KDE • Community • Announcements
DOE (Por que?)
paypal

Colección de software de KDE 4.13



16 de abril de 2014

A comunidade KDE está orgullosa de anunciar a última gran actualización dos aplicativos de KDE que trae novas funcionalidades e correccións. Fixéronse grandes melloras na tecnoloxía de busca semántica de KDE, o que beneficiou a moitos aplicativos. Coa desautorización de cambios nos espazos de traballo de Plasma e a plataforma de desenvolvemento de KDE, que só reciben mantemento a longo prazo, os seus equipos concéntranse na transición á versión 5 das infraestruturas. Esta versión está traducida a 53 idiomas; e espérase engadir máis idiomas en versións menores subsecuentes de corrección de erros.

Tamén dispoñíbel en:

English | Català | Español | Galician | Nederlands | Português | Português brasileiro | Svenska | Українська

Versión 4.13 dos aplicativos de KDE A versión 4.13 dos aplicativos de KDE benefícianse da nova busca semántica e inclúen novas funcionalidades

A última gran versión de actualizacións dos aplicativos de KDE fornece novas funcionalidades e correccións. Kontact, o xestor de información persoal, recibiu unha intensa actividade que afectou positivamente á tecnoloxía de busca semántica de KDE e trouxo novas funcionalidades. O visor de documentos Okular e o editor de textos avanzado Kate recibiron melloras de interface e de funcionalidades. Nas áreas de educación e xogos, introducimos un novo adestrador de idiomas estranxeiros, Artikulate; Marble, o globo de escritorio, permite explorar o Sol, a Lúa, varios planetas, rutas de bicicleta e millas náuticas; Palapeli, o aplicativo de quebracabezas jigsaw, adquiriu novas dimensións e capacidades. Ler o anuncio.

Versión 4.13 da plataforma de desenvolvemento de KDE A versión 4.13 da plataforma de desenvolvemento de KDE mellora a busca semántica

Os grandes cambios nas bibliotecas da plataforma de desenvolvemento de KDE están desautorizados e só reciben correccións e melloras menores. O aumento do número de versión na plataforma de desenvolvemento é só para facilitar o empaquetado. Incluíronse todas as correccións de fallos e funcionalidades menores desenvolvidas desde a publicación da versión 4.11 dos aplicativos e a plataforma de desenvolvemento. O único gran cambio desta versión é a introdución dunha busca semántica mellorada, que trae un mellor rendemento e estabilidade á busca no escritorio de Linux.

O desenvolvemento da nova xeración da plataforma de desenvolvemento de KDE —a versión 5 das infraestruturas de KDE— está en fase beta. Consulte este artigo para descubrir o que virá e consulte aquí os últimos anuncios.

Busca semántica mellorada

O principal novo engadido da plataforma de desenvolvemento de KDE é a seguinte xeración da busca semántica. Para manter a compatibilidade inclúese como un compoñente novo en vez de substituír a busca semántica anterior. Hai que migrar os aplicativos ao novo compoñente de busca; e xa se migraron a maioría dos aplicativos de KDE. As distribucións río abaixo poden decidir se distribúen ou nona busca semántica obsoleta xunto coa nova versión.

As melloran na busca traen beneficios significativos en forma de resultados máis rápidos e relevantes, unha maior estabilidade, un menor uso de recursos e menos datos almacenados. A anovación require unha migración de base de datos inicial que tardará uns minutos e requirirá un maior uso de potencia.

Apoiar KDE

Join the Game

Xa está aberto o novo programa de membros patrocinadores de KDE e.V. Con 25€ por trimestre pode axudar a que a comunidade internacional KDE siga medrando e facendo software libre de primeira.


 

Corre a voz e descubre o que está a ocorrer: Etiqueta con "KDE"

KDE anima á xente a difundir información na internet social. Envía historias a sitios de noticias, usa canles como delicious, digg, reddit, twitter e identi.ca. Envía capturas de pantallas a servizos como Facebook, Flickr, ipernity e Picasa, e publíqueas nos grupos axeitados. Cree vídeos e envíeos a YouTube, Blip.tv e Vimeo. Etiquete as publicacións e os materiais enviados con "KDE". Isto facilita atopalos e permite ao equipo de promoción de KDE analizar a cobertura da versión 4.13 do software de KDE.

Pode comentar esta versión no noso sitio de novas.

microbuttons

Sobre estes anuncios de publicación de versión

Estes anuncios de publicación de versión preparounos o equipo de promoción de KDE e da comunidade KDE en xeral. Tocan o máis salientábel dos moitos cambios que se fixeron no software de KDE durante os últimos catro meses.

Ligazóns de navegación globais