KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica a segunda alfa da versión 5 das infraestruturas

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Deutsch | Español | Suomi | Galician | Italiano | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Русский | Svenska | Українська

Colaboración entre Qt e KDE 3 de marzo de 2014. Hoxe KDE publicou a segunda alfa da versión das infraestruturas, parte dunha serie de publicacións que acabarán na versión final, planificada para xuño de 2014. Esta publicación inclúe o progreso desde a anterior alfa de febreiro.

Púxose esforzo en facer que as infraestruturas funcionen na plataforma MacOSX e Wayland en Linux. Ademais, retirouse kprintutils, kwallet-framework agora chámase kwallet e engadíronse algunhas infraestruturas novas.

Para información sobre a versión 5 das infraestruturas consulte este artigo no sitio de novas Dot (en inglés). Para quen teña interese en seguir o progreso poden consultarse os repositorios de Git, seguir as conversas da lista de correo do desenvolvemento das infraestruturas de KDE e contribuír parches mediante o taboleiro de revisión. As políticas, o estado actual do proxecto e a planificación están dispoñíbeis no wiki das infraestruturas. As conversas en tempo real realízanse na canle #kde-devel de IRC en freenode.net.

Fala, corre a voz e descubre o que está a ocorrer: Etiqueta con "KDE"

KDE anima á xente a difundir información na internet social. Envía historias a sitios de noticias, usa canles como delicious, digg, reddit, twitter e identi.ca. Envía capturas de pantallas a servizos como Facebook, Flickr, ipernity e Picasa, e publíqueas nos grupos axeitados. Cree vídeos e envíeos a YouTube, Blip.tv e Vimeo. Etiquete as publicacións e os materiais enviados con "KDE". Isto facilita atopalos e permite ao equipo de promoción de KDE analizar a cobertura destas versións do software de KDE.

Pode comentar esta nova no Dot, o sitio de novas de KDE.

Instalar os paquetes binarios da alfa 2 das infraestruturas

Paquetes. Varias distribucións ofrecen paquetes que se actualizan con frecuencia da versión 5 das infraestruturas. Entre elas están Arch Linux, AOSC, Fedora, Kubuntu e openSUSE. Consulte esta páxina wiki para máis información.

Compilar as infraestruturas

O código fonte completo da versión 4.97.0 das infraestruturas pode descargarse de maneira gratuíta.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais