KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

KDE distribúe as actualizacións de marzo para as aplicacións, a plataforma e os espazos de traballo de Plasma

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Deutsch | Español | Suomi | Galician | Italiano | 한국어 | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Русский | Svenska | Українська

4 de marzo de 2014. Hoxe KDE publicou actualizacións das súas aplicacións e a súa plataforma de desenvolvemento, as terceiras dunha serie de actualizacións mensuais de estabilización para a serie 4.12. Esta versión tamén inclúe unha actualización á versión 4.11.7 dos espazos de traballo de Plasma. Esta versión só contén correccións e actualizacións de traducións; será unha actualización segura e agradábel para todo o mundo.

Entre as máis de 30 correccións rexistradas están melloras para a colección de xestión de información persoal Kontact, a ferramenta de UML Umbrello, o visor de imaxes Gwenview, o navegador web Konqueror e o xestor de ficheiros Dolphin.

Pode consultar unha lista de cambios máis completa no sistema de seguimento de erros de KDE. 4.12.3. Examinar o historial de Git para unha lista detallada de cambios en 4.12.3.

Para descargar o código fonte ou paquetes para instalar vaia á páxina de información de 4.12.3. Se quere saber máis sobre as versións 4.12 das aplicacións e da plataforma de desenvolvemento de KDE, consulte as notas de publicación de 4.12.

O software de KDE, incluíndo todas as bibliotecas e aplicacións, está dispoñíbel gratuitamente baixo licenzas de código aberto. O software de KDE pode obterse como código fonte e varios formatos binarios desde http://download.kde.org ou de calquera dos sistemas GNU/Linux e UNIX principais que se ofrecen a día de hoxe.

Instalar os paquetes binarios de 4.12.3

Paquetes. Algúns fabricantes de sistemas operativos Linux e UNIX teñen a xenerosidade de fornecer paquetes binarios de 4.12.3 para algunhas versións das súas distribucións, e noutros casos o traballo fixérono voluntarios das súas comunidades. Nas próximas semanas poderían publicarse paquetes binarios adicionais e actualizacións dos paquetes xa dispoñíbeis.

Lugares dos paquetes. Para unha lista actual de paquetes binarios dispoñíbeis dos que o proxecto KDE ten coñecemento, visite a páxina de información de 4.12.3.

Compilar 4.12.3

O código fonte completo de 4.12.3 pode descargarse libremente. Na páxina de información de 4.12.3 están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar 4.12.3.

Apoiar KDE

KDE é unha comunidade de software libre que existe e medra grazas á axuda de moitos voluntarios que doan o seu tempo e esforzo. KDE busca sempre novos voluntarios e colaboradores, xa sexa programando, corrixindo fallos ou informando deles, escribindo documentación, traducións, promoción, cartos, etc. Todas as contribucións se agradecen e acéptanse de boa gana. Consulte a páxina de apoio a KDE para máis información ou convértase nun membro colaborador de KDE e.V. a través da nosa nova iniciativa Join the Game.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais