KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Colección de software de KDE 4.14

20 de agosto de 2014

Esta versión está dedicada a Volker Lanz, que pertencera a KDE durante moito tempo ata que faleceu o pasado abril. Volker era o autor e mantedor do xestor de particións de KDE e participaba habitualmente en IRC (Torch) axudando a usuarios e sendo activo na comunidade KDE.

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Polski | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

A comunidade KDE anuncia as últimas actualizacións principais das aplicacións de KDE que ofrecen principalmente melloras e correccións de erros. Os espazos de traballo de plasma e a plataforma de desenvolvemento de KDE están conxelados e só se fornece mantemento a longo prazo; eses equipos están centrados en migrar a Plasma 5 e a versión 5 das infraestruturas.



No pasado, KDE publicaba conxuntamente as tres divisións principais do software de KDE: os espazos de traballo de Plasma, a plataforma de desenvolvemento de KDE e as aplicacións de KDE. A plataforma de desenvolvemento de KDE converteuse nas infraestruturas. As bibliotecas monolíticas que conforman a plataforma de desenvolvemento son agora módulos independentes compatíbeis con varias plataformas (a versión 5 das infraestruturas de KDE) dispoñíbeis para todos os desenvolvedores de Qt. Os espazos de traballo de Plasma moveuse a uns novos cimentos tecnolóxicos baseados en Qt 5 e a versión 5 das infraestruturas de KDE. Dado que os tres compoñentes principais do software de KDE se moven a ritmos distintos, os seus calendarios de publicación son agora independentes. 4.14 está formado principalmente polas aplicacións de KDE.

Plataforma de desenvolvemento/Versión 5 das infraestruturas de KDE

Unha estrutura modular de infraestruturas traerá todo tipo de beneficios ao software de KDE. Ademais as infraestruturas son unha contribución substancial ao ecosistema de Qt poñendo a tecnoloxía de KDE a disposición de todos os desenvolvedores que usan Qt. Inqlude, o arquivo de bibliotecas de Qt, simplifica a busca de bibliotecas de Qt, mentres que a versión alfa da ferramenta Inqlude ofrece unha interface da liña de ordes para acceder a Inqlude.

Espazos de traballo de Plasma

Plasma 5 publicouse recentemente tras 3 anos de traballo; está nunha planificación de publicación de seu con versións de funcionalidades cada tres meses e versións de corrección de erros no resto de meses. O equipo de Plasma construír uns cimentos sólidos para moitos anos dos espazos de traballo de Plasma.

Aplicacións de KDE

A versión 4.14 das aplicacións de KDE non vai de moitas «cousas novas e melloradas». Moitos desenvolvedores de KDE están centrados na seguinte experiencia (Plasma 5) ou migrar a infraestruturas de KDE (baseadas en Qt 5). Principalmente, a versión 4.14 é necesaria por aspectos do noso fluxo de traballo (como as traducións). Esta versión ofrece máis estabilidade de software, con pouco énfase en cousas novas e menos probadas.

Hai máis de 200 aplicacións de KDE mantidas activamente. Moitas delas lístanse en KDE userbase. A Wikipedia en inglés tamén ten unha lista de aplicacións de KDE.

A meirande parte das publicacións anteriores salientaban novas funcionalidades e aplicacións prominentes. A algunhas persoas pareceulles que os desenvolvedores de KDE favorecían novidades por riba da calidade, e non é certo. Así que para este anuncio da publicación de 4.14 pedimos aos desenvolvedores detalles, pequenas melloras progresivas e correccións que a meirande parte dos usuarios non notarán. Estes son os tipos de tarefas nas que traballan a meirande parte dos desenvolvedores, os tipos de tarefas que permiten aos principiantes facer colaboracións significativas pero principalmente invisíbeis. Aquí van algúns exemplos dos tipos de melloras que os desenvolvedores de KDE fixeron nesta publicación:

  • Kopete
    • Compatibilidade con proxys SOCKS5 no protocolo ICQ (antes só se permitía o tipo HTTP)
    • Posibilidade de usar a configuración de proxy do sistema no protocolo ICQ
    • Funcionalidade de chamadas de son (tanto o protocolo libjingle de Google como o protocolo jingle real) para *todas* as contas de jabber, activado de maneira predeterminada
    • Actualizouse a biblioteca libiris desde a orixe con compatibilidade co protocolo de jabber e xmpp en kopete
    • Unha propiedade de contacto de nome personalizado e posibilidade de definir un tipo de nome para mostrar, permitindo distinguir e escoller entre nomes personalizados almacenados na lista de servidor e o nome personalizado ou alcume de contacto
    • Cubrir as mensaxes asinadas con PGP ou cifradas cun bloque de XML XEP-0027 en vez do corpo normal da mensaxe
    • Mostrar o intervalo completo de prioridades de Jabber no diálogo de configuración da conta
  • Cantor
    • Nova infraestrutura de Lua
    • UTF-8 en entradas de LaTeX
    • Engadir Ctrl+Espazo como alternativa predeterminada de completado de código
    • Compatibilidade coa extensión de gráficos na infraestrutura de Python 2
    • Compatibilidade coa extensión de álxebra lineal na infraestrutura de Python 2
    • Compatibilidade coa extensión de empaquetado nas infraestruturas de Sage e Octave
    • Permitir executar automaticamente scripts en infraestruturas de Python 2, Scilab, Octave, Sage, Maxima, Qalculate e KAlgebra
  • Kanagram recibiu unha nova interface de usuario de QML e algunhas funcionalidades.
  • Okular recibiu correccións de erros, pequenas funcionalidades e cambios internos
  • Kate
    • Novas regras de realce para linguaxes, correccións de erros e melloras para linguaxes existentes
    • Modo de VI mellorado
    • Os bloques de comentarios poden pregarse automaticamente para aforrar espazo de pantalla
    • Mellora de compatibilidade e xeración automática de esquemas de cores do sistema escuros
    • Varias solucións de fallos
  • Umbrello
    • Adaptacións a UML2 en compoñentes
    • Notación de bóla e enchufe na interface de UML2
    • Mellora de importación de C++ (asociación das declaracións ao espazo de nomes correcto)
    • Corrección de quebras en todos os importadores de linguaxes
    • Mellorouse a carga de modelos de Rose: engadiuse compatibilidade con diagramas de unidade e de clase controlados
    • Posibilidade de cargar ficheiros ArgoUML (sen diagramas)
    • Permitir cargar ficheiros de descrición de Embarcadero (sen diagramas)
    • Agora Ada pode xerar varias clases por paquete (corrección de erro)
    • Nova función «Atopar no diagrama» (corrección de erro)
    • Estabilizáronse as posicións dos alfinetes de actividade (corrección de erro)
    • Corrixiuse unha mala reacción da interface de usuario no diagrama de estado (corrección de erro)
    • Correccións de quebras: corrección de erro, corrección de erro, corrección de erro
  • Dolphin ten principalmente correccións de fallos e pequenos cambios como:
    • Salientar o elemento actual no panel de lugares é máis atractivo.
    • Agora a notificación de «Espazo libre» da barra de estado está sempre actualizada en todas as xanelas e vistas.
    • Comezáronse os cambios internos da gran clase que representa a xanela principal de Dolphin para que o código sexa máis fácil de manter e de entender.
  • Marble
    • Agora Dolphin mostra miniaturas de .gpx, .kml e outros tipos de ficheiro compatíbeis con Marble
    • Melloras de KML: estendeuse a lista de funcionalidades de KML permitidas
    • Agora o novo mapa de vector político mostra límites gobernamentais en distintas cores; un proxecto de Google Summer of Code de Abhinav Gangwar.
  • Moitas, moitas correccións de erros

Apoiar KDE

Join the Game

Está aberto o novo programa de membros patrocinadores de KDE e.V. Con 25€ por trimestre pode axudar a que a comunidade internacional KDE siga medrando e facendo software libre de primeira.

Tamén pode facer unha doazón esporádica desde a nosa páxina de doazóns.

Instalar os paquetes binarios de 4.14

Paquetes. Algúns fabricantes de sistemas operativos Linux e UNIX teñen a xenerosidade de fornecer paquetes binarios de 4.14 para algunhas versións das súas distribucións, e noutros casos o traballo fixérono voluntarios das súas comunidades. Nas próximas semanas poderían publicarse paquetes binarios adicionais e actualizacións dos paquetes xa dispoñíbeis.

Lugares dos paquetes. Para unha lista actual de paquetes binarios dispoñíbeis dos que o proxecto KDE ten coñecemento, visite a páxina de información de 4.14.0.

Compilar 4.14

O código fonte completo de 4.14.0 pode descargarse libremente. Na páxina de información de 4.14.0 están dispoñíbeis as instrucións para compilar e instalar 4.14.0.

Sobre KDE

KDE é un equipo internacional de tecnoloxía que crea software libre e de código aberto para o escritorio e computadoras portátiles. Entre os produtos de KDE hai un sistema de escritorio moderno para Linux e plataformas UNIX, coleccións de software de produtividade na oficina e traballo en grupos e centos de títulos de software de moitas categorías como internet e aplicacións web, multimedia, entretemento, educación, gráficos e desenvolvemento de software. O software de KDE está traducido a máis de 60 idiomas e está construído para ser fácil de usar e tendo en conta os principios de accesibilidade modernos. As potentes aplicacións de KDE execútanse de maneira nativa en Linux, BSD, Solaris, Windows e Mac OS X.


Notas de marca rexistrada. Os logos de KDE® e o K Desktop Environment® son marcas rexistradas de KDE e.V. Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. UNIX é unha marca rexistrada de The Open Group nos Estados Unidos e outros países. O resto de marcas e dereitos de copia aos que se fai referencia neste anuncio son propiedade dos seus respectivos propietarios.


Contactos de prensa

Para máis información envíenos unha mensaxe de correo electrónico:
press@kde.org

Ligazóns de navegación globais