KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Publicación da versión 5.10.0 das infraestruturas de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

8 de maio de 2015. Hoxe KDE anuncia a publicación da versión 5.10.0 das infraestruturas de KDE.

As infraestruturas de KDE son 60 bibliotecas complementarias de Qt que fornecen unha gran variedade de funcionalidade habitualmente necesaria en forma de bibliotecas maduras, revisadas e ben probadas con termos de licenza axeitados. Para unha introdución consulte o anuncio da publicación da versión 5.0 das infraestruturas.

Esta publicación forma parte dunha serie de publicacións mensuais planificadas que poñen melloras a disposición dos desenvolvedores dun xeito rápido e previsíbel.

Novo nesta versión

KActivities

  • (non se forneceu un historial de cambios)

KConfig

  • Xerar clases compatíbeis con QML usando kconfigcompiler

KCoreAddons

  • Novo macro de CMake kcoreaddons_add_plugin para crear complementos baseados en KPluginLoader de maneira máis doada.

KDeclarative

  • Corrixir unha quebra na caché de texturas.
  • e outras correccións

KGlobalAccel

  • Engadir o novo método globalShortcut que obtén o atallo como está definido na configuración global.

KIdleTime

  • Evitar que KIdleTime quebre na plataforma Wayland

KIO

  • Engadíronse KPropertiesDialog::KPropertiesDialog(urls) e KPropertiesDialog::showDialog(urls).
  • Obtención asíncrona de datos baseada en QIODevice para KIO::storedPut e KIO::AccessManager::put.
  • Corrixir as condicións co valor de retorno de QFile::rename (fallo 343329)
  • Corrixiuse KIO::suggestName para suxerir nomes mellores (fallo 341773)
  • kioexec: Corrixiuse a ruta do lugar que permite escritura de kurl (fallo 343329)
  • Só almacenar os marcadores en user-places.xbel (fallo 345174)
  • Entrada duplicada de RecentDocuments se dous ficheiros distintos teñen o mesmo nome
  • Mellor mensaxe de erro se un único ficheiro é grande de máis para o lixo (fallo 332692)
  • Corrixir a quebra de KDirLister ao redirixir canto a rañura chama a openURL

KNewStuff

  • Novo conxunto de clases, chamadas KMoreTools e relacionadas. KMoreTools axuda a engadir consellos sobre ferramentas externas que poderían non estar instaladas aínda. Ademais, acurta os menús longos fornecendo unha sección principal e máis que tamén poden configurar os usuarios.

KNotifications

  • Corrixir KNotifications cando se usa co NotifyOSD de Ubuntu (fallo 345973)
  • Non causar actualizacións de notificacións ao definir as mesmas propiedades (fallo 345973)
  • Introducir a marca LoopSound, que permite que as notificacións reproduzan un son en bucle se se necesita (fallo 346148)
  • Non quebrar se a notificación non ten un trebello

KPackage

  • Engadir unha función KPackage::findPackages similar a KPluginLoader::findPlugins

KPeople

  • Usar KPluginFactory en vez de KService para instalar os complementos (KService mantense por compatibilidade).

KService

  • Corrixir unha división incorrecta de ruta de entrada (fallo 344614)

KWallet

  • Agora o axente de migración tamén comproba que a carteira vella estea baleira antes de empezar (fallo 346498)

KWidgetsAddons

  • KDateTimeEdit: corrección para que a entrada do usuario se rexistre de verdade. Corrixir marxes duplas.
  • KFontRequester: corrixir seleccionar só tipos de letra de tamaño fixo

KWindowSystem

  • Non requirir QX11Info en KXUtils::createPixmapFromHandle (fallo 346496)
  • novo método NETWinInfo::xcbConnection() -> xcb_connection_t*

KXmlGui

  • Corrixir os atallos cando o atallo secundario está definido (fallo 345411)
  • Actualizar a lista de produtos e compoñentes de Bugzilla para informar de fallos (fallo 346559)
  • Atallos globais: permitir configurar tamén o atallo alternativo

NetworkManagerQt

  • As cabeceiras instaladas agora organízanse como no resto de infraestruturas.

Infraestrutura de Plasma

  • Agora PlasmaComponents.Menu permite seccións
  • Usar KPluginLoader en vez de ksycoca para cargar motores de datos de C++
  • Considerar a rotación visualParent en popupPosition (fallo 345787)

Sonnet

  • Non intentar realzar se non se atopa un corrector ortográfico. Isto provocaría un bucle infinito co temporizador de rehighlighRequest disparándose constantemente.

Frameworkintegration

  • Corrixir os diálogos de ficheiros nativos a partir dos trebellos de QFileDialog: ** Os diálogos de ficheiros abertos con exec() e sen pai abríronse, pero calquera interacción de usuario bloqueouse de xeito que non se puido seleccionar ningún ficheiro ou se pechou o diálogo. ** Os diálogos de ficheiros abertos con open() ou show() cun pai que nin se abriu.

Instalar paquetes binarios

En Linux recoméndase usar os paquetes da súa distribución favorita para acceder ás infraestruturas de KDE. Instrucións de instalación de distribución de paquetes binarios.

Compilar a partir das fontes

O código fonte completo da versión 5.10.0 das infraestruturas de KDE pode descargarse gratuitamente. Na páxina de información da versión 5.10.0 das infraestruturas de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar a versión 5.10.0 das infraestruturas de KDE.

Pódese construír a partir das fontes usando as ordes básicas cmake .; make; make install. No caso das infraestruturas de nivel 1, isto adoita ser o máis fácil. As persoas interesadas en colaborar coas infraestruturas ou facer un seguimento do progreso do desenvolvemento do conxunto enteiro deberían considerar usar kdesrc-build. A versión 5.10.0 das infraestruturas require Qt 5.2.

Hai unha lista detallada de todas as infraestruturas e outras bibliotecas de Qt de terceiros en inqlude.org, o arquivo editado de bibliotecas de Qt. Hai unha lista completa con documentación de API en api.kde.org.

Colaborar

As persoas interesadas en facer un seguimento e colaborar co desenvolvemento das infraestruturas pode clonar os repositorios de Git, facer un seguimento das conversas da lista de correo de desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas e mailo estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real suceden na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Pode comentar e compartir ideas sobre esta versión na sección de comentarios do artigo do Dot.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de doazóns para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais