PAM_KWALLET5_LOGIN para KWallet 5
  • Corrixir unha quebra cando a comprobación MigrationAgent::isEmptyOldWallet() falla
  • Agora KWallet pode desbloquearse mediante PAM usando o módulo kwallet-pam

KWidgetsAddons

  • Nova API que acepta parámetros QIcon para estabelecer as iconas na barra de lapelas
  • KCharSelect: Corrixir unha categoría de Unicode e usar boundingRect para o cálculo de anchura
  • KCharSelect: corrixir a anchura da cela para axustala ao contido
  • Agora as marxes de KMultiTabBar funcionan ben en pantallas HiDPI
  • KRuler: marcar como obsoleto KRuler::setFrameStyle(), que nunca funcionou, e limpar os comentarios
  • KEditListWidget: retirar a marxe para que se aliñe mellor con outros trebellos

KWindowSystem

  • Reforzar a lectura de datos de NETWM (fallo 350173)
  • gardar para versións anteriores de Qt como en kio-http
  • As cabeceiras privadas de complementos de plataformas instálanse.
  • Partes específicas de plataforma cargadas como complementos.

KXMLGUI

  • Corrixir o comportamento do método KShortcutsEditorPrivate::importConfiguration

Infraestrutura de Plasma

  • Usar un xesto de pinchar agora pódese cambiar entre distintos niveis de ampliación no calendario
  • comentario sobre duplicación de código en icondialog
  • A cor de marca do control desprazábel estaba fixa, modificouse para usar o esquema de cores
  • Usar QBENCHMARK en vez de un requisito ríxido sobre o rendemento da máquina
  • A navegación do calendario mellorouse de maneira significativa, fornecendo un resumo de ano e década
  • Agora PlasmaCore.Dialog ten a propiedade «opacity»
  • Facer oco para o botón de alternativa
  • Non mostrar o fondo circular se hai un menú
  • Engadir a definición de X-Plasma-NotificationAreaCategory
  • Configurar as notificacións e o OSD para mostrarse en todos os escritorios
  • Imprimir un aviso útil cando non se pode obter un KPluginInfo válido
  • Corrixir unha potencial recursividade infinita en PlatformStatus::findLookAndFeelPackage()
  • Cambiar o nome de software-updates.svgz a software.svgz

Sonnet

  • Engadir cousas de CMake para activar a construción do complemento Voikko.
  • Crear a fábrica de Sonnet::Client para os correctores ortográficos de Voikko.
  • Crear un corrector ortográfico baseado en Voikko (Sonnet::SpellerPlugin)

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.13.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.13.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.13.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.13.0 das infraestruturas require Qt 5.3.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais