KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica a versión 16.12.0 dos aplicativos de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | 한국어 | Nederlands | Português | Svenska | Українська

15 de decembro de 2016. KDE introduce a versión 16.12 dos aplicativos de KDE con innumerábeis anovacións no que respecta a unha maior facilidade de acceso, a introdución de funcionalidades moi útiles e solucionar algúns pequenos problemas que achegan aos aplicativos de KDE un pouco máis a ofrecer a configuración perfecta para o seu dispositivo.

Okular, Konqueror, KGpg, KTouch, Kalzium e máis (notas de publicación) migráronse á versión 5 das infraestruturas de KDE. Estamos desexosos de recibir os seus comentarios e opinións sobre as novas funcionalidades introducidas nesta versión.

No esforzo continuado por facer que os aplicativos sexan fáciles de construír de maneira independente, dividimos os arquivos TAR de kde-baseapps, kdepim e kdewebdev. Pode atopar os novos arquivos TAR no documentos das notas de publicación

Detívose o desenvolvemento dos seguintes paquetes: kdgantt2, gpgmepp e kuser. Isto axudaranos a centrarnos no resto do código.

O editor de sons Kwave únese aos aplicativos de KDE!

Kwave é un editor de son, pode gravar, reproducir, importar e editar varios tipos de ficheiros de son, entre eles ficheiros de varias canles. Kwave inclúe algúns complementos para transformar ficheiros de son de varios xeitos, e fornece unha visualización gráfica que pode achegar e afastar.

O mundo como fondo de escritorio

Agora Marble inclúe tanto un fondo de escritorio e un trebello para Plasma que mostran a hora na parte superior dunha vista de satélite da Terra, con visualización en tempo real do ciclo de día e noite. Outrora estaban dispoñíbeis en Plasma 4; agora actualizáronse para funcionar con Plasma 5.

Pode atopar máis información no blog de Friedrich W. H. Kossebau (en inglés).

Emoticonas por todas partes!

Agora KCharSelect pode mostrar o bloque de emoticonas de Unicode (e outros bloques de símbolos de SMP).

Tamén recibiu un menú de marcadores para que poida marcar como favoritos os seus caracteres preferidos.

As matemáticas son mellores con Julia

Cantor ten unha nova infraestrutura para Julia, o que permite aos seus usuarios usar as últimas innovacións en computación científica.

Pode atopar máis información no blog de Ivan Lakhtanov (en inglés).

Arquivado avanzado

Ark ten varias funcionalidades novas:

  • Agora pódense cambiar de nome, copiar e mover ficheiros e cartafoles dentro de arquivos
  • Agora pódense seleccionar algoritmos de compresión e cifrado ao crear arquivos
  • Agora Ark pode abrir ficheiros AR (p. ex. bibliotecas estáticas de Linux *.a)

Pode atopar máis información no blog de Ragnar Thomsen.

E máis!

Agora Kopete é compatíbel coa autenticación SASL de X-OAUTH2 do protocolo jabber e corrixíronse algúns problemas co complemento de cifrado de OTR.

Kdenlive ten un novo efecto de Rotoscoping, compatibilidade con contido descargábel e un seguidor de movemento actualizado. Tamén fornece ficheiros de Snap and AppImage para instalar máis facilmente.

KMail e Akregator poden usar a navegación segura de Google para comprobar se unha ligazón que se preme é maliciosa. Ambos os dous recuperaron ademais a funcionalidade de impresión (require Qt 5.8).

Exterminación de erros

Solucionáronse máis de 130 fallos en aplicativos como, entre outros, Dolphin, Akonadi, KAddressBook, KNotes, Akregator, Cantor, Ark e Kdenlive!

Historial completo de cambios

Pode atopar a lista completa de cambios aquí.

Correr a voz

Os colaboradores non técnicos son unha parte importante do éxito de KDE. Mentres que as compañías de software privativo contan con grandes presupostos para novas publicacións de software, KDE depende de que as persoas falen entre elas. Incluso para aquelas persoas que non son desenvolvedoras de software existen moitas formas de apoiar a versión 16.12 dos aplicativos de KDE. Informar de fallos. Animar a outros a unirse á comunidade KDE. Ou apoiar a organización sen ánimo de lucro que hai tras a comunidade KDE.

Corra a voz na web social. Envíe historias a sitios de novas, use canles como Delicious, Digg, Reddit e Twitter. Envíe capturas de pantalla da súa nova confirmación a servizos como Facebook, Flickr, Ipernity e Picasa, e publíqueos nos grupos axeitados. Cree vídeos de pantalla e envíeos a YouTube, Blip.tv e Vimeo. Etiquete as súas publicacións e materiais enviados con «KDE». Isto facilita atopalos e permite ao equipo de promoción de KDE analizar a cobertura da versión 16.12 dos aplicativos de KDE.

Instalar os paquetes binarios da versión 16.12 dos aplicativos de KDE

Paquetes. Algúns fabricantes de sistemas operativos Linux e UNIX teñen a xenerosidade de fornecer paquetes binarios da versión 16.12 dos aplicativos de KDE para algunhas versións das súas distribucións, e noutros casos o traballo fixérono voluntarios das súas comunidades. Nas próximas semanas poderían publicarse paquetes binarios adicionais e actualizacións dos paquetes xa dispoñíbeis.

Lugares dos paquetes. Para unha lista actual de paquetes binarios dispoñíbeis dos que o proxecto KDE ten coñecemento, visite o wiki da comunidade.

Compilar a versión 16.12 dos aplicativos de KDE

O código fonte completo da versión 16.12 dos aplicativos de KDE pode descargarse libremente. Na páxina de información da versión 16.12.0 dos aplicativos de KDE están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicativos web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. Os potentes aplicativos de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais