KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica a primeira beta da seguinte xeración do espazo de traballo de Plasma

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

Plasma Next

14 de maio de 2014. Hoxe KDE publica a primeira versión beta da seguinte xeración de espazos de traballo de Plasma. Ao equipo de Plasma gustaríalle solicitar á comunidade xeral do software libre que probe esta publicación e nos dea a súa opinión. Plasma Next está construído con QML e execútase sobre un software gráfico acelerado completamente por hardware usando Qt 5, QtQuick 2 e un grafo de escena de OpenGL(-ES). Plasma Next fornece unha experiencia de escritorio principal que será fácil e familiar para os usuarios actuais dos espazos de traballo de KDE ou alternativas libres ou privativas. Pode consultar detalles adicionais da seguinte publicación da futura Plasma Next no anuncio da publicación alfa. Plasma Next está planificada para publicarse a principios de xullo.

Cambios principais

Menú Kicker en Plasma Next

Desde a alfa fixéronse varios cambios de todo tipo. Moitas son correccións de estabilidade, rendemento e fallos, pequenas pero importantes, pero tamén se aplicaron cambios máis grandes. Por exemplo, a introdución dun novo trebello de menú de aplicativos, que é unha reescritura do que no seu día debutou como «Kicker de Homerun» no paquete «homerun». Consulte este blog recente sobre Homerun. Homerun demostrou unha gran popularidade, incluso algunhas distribucións o escolleron como predeterminado.

Por vez primeira KDE publica o seu propio tipo de letra. O tipo de letra Oxygen está deseñado para optimizarse para o sistema de renderización de letras FreeType e funciona ben con todas as interfaces gráficas de usuario, escritorios e dispositivos.


Listo para probar, non para produción

Reloxo e calendario en Plasma Next

O espazo de traballo que se demostra nesta publicación preliminar no escritorio de Plasma. Representa unha evolución de paradigmas coñecidos de escritorios e portátiles. Plasma Next mantén os fluxos de traballo existentes intactos ao tempo que fornece melloras visuais e interactivas progresivas. Moitas poden observarse nesta versión preliminar, noutras aínda se está a traballar. En publicacións futuras incluiranse espazos de traballo optimizados para outros dispositivos.

Como publicación beta, esta publicación preliminar non é axeitada para usarse en produción. Está pensada como base para probar e recibir opinións, para que a publicación estábel inicial de Plasma Next en xullo sexa fluída para todo o mundo e sirva como base estábel para versións futuras. Plasma Next está pensado para usuarios finais, pero as súas funcionalidades non estarán á par coas da última publicación 4.x, que chegarán en publicacións posteriores. o equipo está centrándose primeiro nas funcionalidades principais do escritorio, en vez de intentar traspasar todas e cada unha das funcionalidades aos novos espazos de traballo. O conxunto de funcionalidades presentado en Plasma Next debería ser suficiente para a meirande parte dos usuarios, aínda que algúns poderían botar de menos algún botón aquí e alá. Isto non é porque o equipo de Plasma queira retirar funcionalidades, senón que simplemente aínda non se fixo todo. Por suposto animamos todo o mundo a axudar a recuperar todas as funcionalidades anteriores de Plasma e levalas máis alá.

Problemas coñecidos

A estabilidade aínda non está no nivel no que a queren os desenvolvedores de Plasma Next. Xusto co novo software de equipo de ferramentas substancial de embaixo chegan novas e fascinantes quebras e problemas que levará un tempo solucionar.

O rendemento de Plasma Next dependen de maneira significativa no hardware, configuración de software e padróns de usos concretos. Se ben ten un gran potencial, espremelo leva tempo e o software que hai embaixo aínda non está listo para facelo. Nalgúns escenarios Plasma Next demostrará a súa capacidade para un gran rendemento, pero noutros sufrirá algunhas trabas. Estas poden solucionarse e solucionaranse, porén moitas cousas dependen de compoñentes como Qt, Mesa e controladores de hardware a máis baixo nivel. Insistimos, isto levará tempo, dado que as correccións feitas en Qt non estarán publicadas para cando se publique a primeira versión de Plasma Next.

O pulido é un dos grandes beneficios de QML2, xa que permite un uso sinxelo de openGL, unha colocación moito máis precisa e moitas outras habilidades. Ao mesmo tempo, a falta de madurez dos controis de Qt Quick, o novo sucesor da tecnoloxía de trebellos de Qt que ten máis de 15 anos, inclúe algunhas asperezas que aínda tempos que limar.

O deseño aínda non está rematado. Gran parte do traballo no tema aínda non está listo e o estado do deseño nesta beta non é representativo da primeira publicación de Plasma Next. Embaixo pode botarlle unha ollada ao novo deseño no que está a traballar o grupo de deseño visual e que se publicará unha vez estea lista.

Borrador actual do novo deseño

Para desenvolvedores

Plasma Next está construído sobre Qt 5. Con esta transición, todas as interface de usuario baseadas en QML —que Plasma usa de maneira exclusiva— usarán un novo grafo de escenas e un novo motor de scripting, dando lugar a enormes melloras de rendemento e beneficios de arquitectura, como poder renderizar usando o hardware de gráficos dispoñíbel.

Plasma Next é a primeira base de código complexa que migra á versión 5 das infraestruturas de KDE, que é unha evolución modular da plataforma de desenvolvemento de KDE cara bibliotecas máis lixeiras e menor dependentes as unhas das outras.

Para usuarios

Os usuarios que proban esta publicación preliminar de Plasma gozan dunha aparencia visual refinada. O novo tema Breeze de Plasma debuta nesta publicación preliminar cunha aparencia máis plana e limpa. Menos ruído visual e un mellor contraste fan de Plasma Next unha mellora notábel con respecto aos espazos de traballo estábeis actuais de Plasma. Pulimos moito gran parte da funcionalidade predeterminada de Plasma, como a zona da área de notificacións, as notificacións, a configuración do compositor e do xestor de xanelas, e moitas máis. Se ben lles resultará familiar, os usuarios notarán que o espazo de traballo é máis moderno.

Instalar e fornecer información

A forma máis sinxela de probalo é a ISO de Neon 5, unha imaxe directa de sistema operativo actualizada coas últimas construcións directamente das fontes.

Algunhas distribucións crearon ou están a crear paquetes; para un resumo dos paquetes da beta 1 consulte a nosa páxina wiki de paquetes inestábeis

Descarga das fontes. Pode instalar Plasma Next directamente a partir das fontes. O wiki da comunidade KDE ten instrucións. Teña en conta que Plasma Next non pode instalarse xunto con Plasma 1, terá que desinstalar as versións anteriores ou instalar nun prefixo aparte.

Pode darnos a súa opinión ben mediante a canle #plasma de IRC, a lista de correo plasma-devel ou informar de problemas mediante Bugzilla. Tamén se fala de Plasma Next nos foros de KDE. Agradecemos moito as súas opinións. Se lle gusta o que está a facer o equipo, dígallo!

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais