KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE publica a versión 15.08.0 das aplicacións de KDE

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

Dolphin coa súa nova aparencia, agora baseado na versión 5 das infraestruturas de KDE

19 de agosto de 2015. Hoxe KDE publicou a versión 15.08 das aplicacións de KDE.

Con esta versión xa son 107 as aplicacións totais que se migraron á versión 5 das infraestruturas de KDE. O equipo está loitando para traer a mellor calidade ao seu escritorio e a estas aplicacións. Así que contamos con vostede para que nos dea a súa opinión.

Con esta versión hai varios novos engadidos á lista de aplicacións baseadas na versión 5 das infraestruturas de KDE, entre elas Dolphin, a colección Kontact, Ark, Picmi, etc.

Vista previa técnica da colección Kontact

Durante os últimos meses o equipo de xestión de información persoal de KDE esforzouse moito en migrar Kontact a Qt 5 e a versión 5 das infraestruturas de KDE. Ademais o rendemento do acceso a datos mellorou considerablemente grazas a unha capa de comunicación optimizada. O equipo de xestión de información persoal de KDE está a traballar a reo en seguir pulindo a colección de Kontact e agardando con ganas a súa opinión. Para máis información e máis detallada sobre o que cambiou na xestión de información persoal de KDE consulte o blog de Laurent Montels.

Kdenlive e Okular

Esta versión de Kdenlive inclúe moitas correccións no asistente de DVD, así como un gran número de correccións de fallos e outras funcionalidades entre as que están a integración de algúns cambios internos máis grandes. Máis información sobre os cambios de Kdenlive poden verse na súa extensiva lista de cambios. E agora Okular permite a transición de esvaer no modo de presentación.

KSudoku cun quebracabezas de carácter

Dolphin, educación e xogos

Dolphin tamén se migrou á versión 5 das infraestruturas de KDE. Marble recibiu melloras de compatibilidade con UTM así como mellora das funcionalidades de anotacións, edición e capas de KML.

Ark goza dun impresionante número de remisións entre as que hai moitas correccións pequenas. KStars recibiu un gran número de revisións, que inclúen a mellora do algoritmo plano de ADU e a comprobación de valores que superan os límites, gardando os límites de volta do meridiano, guía de desviación e HFR de enfoque automático no ficheiro de secuencia e engadir funcionalidade de taxa de telescopio e desestacionamento. KSudoku mellorou. Entre as remisións están engadir unha interface gráfica de usuario e un motor para completar quebracabezas matesdocu e sudoku imposíbel, e engadiuse un novo resolvedor baseado no algoritmo de ligazóns bailarinas (DLX) de Donald Knuth.

Outras versións

Xunto con esta versión publicarase a última versión LTS de Plasma 4, a 4.11.22.

Pode atopar a lista completa de cambios aquí.

Correr a voz

Os colaboradores non técnicos son unha parte importante do éxito de KDE. Mentres que as compañías de software privativo contan con grandes presupostos para novas publicacións de software, KDE depende de que as persoas falen entre elas. Incluso para aquelas persoas que non son desenvolvedoras de software existen moitas formas de apoiar a versión 15.08 das aplicacións de KDE. Informar de fallos. Animar a outros a unirse á comunidade KDE. Ou apoiar a organización sen ánimo de lucro que hai tras a comunidade KDE.

Corra a voz na web social. Envíe historias a sitios de novas, use canles como Delicious, Digg, Reddit e Twitter. Envíe capturas de pantalla da súa nova confirmación a servizos como Facebook, Flickr, Ipernity e Picasa, e publíqueos nos grupos axeitados. Cree vídeos de pantalla e envíeos a YouTube, Blip.tv e Vimeo. Etiquete as súas publicacións e materiais enviados con «KDE». Isto facilita atopalos e permite ao equipo de promoción de KDE analizar a cobertura da versión 15.08 das aplicacións de KDE.

Instalar os paquetes binarios da versión 15.08 das aplicacións de KDE

Paquetes. Algúns fabricantes de sistemas operativos Linux e UNIX teñen a xenerosidade de fornecer paquetes binarios da versión 15.08 das aplicacións de KDE para algunhas versións das súas distribucións, e noutros casos o traballo fixérono voluntarios das súas comunidades. Nas próximas semanas poderían publicarse paquetes binarios adicionais e actualizacións dos paquetes xa dispoñíbeis.

Lugares dos paquetes. Para unha lista actual de paquetes binarios dispoñíbeis dos que o proxecto KDE ten coñecemento, visite o wiki da comunidade.

Compilar a versión 15.08 das aplicacións de KDE

O código fonte completo da versión 15.08 dos aplicativos de KDE pode descargarse libremente. Na páxina de información da versión 15.08.0 das aplicacións de KDE.están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais