KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica a beta da versión 18.04 dos aplicativos de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Deutsch | Español | Galician | Italiano | 한국어 | Nederlands | Português | Svenska | Українська

23 de marzo de 2018. Hoxe KDE publicou a beta da nova versión dos seus aplicativos. Coa desautorización temporal de dependencias e funcionalidades novas, agora o equipo de KDE centrase en solucionar fallos e pulir funcionalidades.

Revise nas notas de publicación da comunidade información sobre arquivos TAR e problemas coñecidos. Para a publicación final haberá un anuncio máis completo

Hai que probar ben as versión 18.04 dos aplicativos de KDE para manter e mellorar a calidade e a experiencia de usuario. Os usuarios reais son críticos para manter unha alta calidade en KDE, porque os desenvolvedores simplemente non poden probar todas as configuracións posíbeis. Contamos con vostede para axudarnos a atopar calquera fallo canto antes para poder solucionalo antes da versión final. Considere unirse ao equipo instalando a beta e informando de calquera fallo.

Instalar os paquetes binarios da beta da versión 18.04 dos aplicativos de KDE

Paquetes. Algúns fabricantes de sistemas operativos Linux e UNIX teñen a xenerosidade de fornecer paquetes binarios da versión 18.04 beta (18.03.80 internamente) dos aplicativos de KDE para algunhas versións das súas distribucións, e noutros casos o traballo fixérono voluntarios das súas comunidades. Nas próximas semanas poderían publicarse paquetes binarios adicionais e actualizacións dos paquetes xa dispoñíbeis.

Lugares dos paquetes. Para unha lista actual de paquetes binarios dispoñíbeis dos que o proxecto KDE ten coñecemento, visite o wiki da comunidade.

Compilar a beta da versión 18.04 dos aplicativos de KDE

O código fonte completo da versión 18.04 beta dos aplicativos de KDE pode descargarse libremente. Na páxina de información da beta da versión 18.04 dos aplicativos de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais