KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.12.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

10 de xullo de 2015. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.12.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

Módulos adicionais de CMake

  • Mellorar a información de erros da macro query_qmake

BluezQt

  • Retirar todos os dispositivos do adaptador antes de retirar o adaptador (fallo 349363)
  • Actualizar as ligazóns en README.md

KActivities

  • Engadir a opción para non facer seguimento do usuario en actividades concretar (similar ao «modo privado» dos navegadores web)

KArchive

  • Conservar os permisos de execución dos ficheiros ao usar copyTo()
  • Clarificar ~KArchive retirando código que non se usa.

KAuth

  • Permitir usar kauth-policy-gen desde distintas fontes

KBookmarks

  • Non engadir un marcador se o URL e o texto están baleiros
  • Codificar o URL de KBookmark para recuperar a compatibilidade con aplicacións de KDE4

KCodecs

  • Retirar o probador de x-euc-tw

KConfig

  • Instalar kconfig_compiler en libexec
  • Nova opción TranslationDomain= de xeración de código para usar co TranslationSystem=kde; que se necesita normalmente nas bibliotecas.
  • Permitir usar kconfig_compiler desde distintas fontes

KCoreAddons

  • KDirWatch: Só estabelecer unha conexión a FAM se se solicita
  • Permitir filtrar complementos e aplicacións por forma de dispositivo
  • Permitir usar desktoptojson desde distintas fontes

KDBusAddons

  • Clarificar o valor «exit» para instancias de «Unique»

KDeclarative

  • Engadir un clon QQC de KColorButton
  • Asignar un QmlObject a cada instancia de kdeclarative cando sexa posíbel
  • Facer que o código Qt.quit() funcione desde QML
  • Fusionar a rama «mart/singleQmlEngineExperiment»
  • Engadir sizeHint en base a implicitWidth/height
  • Subclase de QmlObject cun motor estático

Compatibilidade coa versión 4 de KDELibs

  • Corrixir KMimeType::Ptr::isNull.
  • Permitir de novo que KDateTime envíe datos a kDebug/qDebug, para máis SC
  • Cargar o catálogo de traducións correcto para kdebugdialog
  • Non deixar de documentar os métodos obsoletos, para que a xente poida ler os consellos de migración

KDESU

  • Corrixir CMakeLists.txt para que pase KDESU_USE_SUDO_DEFAULT á compilación para que suprocess.cpp o use

KDocTools

  • Actualiza os modelos de docbook de K5

KGlobalAccel

  • instálase unha API privada en tempo de execución para permitir a KWin fornecer un complemento para Wayland.
  • Plan B para a resolución de nomes de componentFriendlyForAction

KIconThemes

  • Non intentar pintar a icona se o tamaño é incorrecto

KItemModels

  • Novo modelo de proxys: KRearrangeColumnsProxyModel. Permite cambiar a orde e ocultar columnas do modelo de orixe.

KNotification

  • Corrixir os tipos de mapas de píxeles en org.kde.StatusNotifierItem.xml
  • [ksni] Engadir un método para obter accións por nome (fallo 349513)

KPeople

  • Engadir funcionalidade de filtro a PersonsModel

KPlotting

  • KPlotWidget: engadir setAutoDeletePlotObjects, corrixir unha fuga de memoria en replacePlotObject
  • Corrixir as marcas que faltaban cando x0 > 0.
  • KPlotWidget: non é necesario usar setMinimumSize ou resize.

KTextEditor

  • debianchangelog.xml: engadir Debian/Stretch, Debian/Buster e Ubuntu-Wily
  • Corrixir o comportamento da parella substituta de UTF-16 borrar/suprimir.
  • Permitir a QScrollBar xestionar WheelEvents (fallo 340936)
  • Aplicar o parche de devel de KWrite de actualizar o realce de sintaxe básico puro de top, «Alexander Clay», <tuireann@EpicBasic.org>

KTextWidgets

  • Corrixir a activación e desactivación do botón de Aceptar

Infraestrutura de KWallet

  • Importouse e mellorouse a ferramenta de liña de ordes kwallet-query.
  • Posibilidade de sobrescribir entradas de mapas.

KXMLGUI

  • Non mostrar a «versión das infraestruturas de KDE» no diálogo «Sobre KDE»

Infraestrutura de Plasma

  • Facer o tema escuro completamente escuro, tamén o grupo complementario
  • Gardar en caché naturalsize de maneira separada por scalefactor
  • ContainmentView: Non quebrar cando os metadatos de coroa son incorrectos
  • AppletQuickItem: Non acceder a KPluginInfo se non é válido
  • Corrixir as páxinas de configuración de miniaplicativo que ás veces están baleiras (fallo 349250)
  • Mellorar a compatibilidade con HiDPI no compoñente de grade de calendario
  • Verificar que KService ten información de complemento válida antes de usalo
  • [calendar] Asegurarse de que a grade se pinta de novo cando cambia o tema
  • [calendar] Comezar a contar as semanas sempre a partir do luns (fallo 349044)
  • [calendar] Pintar de novo a grade cando a opción de mostrar os números de semana cambia
  • Agora úsase un tema opaco cando só está dispoñíbel o efecto borroso (fallo 348154)
  • Poñer na lista branca os miniaplicativos e as versións para un motor aparte
  • Introducir unha nova clase ContainmentView

Sonnet

  • Permitir usar a corrección ortográfica da selección en QPainTextEdit

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.12.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.12.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.12.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.12.0 das infraestruturas require Qt 5.2.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais